[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Formio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O formio[1] (en maorí: harakeke), de nome científico Phormium tenax, é unha planta sempreverde perenne orixinaria de Nova Zelandia e da Illa Norfolk. Utilizada polo ser humano para obter fibra téxtil e como planta ornamental[2]. É común nos xardíns galegos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A planta medra como mata de longas follas de ata dous metros, de onde nace un pedúnculo floral con espectaculares flores de cor amarela ou vermella que se ergue por enriba das follas[2].

A súa fibra foi utilizada polos maorís de Nova Zelandia, primeiro nos tecidos tradicionais e para elaborar cordas amais velas[3], uso que continuaría logo coa chegada dos europeos, cando menos ata a segunda guerra mundial. Naturalizada en diversas rexións de clima temperado e subtropical, está considerada especie invasora nalgunhas illas do Pacífico e en Australia[4].

As súas follas conteñen cucurbitacinas, que son tóxica para algúns animais, algúns destes compostos para os humanos están entre os sabores máis amargos[5].

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

A araña saltadora Trite planiceps vive principalmente entre as follas envoltas do formio. O Phormium tenax é unha planta costeira asociada ó hábitat reprodutivo do pingüín Megadyptes antipodes.

Formio, pedúnculos florais.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi establecido orixinalmente polo naturalista alemán Johann Reinhold Forster e o seu fillo Georg Forster no 1775, a partir das mostras recollidas por ámbolos dous e mailo naturalista sueco Anders Erikson Sparrman. Todos formaran parte na segunda expedición do capitán James Cook a bordo da Resolution.

O nome do xénero Phormium deriva do grego antigo "cesta", en alusión a un dos moitos usos que lle daban á planta os maorís, mentres que o epíteto tenax deriva do latín "forte"[6].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Phormium tenax foi descrita por Johann Reinhold Forster & Georg Forster e publicado na segunda edición da Characteres Generum Plantarum 48, t. 24, no ano 1776[7][8].

Phylidonyris novaehollandiae, coa cabeza cuberta de pole, pousado nunha inflorescencia de formio.
Phormium tenax
Sinonimia
  • Chlamydia tenacissima Gaertn.
  • Lachenalia ramosa Lam.
  • Phormium ramosum (Lam.) Billb.
  • Phormium tenax f. atropurpureum Voss[8]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para formio.
  2. 2,0 2,1 Holmes, Roger; Lance Walheim, and Lance Walheim (2005). California Home Landscaping. reative Homeowner Press. ISBN 9781580112543. 
  3. Our Flax for the Navy (en inglés), en The New Zealand Railways Magazine, Volume 9, nº 2 (1-5-1934)
  4. "Phormium tenax" (en inglés). Pacific Island Ecosystems at Risk (PIER). (9-1-2011). Arquivado dende o orixinal o 27-06-2012. Consultado o 26-1-2015. 
  5. S.Morris Kupchan; Haim Meshulam; Albert T. Sneden (1978): New cucurbitacins from Phormium tenax and Marah oreganus. Virginia Commonwealth University, Richmond.
  6. FLAX: Phormium tenax (en inglés), An Encyclopaedia of New Zealand 1966.
  7. Formio en Trópicos
  8. 8,0 8,1 "Formio en The PlantList". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Catálogo taxonómico de especies de México. CONABIO, Cidade de México (2009)
  • Davidse, G.; M. Sousa Sánchez; A. O. Chater (1994): Alismataceae a Cyperaceae. Fl. Mesoamer.
  • Lott, E. J.; García-Mendoza, A. (1994): Phormium Foster et G. Forster. Fl. Mesoamer.