[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Ganso de Hawai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Branta sandvicensis

O ganso de Hawai (Branta sandvicensis), tamén coñecido coma nēnē na lingua hawaiana, é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae endémica das illas Hawai.

Adaptada a unha vida terrestre entre os paraxes volcánicos, estivo a punto de se extinguir a mediados do século  XX pola introdución de porcos, ratas e gatos nas illas (caso común entre todos os endemismos insulares); dunha poboación salvaxe de 25.000 individuos pasouse a só 34 nos anos cincuenta. Por sorte para a especie é doada a súa reprodución nos zoolóxicos, onde hoxe son máis abundantes que no seu propio medio natural.

  1. BirdLife International (2012). "Branta sandvicensis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]