[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Jochen Rindt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJochen Rindt

(1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1942 Editar o valor en Wikidata
Maguncia, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Circuíto de Monza, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZentralfriedhof Graz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustria Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNina Rindt Editar o valor en Wikidata
PaisKarl Rindt Editar o valor en Wikidata  e Ilse Rindt Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0727487 Discogs: 4938498 WikiTree: Rindt-7 Find a Grave: 21689 Editar o valor en Wikidata

Karl Jochen Rindt, nado en Maguncia o 18 de abril de 1942 e finado en Monza (Italia) o 5 de setembro de 1970, foi un piloto de carreiras alemán, se ben representou a Austria durante a súa carreira. É o único piloto en gañar postumamente o Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula Un (en 1970), logo de morrer durante os adestramentos do Gran Premio de Italia. Lonxe da Fórmula Un, Rindt tivo un grande éxito noutras fórmulas de monoplazas. En 1965 gañou a carreira das 24 Horas de Le Mans, pilotando un Ferrari 250LM en colaboración con Masten Gregory dos Estados Unidos de América. Era amigo persoal de Jackie Stewart, e foi veciño do escocés en Suíza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de que os seus pais morresen durante un bombardeo aéreo na segunda guerra mundial mudouse cos seus avós a Graz (Austria), onde creceu e empezou a correr en competicións automobilísticas. Aínda que sempre correu cunha licenza austríaca, xamais adquiriu a nacionalidade austríaca, conservando a alemá.

Rindt pilotando un Cooper T77 no Gran Premio de Alemaña de 1965.
Cooper-Maserati T86, pilotado por Jochen Rindt en 1967
Jochen Rindt no circuíto de Nürburgring en 1969
Rindt pilotando un Lotus F2 en Nürburgring en 1970.

A pesar de ter un grande éxito en Fórmula 2 (gañando, por exemplo, o Trofeo de Londres de 1964), Rindt fallou na elección dos coches de F1. Rindt fixo o seu debut na Fórmula Un co Rob Walker Racing Team no Gran Premio de Austria de 1964. Ía ser o seu único Gran Premio do ano. De 1965 a 1967, Rindt correu para a Cooper Car Company, anotando 32 puntos en 29 carreiras. En 1968, Rindt correu para Brabham, pero a súa tempada non foi o que esperara debido a problemas técnicos. Tamén competiu nas 500 Millas de Indianápolis, tanto en 1967 e 1968, pero non pasou do posto 24.

Rindt destacou por ser un piloto excepcionalmente rápido, cun control do coche excelente e moitos reflexos, pero raramente tiña un coche igual a seu talento, ata que en 1969 Rindt cambiouse a Lotus e a súa carreira colleu o pulo definitivo. Rindt obtivo a primeira vitoria da súa carreira no Gran Premio dos Estados Unidos de 1969 en Watkins Glen. Rindt terminou ese ano con 22 puntos, e o cuarto posto no Mundial de Fórmula 1. Rindt mantivo unha tensa relación con Colin Chapman, Rindt prefería unha base tecnolóxica estable fronte á necesidade de Chapman de innovar e inventar, pero os dous forxaron unha alianza exitosa. A primeira vitoria de Rindt na tempada de 1970 foi en Mónaco, onde superou a Jack Brabham na última curva. Co Lotus 72, Rindt gañou ese ano catro Grandes Premios nos Países Baixos, Francia, Gran Bretaña e Alemaña.

Durante os adestramentos do Gran Premio de Italia de 1970 no Autodromo Nazionale de Monza, preto de Milán, Chapman e Rindt acordaron en seguir o exemplo de Jackie Stewart (Tyrrell) e Denny Hulme (McLaren) e correr sen ás nun intento de reducir a resistencia e obter unha maior velocidade máxima. O poderoso Ferrari Flat-12 de Jacky Ickx e Clay Regazzoni fora ata 16 km/h máis rápido que o Lotus na carreira anterior en Austria. O compañeiro de equipo de Rindt John Miles non estaba contento coa configuración das ás nos adestramentos do venres, informando que o auto "non seguía unha traxectoria recta". Rindt informou que non había tales problemas, Chapman Lembra que Rindt informou que o coche era "case 800 rpm máis rápido na recta", sen ás.

Ao día seguinte, Rindt correu con relacións de transmisión máis altas no seu coche, para aproveitar a ventaxe da fricción reducida, aumentando a velocidade máxima ata os 330 km/h. Na quinta volta da última sesión de adestramentos, Hulme, que estaba detrás de Rindt, informou que na freada da curva Parabólica: "o coche de Jochen abriuse lixeiramente e logo desviouse bruscamente á esquerda contra a barreira de seguridade". Chocou contra o muro, rompéndose as pernas e cravándose algunhas pezas do monopraza no peito e abdome cando trompeaba. Aínda que Rindt de 28 anos foi trasladado de urxencia ao hospital, foi declarado morto. Foi o segundo líder do equipo Lotus que morría en dous anos, Jim Clark morrera en 1968 nunha carreira de Fórmula 2 en Hockenheim. Un tribunal italiano ditaminou despois que o accidente iniciouse por unha falla no eixo do freo dianteiro dereito, pero que a morte de Rindt foi causada polas barreiras de protección mal instaladas.

Rindt está enterrado no cemiterio central (Zentralfriedhof) en Graz.

No momento da súa morte Rindt gañara cinco dos dez Grandes Premios dese ano, o que significaba que tiña unha gran vantaxe no Campionato do Mundo. Nese momento, en teoría podería ser superado por Jacky Ickx da Ferrari. Con todo o seu compañeiro do equipo Lotus, Emerson Fittipaldi, gañou o penúltimo Gran Premio do ano en Watkins Glen, EUA, privando a Ickx dos puntos que necesitaba para gañar o título, e así Rindt converteuse no primeiro Campión do Mundo póstumo do automobilismo. O trofeo foi presentado á súa viúva finlandesa Nina Rindt nee Lincoln, filla do famoso corredor finlandés, Curt Lincoln. Nun tráxico xiro irónico, sóubose que Jochen prometera a Nina retirarse da F1 se gañaba o campionato do mundo.

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos
1964 Rob Walker Racing Team Brabham BT11 BRM V8 MON NED BEL FRA GBR ALE AUT
Ret
ITA USA MEX NC 0
1965 Cooper Car Company Cooper T73 Climax V8 RSA
Ret
13º 4
Cooper T77 Climax V8 MON
NSC
BEL
11
FRA
Ret
GBR
14
NED
Ret
ALE
4
ITA
8
USA
6
MEX
Ret
1966 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 MON
Ret
BEL
2
FRA
4
GBR
5
NED
Ret
ALE
3
ITA
4
USA
2
MEX
Ret
22 (24)
1967 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSA
Ret
MON
Ret
CAN
Ret
13º 6
Cooper T81B Maserati V12 NED
Ret
BEL
4
FRA
Ret
USA
Ret
MEX
Cooper T86 Maserati V12 GBR
Ret
ALE
Ret
ITA
4
1968 Brabham Racing Organisation Brabham BT24 Repco V8 RSA
3
ESP
Ret
MON
Ret
12º 8
Brabham BT26 Repco V8 BEL
Ret
NED
Ret
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
3
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
Ret
MEX
Ret
1969 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49B Ford V8 RSA
Ret
ESP
Ret
MON NED
Ret
FRA
Ret
GBR
4
ALE
Ret
ITA
2
CAN
3
USA
1
MEX
Ret
22
1970 Gold Leaf Team Lotus Lotus 49C Ford V8 RSA
13
MON
1
BEL
Ret
45
Lotus 72 Ford V8 ESP
Ret
Lotus 72C Ford V8 NED
1
FRA
1
GBR
1
ALE
1
AUT
Ret
ITA
NTS
CAN USA MEX
Fonte:[1]

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato

[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
1963 Jochen Rindt Cooper T67 Ford V8 LOM GLV PAU IMO SYR AIN INT ROM SOL KAN MED AUT
Ret
OUL RAN
1965 Cooper Car Company Cooper T77 Climax V8 ROC
7
SYR SMT
DSC
INT
Ret
Roy Winkelmann Racing Brabham BT16 BRM V8 MED
Ret
RAN
1966 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSA SYR INT
5
OUL
1967 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 ROC
Ret
SPR INT SYR OUL
6
ESP
1968 Brabham Racing Organisation Brabham BT26 Repco V8 ROC INT OUL
Ret
1969 Team Lotus Lotus 49B Ford V8 ROC
Ret
INT
2
MAD
Lotus 63 OUL
2
1970 Team Lotus Lotus 49C Ford V8 ROC
2
Lotus 72 INT
Ret
OUL
2
Fonte:[2]

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1964 North American Racing Team David Piper Ferrari 250LM P 5.0 0 Ret Ret
1965 North American Racing Team Masten Gregory Ferrari 250LM P 5.0 348
1966 F.R. English Ltd. \ Comstock Racing Innes Ireland Ford GT40 Mk I S 5.0 8 Ret Ret
1967 Alemaña Porsche System Engineering Alemaña Gerhard Mitter Porsche 907 P 2.0 103 Ret Ret
Fonte:[3]

Resultados completos nas 500 Millas de Indianápolis

[editar | editar a fonte]
Ano Chasis Motor Saída Final
1967 Eagle Ford 32º 24º
1968 Brabham Repco 16º 32º
Fonte:[4]
Predecesor:
Jackie Stewart
Campión da Fórmula 1
1970
Sucesor:
Jackie Stewart
  1. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 319. ISBN 0-85112-702-9. 
  2. "Racing". jochenrindt.com. Natasha Rindt. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 January 2016. 
  3. "All Results of Jochen Rindt". racingsportscars.com. Consultado o 26 January 2016. 
  4. Henry 1990, pp. 107–108.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]