Mandarineira
Aparencia
(Redirección desde «Citrus reticulata»)
Mandarineira | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Citrus reticulata Blanco | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
A mandarineira[1][2] ou mandarineiro[3] (Citrus reticulata) é unha árbore pequena de entre 2 e 6 metros de altura, normalmente co tronco torto e sen espiñas. As súas pólas son angulosas, e as follas son oblongo-ovais, elípticas ou lanceoladas, de 3.5–8 cm de lonxitude e 1.5–4 cm de anchura, coa base e o ápice obtusos. O seu froito é a mandarina, que posúe de 4–7 cm de lonxitude e 5–8 cm de diámetro. A súa cor varía de amarela verdosa ao laranxa e vermello alaranxado. A superficie é brillante e está chea de glándulas oleosas afundidas. A casca é delgada, moi fragante, separándose facilmente da polpa.
A mandarineira é unha especie nativa da China.
-
Mandarineira
-
Visión parcial dunha mandarineira
-
Cuarteiróns de mandarinas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandarineira.
- ↑ Nome da árbore en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandarineira |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |