Tipo | Fotografía e vídeo |
---|---|
Fundación | 4 de febreiro de 2004 (20 anos) |
Localización | 1 Hacker Way (aka 1601 Willow Creek) Menlo Park, California, Estados Unidos |
Fundador | Mark Zuckerberg Eduardo Saverin Andrew McCollum Dustin Moskovitz Chris Hughes |
Industria | Internet |
Produtos | Facebook Messenger Facebook Lite Facebook Watch Facebook Gameroom |
Na rede | |
https://www.facebook.com, https://facebookwkhpilnemxj7asaniu7vnjjbiltxjqhye3mhbshg7kx5tfyd.onion e https://m.facebook.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Facebook é unha rede social de Internet fundada o 4 de febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, estudante na Universidade Harvard.
Características
[editar | editar a fonte]Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade pero progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League e posteriormente a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse.
A mediados de 2007 publicáronse as versións en francés, alemán e castelán para impulsar a súa expansión fóra de Estados Unidos. Posteriormente traduciuse a outras linguas, como o galego. No ano 2011, Facebook contaba con 750 millóns de membros, e traducións a 70 idiomas.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Zuckerberg escribiu o software para unha web chamada Facemash o 28 de outubro de 2003 durante o seu segundo ano en Harvard. Segundo The Harvard Crimson, o sitio era comparable a Hot or Not e usaba fotos compiladas de anuarios subidos á rede de nove facultades, colocando dúas delas unha a cada lado e os usuarios tiñan que escoller o individuo máis atractivo[2][3]. Para conseguilo Zuckerberg hackeou a rede informática protexida de Harvard e copiou imaxes privadas. Harvard non tiña un anuario común nesa época pero as diversas facultades tiñan anuarios de alumnos desde mediados da década de 1980. Facemash logrou 450 visitantes e 22.000 fotos vistas nas súas primeiras catro horas en funcionamento.[2][4] Aos poucos días a administración de Harvard eliminou a web e ameazou coa expulsión a Zuckerberg por violar dereitos de propiedade, a privacidade individual e por romper a seguridade da rede da universidade pero esta acabou retirando os cargos..[5] En xaneiro de 2004 Zuckerberg comezou a escribir o código para unha nova web, segundo declaracións súas inspirado nunha editorial de The Harvard Crimson sobre Facemash.[6] e o 4 de febreiro lanzou "Thefacebook", orixinalmente localizado en thefacebook.com.[7]
Seis días despois de lanzar a web, tres alumnos de Harvard (Cameron Winklevoss, Tyler Winklevoss e Divya Narendra) acusaron a Zuckerberg de intencionalmente facelos crer que lles axudaría a crear unha rede social de nome HarvardConnection.com e afirmaron que no canto usaron as súas ideas para construír un produto competidor.[8]
Ao comezo o acceso estaba limitado a estudantes de Harvard e ao mes máis da metade dos estudantes estaban rexistrados no servizo.[9] En marzo de 2004 permitiuse o rexistro os alumnos das universidades de Columbia, Stanford e Yale.[10], progresivamente abriuse a todas as universidades dos Estados Unidos e o Canadá [11][12]
No ano 2005 a compañía eliminou o the do seu nome logo de mercar o nome de dominio facebook.com por 200.000 dólares.[13] En setembro de 2005 fíxose unha versión para estudantes de secundaria [14] e Facebook permitiu o rexistro a empregados de certas compañías, incluíndo Apple Inc. e Microsoft.[15] e o 26 de setembro de 2006, Facebook permitía o acceso a calquera maior de 13 anos cun enderezo de correo electrónico válido.[16]
A finais de 2007, Facebook tiña 100.000 páxinas comerciais, que comezaron como páxinas de grupos pero que pasaron a denominarse páxinas de compañías.[17] O 24 de outubro de 2007, Microsoft anunciou que mercara o 1,6% de Facebook por 240 millóns de dólares, dándolle a Facebook un valor total de 15 mil millóns de dólares.[18] O paquete mercado por Microsoft incluía dereitos para colocar anuncios internacionais na rede social.[19] En outubro de 2008 Facebook anunciou que ía establecer a súa sede internacional na capital irlandesa, Dublín.[20]
En 2021 Frances Haugen revelou fallos no control de contido.[21][22][23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Facebook. "- Facebook llegó a los 500". LA RAZÓN.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2010. (en inglés)
- ↑ 2,0 2,1 Locke, Laura (17 de xullo de 2007). "The Future of Facebook". Time (New York). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2009.
- ↑ Tabak, Alan J. (9 de febreiro de 2004). "Hundreds Register for New Facebook Website". Cambridge, MA: The Harvard Crimson. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2005. Consultado o 7 de novembro de 2008.
- ↑ McGirt, Ellen (1 de maio de 2007). "Facebook's Mark Zuckerberg: Hacker. Dropout. CEO". Fast Company (New York). Consultado o 5 de novembro de 2009.
- ↑ Kaplan, Katherine (19 de novembro de, 2003). The Harvard Crimson, ed. "Facemash Creator Survives Ad Board". Cambridge, MA. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
- ↑ Hoffman, Claire (28 de xuño de 2008). Rolling Stone, ed. "The Battle for Facebook". New York. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2009.
- ↑ Seward, Zachary M. (25 de xullo de 2007). The Wall Street Journal, ed. "Judge Expresses Skepticism About Facebook Lawsuit". New York. Consultado o 30 de abril de 2008.
- ↑ Carlson, Nicolas (March 5, 2010). Business Insider, ed. "In 2004, Mark Zuckerberg Broke Into A Facebook User's Private Email Account". New York. Consultado o 5 de marzo de 2010.
- ↑ Phillips, Sarah (25 de xullo de 2007). The Guardian, ed. "A brief history of Facebook". London. Consultado o 7 de marzo de 2008.
- ↑ Facebook, ed. (1 de xaneiro de 2007). "Company Timeline". Consultado o 5 de marzo de 2008.
- ↑ Rosmarin, Rachel (11 de setembro de 2006). Forbes, ed. "Open Facebook". New York. Consultado o 13 de xuño de 2008.
- ↑ Nguyen, Lananh (12 de abril de 2004). "Online network created by Harvard students flourishes". The Tufts Daily (Medford, MA). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2009.
- ↑ Williams, Chris (1 de outubro de 2007). The Register, ed. "Facebook wins Manx battle for face-book.com". London. Consultado o 13 de xuño de 2008.|
- ↑ Dempsey, Laura (3 de agosto de 2006). Dayton Daily News, ed. "Facebook is the go-to Web site for students looking to hook up". Ohio.
- ↑ Lacy, Sarah (12 de setembro de 2006). BusinessWeek, ed. "Facebook: Opening the Doors Wider". New York. Consultado o 9 de marzo de 2008.
- ↑ Abram, Carolyn (26 de setembro de 2006). The Facebook Blog, ed. "Welcome to Facebook, everyone". Consultado o 8 de marzo de 2008.
- ↑ Richmond, Riva (27 de novembro de 2007). "Enterprise: Facebook, a Marketer's Friend; Site Offers Platform To Tout Products, Interact With Users". The Wall Street Journal (New York). p. B4.
- ↑ Microsoft, ed. (24 de outubro de 2007). "Facebook and Microsoft Expand Strategic Alliance". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2007.
- ↑ "Facebook Stock For Sale". BusinessWeek (Nova York). Consultado o 6 de agosto de 2008.
- ↑ "Facebook to Establish International Headquarters in Dublin, Ireland". Facebook. 2 de outubro de 2008. Consultado o 30 de novembro de 2008.
- ↑ Morrow, Allison. "Jaw-dropping moments in WSJ's bombshell Facebook investigation". CNN (en inglés).
- ↑ Fernández, Marcus. "Desvélase a identidade da filtradora dos informes internos de Facebook". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 5 de outubro de 2021.
- ↑ Duffy, Clare. "Facebook whistleblower revealed on '60 Minutes,' says the company prioritized profit over public good". CNN (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Facebook |