Marcelle Natureza
Aparencia
Tipo | parque zoolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Outeiro de Rei, España | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | xuño de 2003 | |||
Sitio web | marcellenatureza.com | |||
Marcelle Natureza é un parque zoolóxico localizado no municipio lucense de Outeiro de Rei que xurdiu como iniciativa dun particular que foi convertendo unha granxa de avestruces nun núcleo zoolóxico[cando?] mediante a introdución paulatina de diferentes especies.[Cómpre referencia]
No parque pódense atopar especies da fauna autóctona, nas que destacarían o lobo ibérico, o xabarín e o oso pardo europeo; así coma especies exóticas coma bisontes, linces boreais, suricatas, avestruces, dromedarios, canguros, mapaches, capibaras ou armadillos entre outras.
Especies
[editar | editar a fonte]En setembro de 2014 estas eran as especies existentes no parque (nome vulgar galego e nome científico entre parénteses)[1]:
Mamíferos
[editar | editar a fonte]- Antílope negro da India (Antílope cervicapra)
- Bisonte americano (Bison bison)
- Asno común (Equus asinus)
- Asno africano (Equus asinus)
- Capuchino pardo ou caí pardo (Cebus apella)
- Cabra anana (Capra aegagrus hircus)
- Capibara (Hydrochoerus hydrochaeris)
- Cebra de Burchell (Equus quagga burchellii)
- Cervo do Canadá ou cervo wapiti (Cervus elaphus canadiensis)
- Cervo do padre David (Elaphurus davidianus)
- Chital ou cervo pintado (Axis axis)
- Dromedario (Camelus dromedarius)
- Elán común (Taurotragus oryx)
- Emú (Dromaius novaehollandiae)
- Gacela do Atlas (Gazella cuvieri)
- Gamo (Dama dama)
- Guanaco austral (Lama guanicoe guanicoe)
- Iñacoso (Kobus ellipsiprymnus)
- Lémure de cara branca (Eulemur albifrons)
- Lince boreal (Lynx lynx)
- Llama (Lama glama)
- Lobo ibérico (Canis lupus signatus)
- Macaco cinomolgo ou macaco cangrexeiro (Macaca fascicularis)
- Muflón (Ovis musimon)
- Oso pardo (Ursus arctos)
- Poni farabella (Equus caballus)
- Porco espiño (Hystrix cristata)
- Raposa ou golpe (Vulpes vulpes)
- Reno (Rangifer tarandus)
- Sitatunga (Tragelaphus spekii)
- Suricata (Suricata suricatta)
- Ualabí de Bennett, ualabí de pescozo vermello (Macropus rufogriseus)
- Xabaril ou porco bravo (Sus scrofa)
- Xeneta (Genetta genetta)
Aves
[editar | editar a fonte]- Pavón (Pavo cristatus)
- Marabú africano (Leptoptilos crumeniferus)
- Pato de Carolina (Aix sponsa)
- Lavanco (Anas platyrhynchos)
- Ganso doméstico (Anser anser)
- Avestruz (Struthio camelus)
- Cisne branco (Cygnus olor)
- Bufo real (Bubo bubo)
- Ñandú (Rhea americana)
Réptiles
[editar | editar a fonte]- Pitón verde arborícola (Morelia viridis`)
- Tartaruga de esporón xigante (Geochelone sulcata)
- Tartaruga leopardo (Geochelone pardalis)
- Iguana verde ou iguana común (Iguana iguana)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MarcelleNatureza.com (en castelán).