[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Ganso cisnoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anser cygnoides»)
Ganso cisnoide
Anser cygnoides

Ganso cignoide ou chinés
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anserinae
Xénero: Anser
Especie: A. cygnoides
Nome binomial
Anser cygnoides
(Linnaeus, 1758)

Sinonimia
  • Cycnopsis cygnoides
  • Cygnopsis cygnoides
O ganso chinés nada raramente.
Exemplar doméstico.
Ovo de ganso cisnoide.

O ganso cisnoide, (Anser cygnoides), tamén chamado ganso chinés ou ganso-cisne, é unha especie de ave da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anserinos, propia da Asia oriental, e unha das dúas especies do xénero Anser que foron domesticadas polo ser humano.

En estado salvaxe é unha especie pouco coñecida e actualmente ameazada de extinción.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os individuos salvaxes miden entre 80 e 94 cm.[2] e pesan entre 2,8 e 3,5 kg.[3] A lonxitude da á é de 46 a 47 cm nos machos e de 44 a 45 cm nas femias e, a do bico, respectivamente de 89 a 99 mm e 87 mm.

O dimorfismo sexual é pouco acentuado, aínda que os machos son algo máis grandes e máis pesados que as femias.[4] Os inmaturos son parecidos aos adultos, aínda que o cocote e a parte posterior do pescozo son algo máis escuros.[4] e que non presentan o bordo branco na base do bico.

A plumaxe á apardazada no tronco. A coloración da cabeza e do pescozo son características: a gorxa, as meixelas e a parte dianteira do pescozo son máis pálidas, case da cor da crema, mentres que o cocote e a parte posterior do pescozo son moito máis escuros. O bico é negro e as patas alaranxadas.

As razas domésticas teñen a plumaxe parecida, pero a silueta é máis pesada e teñen, por outra parte, unha carúncula na parte superior da base do bico.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

O comportamento do ganso cisnoide é pouco coñecido en estado salvaxe. Contrariemente ás outras respecies de gansos, é relativamente pouco gregario: os grupos non superan nunca os cen individuos. Así, en pequenas bandadas de adultos, reúnense nos lugares de reprodución, onde varias parellas poden cohabitar en proximidade unhas das outras.[5].

Porén, pode asociarse con outras especies de gansos, en particular co ganso campestre.

O ganso cisnoide nada raramente, salvo durante o período de muda da plumaxe.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

O cisne-ganso ten unha dieta principalmente vexetariana, sendo afeccionado ás cárices (especies do xénero Carex, da familia das piperáceas, que consome nas zonas de reprodución e, en outono, come principalmente bagas de Oxycoccus, Vaccinium ovalifolium e Empetrum sibiricum.[6]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A nidificación do ganso cisnoide ten lugar en abril/maio,[5] pero os lugares de aniñamento na alta montaña non se ocupan máis que á fin deste último mes. O niño sitúase nun pequeno montículo preto da auga e está construído con canas e diversas herbas.[5]

A posta ocorre entre a fin de abril e o comezo de maio, e componse de tres a nove ovos.[5]. Despois da eclosión, as crías reúnesen nun gran grupo na auga, deixándose levar pola corrente.[7]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O ganso-cisne frecuenta os lagos e marismas da estepa, e as praderías nos vales. En inverno, encóntrase tamén nos arrozais ou en zonas máis próximas da costa, como en esteiros, marismas e mesmo ás veces nas praias.

Cría en Rusia (Siberia), onde se fixo rara (a súa poboación é na actualidade só dunhas 300 a 400 parellas), debido á caza excesiva e á destrución das súas zonas de anidación.

Reprodúcese tamén en Mongolia, onde se censaron aproximadamente 1 000 individuos en 1977.

No sur e o leste da China, permanecen uns efectivos de 60 000 a 100 000 exemplares, pero o seu declive é rápido.

61 650 aves foron identificadas no lago Sha en decembro de 2001.

Hiberna igualmente no sur e no leste da China, pero tamén en Taiwán, no Xapón e en Corea, onde se encontra ocasionalmente.

Foi introducido polo ser humano en numerosos lugares do mundo, mais sobre todo na súa forma doméstica, como en Porto Rico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]