[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Vigozoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVigozoo
Imaxe
Tipoparque zoolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVigo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°14′54″N 8°40′32″O / 42.2484, -8.6755
Historia
Data de creación ou fundación1970 Editar o valor en Wikidata

Sitio webvigozoo.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: VigoZoo-266960063324871 Editar o valor en Wikidata
Un exemplar de oso pardo no zoo vigués.

Vigozoo foi o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa) ata o ano 2024 cando muda a Vigonature, dentro da migración de zoolóxico a centro educativo natural. Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia] Foi o primeiro parque zoolóxico de Galicia.

Entrada ao Zoo da Madroa, 1988.

Está situado no monte da Madroa, a uns 10 km do centro da cidade, e ten unha extensión de 55.676 m². Inicialmente foi constituído como fundación pública en 1970, creado a iniciativa de Rafael Portanet durante o seu mandato como alcalde de Vigo, e construído polo seu sucesor no cargo, Antonio Ramilo. A súa inauguración oficial foi o 18 de xullo de 1971. Na actualidade, xunto co Parque Marcelle Natureza son os únicos parques zoolóxicos de Galicia.[1]

Vigozoo foi o último fogar do sonado mono Paco[2] da especie Chlorocebus sabaeus, trasladado por iniciativa do entón concelleiro de Vigo Antonio Nieto Figueroa 'Leri', desde a alameda de Redondela a Vigozoo por mor do seu desenfreo sexual, proporcionandoselle un harén de catro monas (o que provocou as protestas de colectivos feministas).[3]

No parque exhíbense as especies de animais e plantas a seguir:[4]

Mamíferos

[editar | editar a fonte]
Lince común en Vigozoo.
Lémures da Madroa.[5]
Pavón.

Réptiles

[editar | editar a fonte]
Camaleón en Vigozoo.
Axolote en cativerio.

Arácnidos

[editar | editar a fonte]
Árbore da seda (Albizia julibrissin), especie que se atopa en Vigozoo

Pódense atopar 42 especies de árbores, arbustos e plantas, moitas delas autóctonas, outras exóticas.

Instalacións e servizos

[editar | editar a fonte]

O parque conta coas seguintes instalacións e servizos:[11]

  • Departamento de educación: organiza visitas guiadas, obradoiros, aniversarios, campamentos, concursos etc.
  • Exotarium: nel áchanse os insectos, arácnidos, anfibios e réptiles. No primeiro andar están as bolboretas e as aves, no que se atopan aves exóticas durante todo o ano e na primavera e no verán tamén bolboretas.
  • Nocturama: atópanse diferentes animais nocturnos, coma morcegos, mouchos, petauros ou gálagos.
  • Tres acuarios: onde se poden ollar especies mariñas coma polbos e diversas especies de cabaliños do mar.[12]
  • Planetario con capacidade para 20 persoas.
  • Merendeiro cuberto con instalación solar didáctica.
  • Parque infantil.
  • Cafetaría.
  • Tenda de agasallos.
  • Dentro do recinto tamén hai un monólito na memoria a Félix Rodríguez de la Fuente.[13]

O zoo de Vigo áchase par do miradoiro da Madroa, con vistas panorámicas sobre a ría de Vigo e o parque forestal do Vixiador, con máis de 15 ha cunha rica flora e fauna. Hai pouco talláronse as árbores exóticas coma eucaliptos e acacias e plantáronse especies autóctonas coma o carballo ou o bidueiro

Preto do parque zoolóxico tamén hai un campo megalítico cun gran número de túmulos. O máis grande acada un diámetro de vinte m e unha altura de 3,50 m. As instalacións de adestramento do Real Club Celta de Vigo tamén se atopan no lugar.

Críticas

[editar | editar a fonte]

En 2011, unha denuncia cursada por Infozoos provocou a condena da Comisión Europea a España polo incumprimento da lei de zoolóxicos.[14]

A Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia detectou faltas na situación de Vigozoo en 2010 e, tras comprobar que seguía incumprindo a normativa de zoos en marzo de 2011, outorgoulle un prazo de seis meses para presentar a licenza municipal de actividade como zoolóxico, a modificación do programa nutricional, un plan definitivo e detallado do programa de cría en catividade do sapoconcho común (Emys orbicularis) e unha memoria das actividades desenvolvidas.[15]

En febreiro de 2013 a Comisión Europea validou as reformas realizadas en Vigozoo, polo que o parque zoolóxico cumpría coa normativa Europea vixente.[16]

VigoNature

[editar | editar a fonte]

No mes de febreiro de 2024, VigoZoo deixa de existir como centro zoolóxico e transfórmase en Vigonature[17], un centro de divulgación ambiental orientado a obxectivos educativos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Parques y senderismo Vigozoo". Ayuntamiento de Vigo. 
  2. "Pasiones y muerte del mono Paco". Interviú. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2014. Consultado o 01 de setembro de 2014. 
  3. "El mono 'Paco', en clave política". El Pais. 
  4. concello de Vigo. "VigoZoo". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2014. 
  5. "Lémure de cola anelada". VigoZoo. 
  6. Begoña R. Sotelino (13/1/2015). "Vigozoo se queda sin sus últimos monos y los cambia por lémures" La Voz de Galicia (en castelán).
  7. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  8. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  9. Boletín Oficial del Estado (versión oficial galega)
  10. Nome galego en Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España, Boletín Oficial del Estado, 2006 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  11. "Instalaciones y Servicios". www.vigozoo.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2015. Consultado o 01 de setembro de 2014. 
  12. "Vigozoo amplía la familia". Faro de Vigo. 
  13. "Vigozoo estrena la Isla de los Primates, pero sin monos". www.farodevigo.es. 
  14. "Bruselas cree que Vigozoo viola la norma sobre cuidado de animales y la Xunta garantiza que es legal". Faro de Vigo. 10 de decembro de 2010. 
  15. "El zoológico vigués sigue sin cumplir toda la normativ". La Voz de Galicia. 3/3/2011. 
  16. "La UE archiva la multa a Vigozoo y valida las reformas para adaptarlo al actual reglamento". Faro de Vigo. 
  17. "Vigozoo se transforma en Vigonature". Arquivado dende o orixinal o 29/02/2024. Consultado o 29/02/2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]