Parrulo cristado
Parrulo cristado | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho/Femia
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Aythya fuligula (Linnaeus, 1758) |
O parrulo cristado[2][3] (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.
As femias adultas son castañas cos lados máis pálidos, moi semellantes ás femias doutras especies próximas. Algunhas teñen unha marca branca ó redor do bico.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Cría en zonas temperadas e do norte de Eurasia. Aparece como visitante ocasional nas costas dos Estados Unidos e o Canadá. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de mexillóns de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de Europa e sur de Asia. Nalgunhas zonas, coma nas illas británicas, as costas do mar do Norte, Alemaña, Francia, Polonia e o Benelux son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.
Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agochado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.
Alimentación
[editar | editar a fonte]O 60% da súa dieta componse de mexillóns e caracois, un 30% de artrópodos e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de insectos.
Status
[editar | editar a fonte]En Europa crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En Rusia entre 400.000 e 500.000.
Ave de adorno
[editar | editar a fonte]O parrulo cristado, que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de Versalles e Londres. En 1848 no zoo londiniense criáronse os primeiros polos nados en catividade.
Nome común noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán:Reiherente
- Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница)
- Checo:Polák chocholačka
- Danés:Troldand
- Inglés: Tufted Duck
- Español: Porrón moñudo
- Estoniano: Tuttvart
- Finés Tukkasotka
- Francés: Fuligule morillon
- Húngaro:Kontyos réce
- Islandés: Skúfönd
- Italiano:
- Neerlandés: Kuifeend
- Noruegués: Toppand
- Sueco: Vigg
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Aythya fuligula". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Forma preferida polo bUSCatermos, toma como referencias: "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parrulo cristado |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7
- Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1