Pato cinsento
Pato cinsento | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anas strepera Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
O pato cincento[2] ou pato cinsento[3] (Anas strepera) é un parrulo de plumaxe pouco rechamante e ampla distribución. Foi descrito cientificamente por primeira vez en 1758 por Carl von Linné. É unha das especies incluídas no Acordo para a protección de aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).
Descrición
[editar | editar a fonte]Os patos cincentos miden entre 44 e 55 cm e o seu peso vai dos 500 ós 1.300 g. A envergadura das ás acada os 95 cm. A plumaxe reprodutora dos machos e gris, cun debuxo de liñas finas no lombo e os lados. Teñen a cabeza parduzca, tamén cun vermiculado fino, e o bico negro. As plumas cobertoiras da cola son negras, o peito ten manchas escuras e claras en forma de medias lúas. O espello é branco brillante, bordeado por unha faixa negra e outra vermella, e destaca moito nas ás grises, tanto cando voan coma cando están pousados. A parte inferior do corpo é branca.
A plumaxe de eclipse dos machos é semellante á das femias, que son castañas claras, coa cabeza agrisada, semellantes ás do lavanco, das que se diferencian polo menor tamaño, o bico escuro coa punta alaranxada e a falta dun espello visible.
As patas dos dous sexos son amarelas alaranxadas e os ollos negros.
Distribución
[editar | editar a fonte]Os patos cincentos crían no leste, norte e centro de Europa, en Nortemérica e en Asia. Atópanse principalmente en lagos das zonas de estepas e pradeiras. En Europa central son menos comúns que en Asia ou América do Norte. En 2015 unha parella desta especie de ave cría na Illa de Sálvora[4].
Segundo Hartmut Kolbe pertencen ás especies que se benefician do quecemento global, que fixo aumentar as áreas axeitadas para se asentaren, e permitiu o crecemento dos seus números.
Conduta migratoria
[editar | editar a fonte]Moitos dos exemplares asiáticos e europeos voan no inverno á cunca mediterránea, onde procuran preferentemente zonas de augas tranquilas con arredores de vexetación abundante. Nesa época ten lugar a parte máis importante do cortexo, polo que as aves volven xa emparelladas ós territorios de cría.
Alimentación
[editar | editar a fonte]A súa fonte de alimentación principal son as plantas acuáticas, que obteñen mergullando a cabeza na auga, e os rizomas, sementes e partes verdes da plantas dos prados adxacentes á auga. Complementan a dieta cuns poucos insectos acuáticos, moluscos, anfibioss, vermes e peixiños.
Conduta
[editar | editar a fonte]Os patos cincentos son menos gregarios cós doutras especies de parrulos e só forma pequenos bandos fóra da época reprodutora. Son máis silenciosos: os machos emiten un asubío rouco e a chamada das femias recorda a da femia dos lavancos.
Maduran sexualmente ó ano de idade. A época de posta e incubación vai de maio a xullo. Fan os niños no chan, preto da ribeira, ben agochado entre a vexetación. As femias poñen de 8 a 12 ovos amarelos, que chocan soas entre 24 e 26 días. Os polos poden comezar a voar con sete semanas de idade.
O pato cincento en catividade
[editar | editar a fonte]A plumaxe pouco rechamante e a conduta discreta dos patos cincentos fai que non sexan populares como ave de adorno. É máis corrente velos en zoolóxicos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Macho.
-
Macho e femia.
-
Macho e femia.
-
Macho e femia.
-
Ovos de pato cincento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Anas strepera". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Noticia en Faro de Vigo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato cinsento |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pato cinsento |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hartmut Kolbe: Die Entenvögel der Welt. Ulmer Verlag, Stuttgart-Hohenheim 1999, ISBN 3-8001-7442-1.