Gran Premio de Italia de 1965
Nome oficial | XXXVI Italian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965 |
Distancia do evento | 76 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 12 de setembro de 1965 |
Competición | |
Primeiro posto | Jackie Stewart |
Pole position | Jim Clark |
Volta máis rápida | Jim Clark |
O Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de 1965 (formalmente o XXXVI Gran Premio d'Italia) celebrouse en Monza o 12 de setembro de 1965.
A carreira, que foi a oitava rolda da tempada de Fórmula Un de 1965, foi gañada por Jackie Stewart, quen logrou a súa primeira vitoria nun Gran Premio, pilotando para o equipo BRM. O seu compañeiro de equipo, Graham Hill, terminou segundo logo dunha carreira moi rifada entre ambos e Jim Clark, que pilotaba un Lotus - Climax, e que conseguira o Campionato de pilotos de 1965 na carreira anterior. A súa bomba de combustible fallou a varias voltas do final, a retirada do Ferrari de John Surtees, asegurou a Dan Gurney do equipo Brabham - Climax unha posición final no podio.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Jim Clark loitou polo liderado nos dous primeiros terzos da carreira con Graham Hill, Jackie Stewart e John Surtees (que se retirou con problemas de embrague), ata a volta 64 cando a súa bomba de combustible fallou. Stewart tomou a iniciativa e esperábase que ía deixar pasar ao seu xefe de equipo. A entusiasta multitude esperaba ver pasar aos dous BRM sobre a liña de meta en formación. Pero, na aproximación á Parabólica na última volta, Hill achegouse demasiado e foi polo céspede, loitando por manter a adherencia no barro e a grava. Polo tanto, Stewart logrou a súa primeira vitoria nun dobrete de BRM con Hill. Dan Gurney logrou o podio final e Lorenzo Bandini, Bruce McLaren e Richard Attwood completaron os puntos. A carreira tivo 40 cambios de líder entre os catro pilotos (todos británicos), probablemente a maior cantidade nunha carreira de Fórmula Un.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 32 | Jackie Stewart | BRM | 76 | 2:04:52.8 | 3 | 9 |
2 | 30 | Graham Hill | BRM | 76 | +3.3 segs | 4 | 6 |
3 | 12 | Dan Gurney | Brabham-Climax | 76 | +16.5 segs | 9 | 4 |
4 | 4 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 76 | +1:15.9 | 5 | 3 |
5 | 16 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 75 | +1 volta | 11 | 2 |
6 | 40 | Richard Attwood | Lotus-BRM | 75 | +1 volta | 13 | 1 |
7 | 42 | Jo Bonnier | Brabham-Climax | 74 | +2 voltas | 14 | |
8 | 18 | Jochen Rindt | Cooper-Climax | 74 | +2 voltas | 7 | |
9 | 38 | Innes Ireland | Lotus-BRM | 74 | +2 voltas | 18 | |
10 | 24 | Jim Clark | Lotus-Climax | 63 | Bomba gasolina | 1 | |
11 | 26 | Mike Spence | Lotus-Climax | 62 | Alternador | 8 | |
12 | 6 | Nino Vaccarella | Ferrari | 58 | Motor | 15 | |
13 | 50 | Roberto Bussinello | BRM | 58 | Presión aceite | 21 | |
14 | 20 | Richie Ginther | Honda | 56 | Encendido | 17 | |
Ret | 14 | Denny Hulme | Brabham-Climax | 46 | Suspensión | 12 | |
Ret | 46 | Frank Gardner | Brabham-BRM | 45 | Motor | 16 | |
Ret | 44 | Jo Siffert | Brabham-BRM | 43 | Caixa de cambios | 10 | |
Ret | 28 | Geki | Lotus-Climax | 37 | Caixa de cambios | 20 | |
Ret | 8 | John Surtees | Ferrari | 34 | Embrague | 2 | |
Ret | 22 | Ronnie Bucknum | Honda | 27 | Encendido | 6 | |
Ret | 48 | Masten Gregory | BRM | 22 | Caixa de cambios | 23 | |
Ret | 10 | Giancarlo Baghetti | Brabham-Climax | 12 | Motor | 19 | |
Ret | 52 | Giorgio Bassi | BRM | 8 | Motor | 22 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta:
- Jim Clark 19 voltas (1-2, 4, 7, 10, 18, 21, 27, 33-36, 38, 44, 46, 51, 53-54, 57);
- Graham Hill 13 voltas (3, 5, 25-26, 28, 40, 45, 50, 55-56, 70-71, 73);
- Jackie Stewart 43 voltas (6, 8-9, 11-14, 16-17, 19-20, 22-24, 29-32, 37, 39, 41-43, 47-49, 52, 58-69, 72, 74-76);
- John Surtees 1 volta (15).
- Única aparición nun Gran Premio de: Giorgio Bassi.
- Derradeiro Gran Premio para: Roberto Bussinello, Masten Gregory e Nino Vaccarella.
- Primeira vez: Jackie Stewart (vitoria); Richard Attwood (puntos).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1965 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1965 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1965 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1965 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1964 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1966 |