[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Árbore da seda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Albizia julibrissin»)
Árbore da seda

Albizia julibrissin
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae Leguminosas
Subfamilia: Mimosoideae
Tribo: Ingeae
Xénero: Albizia
Especie: Albizia julibrissin
Durazz., 1772 non sensu Baker, 1876
Pinna cos seus compoñentes.
Inflorescencia en antese incipiente, coa flor central máis precoz e grande.

A árbore da seda[1] (Albizia julibrissin) é unha árbore común como ornamental nos xardíns urbanos de Galicia[2]. Ás veces chámaselle acacia, malia non ser unha verdadeira Acacia, senón unha especie dun xénero achegado (Albizia) pertencente á mesma subfamilia Mimosoideae, dentro da familia Fabaceae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Árbore de folla caediza que pode acadar os 15 m de altura, con copa ancha e aberta e de franzas, raque e inflorescencias tomentosas. A casca é de cor cinsenta escura e se torna a cor verdosa con raias verticais a medida que envellece. As follas, de estípulas caedizas máis pequenas que os folíolos, son bipinnadas, de 20–45 cm de longo e 12–25 cm de largo, dividida en 6-12 pares de pinnas, cada un con 20-30 pares de folíolos oblongos, de 1-1,5 cm de longo e 2–4 mm largo, co nervio principal moi desprazado cara a arriba (case confundido co bordo) e os seus peciolulos implantados na superficie superior do raque secundario, para facilitar o feche de ditos folíolos en ausencia de luz. Inflorescencias de cabezas globosas dispostas en panículas terminais de flores, inseridas nun receptáculo subesférico, con cáliz tubular pubescente duns 3 mm discretamente penta-lobulado, e con corola tamén pubescente sub-centimétrica con 5 lóbulos deltoides de 1,5 mm. Unha ou máis flores do centro do capítulo floral -xeralmente só unha- teñen o cáliz e o tubo estaminal bastante máis grandes, e sobresaen claramente da inflorescencia; ademais a súa antese é máis precoz que a das restantes. Os filamentos dos estames, que son exertos e soldados na súa base, son de cor rosa-violáceo na súa parte apical, de 2–3 cm e con anteras diminutas. O froito é un legume glabro e comprimido, sen tabiques, de 10-15 por 1–3 cm, verdes ao principio e de cor parda e con textura membranácea ao madureceren, con dehiscencia elástica -o que fai que as súas sementes sexan expulsadas a certa distancia da árbore[3]-, con sementes algo aplanadas de cor marrón escura na madurez, de forma ovoide, dispostas de forma transversal perpendicular ao eixo de alongamento do legume, con funículo filiforme nacendo da sutura externa do froito, algo torto no seu extremo distal, extremadamente feble, de implantación algo desprazada lateralmente respecto do ápice da semente e con clara liña fisural. Ditas sementes poden acadar un número de 35-40 en cada legume, aínda que usualmente non pasan de 10-15.[3][4]

Distribución

[editar | editar a fonte]

É orixinaria do sueste e leste de Asia, dende o leste do Irán até China e Corea. Introduciuse en Europa a mediados do século XVIII.

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

Na natureza, a árbore tende a medrar en chairas secas, nos vales de area, e as terras altas. Converteuse nunha especie invasora no Xapón e nos Estados Unidos, neste último moi estendido desde o sur de Nova York, Nova Jersey, e ao oeste de Connecticut a Missouri e Illinois e ao sur da Florida e Texas, tamén se cultiva en California e Oregón, mais aló non resultan invasivas. Tamén medra en Europa. En Galicia aparece nalgúns xardíns urbanos e coma árbore de rúa.

A casca úsase para sandar feridas e como antihelmíntica. As sementes úsanse como alimento para o gado e a fauna silvestre, e as flores, docemente perfumadas, son unha fonte de néctar para as abellas.

Os extractos en doses altas de A. julibrissin posúen efectos antidepresivos en ratos, moi probabelmente mediados por 5-HT1A receptores.[5] Na medicina tradicional chinesa Albizzia jublibrissin (合欢花He Huan Hua) utilízase para alimentar o corazón e calmar o espírito.[6][7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Albizia julibrissin foi descrita por Antonio Durazzini e publicado en Magazzino toscano 3(4): 11, 1772.[8]

Etimoloxía
  • Albizia: nome xenérico dedicado a Filippo Degli Albizzi, naturalista italiano do século XVIII que foi o primeiro en introducila en Europa contra os anos 1740 dende Constantinopla.
  • julibrissin: epíteto que é unha corrupción do persa Gul-i Abrisham (گل ابریشم) que significa "árbore da seda", polas súas flores ("Gul" گل é "flor" e "Abrisham" ابریشم significa "seda".
Variedades

Hai dúas variedades aceptadas, os outros taxons infraespecíficos descritos son meras sinonimias da especie, ou ben doutras especies de Albizia:

  • Albizia julibrissin var. julibrissin - a variedade típica, descrita anteriormente.
  • Albizia julibrissin var. mollis. Difire nos gomos que son densamente pubescentes.
Sinonimia
  • Acacia julibrissin (Durazz.) Willd.
  • Acacia nemu Willd.
  • Albizia nemu (Willd.) Benth.
  • Albizzia julibrissin Durazz.
  • Feuilleea julibrissin (Durazz.) Kuntze
  • Mimosa julibrissin (Durazz.) Scop.
  • Mimosa speciosa Thunb.
  • Sericandra julibrissin (Durazz.) Raf.[9][10][11][12]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. Nome galego vulgar recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. É unha especie que aparece por exemplo en Vigozoo, o parque zoolóxico de Vigo
  3. 3,0 3,1 A. julibrissin en Chloris chilensis
  4. Flora of China pro parte
  5. Kim, JH; Kim, SY; Lee, SY; Jang, CG (2007). "Antidepressant-like effects of Albizzia julibrissin in mice: Involvement of the 5-HT1A receptor system". Pharmacology, Biochemistry, and Behavior 87 (1): 41–7. PMID 17477962. doi:10.1016/j.pbb.2007.03.018. 
  6. Albizza (合歡皮) Acupuncture and Chinese Medicine Arquivado 27 de outubro de 2015 en Wayback Machine. Ap. 2012
  7. COSTA, Paulo Pedro P. R. Plantas calmantes, história e composição química. Acupuntura, ciência e profissão April 2012 (pt)
  8. "Árbore da seda". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de agosto de 2012. 
  9. Árbore da seda en PlantList
  10. Árbore da seda en ILDIS
  11. "Albizia julibrissin Durazz.". www.catalogueoflife.org. Consultado o 11 de outubro de 2021. 
  12. "Sinónimos en USDA, Ars, GRIN". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2014. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  2. Brako, L. & J. L. Zarucchi. (eds.) 1993. Catalogue of the Flowering Plants and Gymnosperms of Peru. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 45: i–xl, 1–1286.
  3. Britton, N. L. & J. N. Rose. 1928. Mimosaceae. 23(1): 1–76. In N. Amer. Fl.. Nova York Botanical Garden, Bronx.
  4. Burkart, A. 1979. Leguminosas, Mimosoideas. 1(LEGU): 1–299. In R. Reitz Fl. Il. Catarin.. Herbário "Barbarosa Rodrigues", Itajaí, Brasil.
  5. Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  6. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  7. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  8. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  9. Isely, D. 1990. Leguminosae (Fabaceae). 3(2): xix, 1–258. In Vasc. Fl. S.E. U. S.. The University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  10. Long, R. W. & O. K. Lakela. 1971. Fl. Trop. Florida i–xvii, 1–962. University of Miami Press, Coral Cables.
  11. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  12. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  13. Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainseville.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]