[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Órix branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Oryx dammah»)

O órix branco (Oryx dammah), tamén chamado órix de cornos de cimitarra, é unha especie de Oryx que outrora vivía nunha ampla zona a través do norte de África, pero que se extinguiu en liberdade en 2000. É unha especie de antílope africano da subfamilia Hippotraginae. É a única especie de Oryx que posúe cornos curvos, o que lle dá o nome común. O seu aspecto é adoito no xénero, pero os seus cornos cúrvanse cara a atrás en forma de cimitarra e a súa pelaxe, aínda que branca, é de cor avermellada nas patas e o pescozo, mentres que a máscara facial é case ausente.

Esta especie presenta a particularidade de que foi domesticada no Antigo Exipto como animal produtor de carne. Eventualmente, a súa domesticación caeu en desuso por mor da agresividade da especie. Distribuíase por todo o territorio sahariano.

Conservación

[editar | editar a fonte]

Por mor da caza excesiva e a competencia co gando doméstico, foi declarado extinto en estado salvaxe, mais consérvanse exemplares en catividade. O informe de outubro de 2008 da Unión Mundial para a Conservación da Natureza considerouno extinto en estado salvaxe, aínda que hai uns 1 250 exemplares en catividade (en 1996), e existe un plan en Tunisia para a súa reintrodución.

Entre os intentos de conservación destaca a introdución desta especie no Parque nacional de Souss-Massa, en Marrocos, co obxectivo de aclimatalo a condicións naturais e proceder, posteriormente, á súa liberación na súa antiga área de distribución cando se poida garantir a súa supervivencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]