Cerceta de ás azuis
Cerceta de ás azuis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho en Texas
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Anas discors' (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Querquedula discors |
A cerceta de ás azuis ou cerceta de alas azuis[2] (Anas discors) é un parrulo de pequeno tamaño e maioritariamente migratorio que vive en América.
Descrición
[editar | editar a fonte]Miden de 35 a 41 cm de longo e pesan de 325 a 500 gramos. Os machos son algo máis pesados cás femias e o peso esta suxeito a variacións estacionais, aumentando cando se preparan para a emigración. O bico mide de 4 a 4,2 cm. Os machos adultos en plumaxe de gala teñen a cabeza azul agrisada, cun debuxo facial branco en forma de media lúa. O corpo é castaño claro cunha mancha branca na parte posterior e a cola negra. As femias adultas, manchadas de pardo, son moi semellantes ás da cerceta. Ámbolos dous sexos teñen unha mancha azul (o espello) nas ás, da que reciben o seu nome vulgar.
Distribución xeográfica e hábitat
[editar | editar a fonte]As cercetas de ás azuis reprodúcense en Norteamérica dende Alasca ata Nova Escocia polo leste, e Texas polo sur. As súas áreas de invernada comprenden o sur dos Estados Unidos, México, América Central, o norte de Suramérica e as illas do Caribe, por ben que exemplares illados acadan o Uruguai e a Arxentina. As poboacións reprodutoras do estado estadounidense de Texas son sedentarias. Durante a migración poden voar distancias longas sobre mar aberto.
En Europa aparecen esporadicamente, e as súas patas amarelas permiten diferenciala doutros patos similares como a cerceta, á que é xeneticamente case idéntica segundo análises recentes de ADN.
Conduta
[editar | editar a fonte]Complementa unha vexetación esencialmente vexetariana con insectos, crustáceos e outros ivertebrados acuáticos. Pacen principalmente na auga pero tamén comen sementes nos campos de cultivo.
Fan os niños, que non son máis que unha depresión do chan rodeada de herbas e moitas veces agochada entre a vexetación, entre abril e maio. Coma noutros patos, as parellas fórmanse xa no inverno. Na época de cría os machos son territoriais. A femia pon de 6 a 14 ovos da cor da crema, que choca entre 19 e 29 días. Os polos poden empezar a voar ós 40 días de vida. Maduran sexualmente na seguinte temporada de cría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Anas discors". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerceta de ás azuis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cerceta de ás azuis |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A cerceta de ás azuis na "Lista vermella de especies ameazadas" da
- A cerceta de ás azuis Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. no Cornell Lab of Ornithology (inglés)
- Informacióm e fotos no South Dakota Birds and Birding (inglés)
- Información en eNature.com (inglés)