[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Gran Premio de México de 1964

Modelo:Competición deportivaGran Premio de México de 1964
Imaxe
Nome oficialIII Mexican Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de México Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1964 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento65 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo Hermanos Rodríguez (Iztacalco (pt) Traducir) 19°24′15″N 99°05′19″O / 19.404197222222, -99.088747222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,304 km Editar o valor en Wikidata
PaísMéxico Editar o valor en Wikidata
Data25 de outubro de 1964 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDan Gurney Editar o valor en Wikidata
Pole positionJim Clark Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJim Clark Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de México de Fórmula 1 de 1964 celebrouse en Cidade de México o 25 de outubro de 1964.

Foi unha das finais máis dramáticas na historia do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Os puntos para o Campionato só podían ser anotados polos seis primeiros finalistas (9-6-4-3-2-1). Ao chegar á carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. Graham Hill (BRM) con 39 puntos, John Surtees (Ferrari) con 34 puntos e Jim Clark (Lotus-Climax) con 32 puntos. A carreira comezou con Clark saíndo desde a pole position por diante de Dan Gurney no Brabham-Climax (Gurney tiña só dez puntos ao inicio desta carreira logo de gañar o Gran Premio de Francia e dun sexto lugar). Hill e Lorenzo Bandini, compañeiro de Surtees en Ferrari, loitaban polo terceiro posto, con Surtees nun distante quinto lugar, aparentemente sen ningunha posibilidade de gañar o título. De rematar nestas posicións, Clark sería campión con catro vitorias por dúas vitorias de Hill, a pesar de estar empatados a 39 puntos. Bandini bateu á parte traseira do coche de Hill facéndoo trompear e perder algúns postos. A partir de entón coche de Hill correu co tubo de escape abolado, o que lle fixo perder potencia. O campionato estaba agora nas mans de Clark. Na penúltima volta, o motor de Clark parouse e as posicións quedaron Gurney-Bandini-Surtees. O título estaba de novo nas mans de Hill. Ao darse conta de que Surtees podería gañar o título terminando en segundo lugar, o director do equipo Ferrari avisou freneticamente a Bandini para que frease e entrase en boxes na última volta, para deixar adiantar a Surtees. Bandini obedientemente fíxoo e Surtees terminou en segundo lugar, gañando así o Campionato Mundial por un punto sobre Hill (40 por 39).

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Dan Gurney Brabham-Climax 65 2:09:50.32 2 9
2 7 John Surtees Ferrari 65 + 1:08.94 4 6
3 8 Italia Lorenzo Bandini Ferrari 65 + 1:09.63 3 4
4 2 Mike Spence Lotus-Climax 65 + 1:21.86 5 3
5 1 Jim Clark Lotus-Climax 64 Motor 1 2
6 18 Pedro Rodríguez Ferrari 64 + 1 volta 9 1
7 9 Bruce McLaren Cooper-Climax 64 + 1 volta 10
8 4 Richie Ginther BRM 64 + 1 volta 11
9 10 Phil Hill Cooper-Climax 63 Motor 15
10 17 Moisés Solana Lotus-Climax 63 + 2 voltas 14
11 3 Graham Hill BRM 63 + 2 voltas 6
12 11 Innes Ireland BRP-BRM 61 + 4 voltas 16
13 23 Hap Sharp Brabham-BRM 60 + 5 voltas 19
Ret 15 Chris Amon Lotus-BRM 46 Caixa cambios 12
Ret 5 Australia Jack Brabham Brabham-Climax 44 Eléctrico 7
Ret 14 Mike Hailwood Lotus-BRM 12 Temperatura 17
Ret 22 Suíza Jo Siffert Brabham-BRM 11 Bomba gasolina 13
Ret 16 Jo Bonnier Brabham-Climax 9 Suspensión 8
Ret 12 Trevor Taylor BRP-BRM 6 Temperatura 18
  • Por primeira vez, tres pilotos británicos chegaron á última carreira con opcións de gañar o campionato.
    • Graham Hill (39 pts.) necesitaba:
      • Ser 1º
      • Ser 3º, con Surtees segundo ou peor
      • Clark segundo ou peor, Surtees terceiro ou peor
    • John Surtees (34 pts.) necesitaba:
      • Ser 1º
      • Ser 2º, con Graham Hill 4º ou peor
    • Jim Clark (30 pts.) necesitaba:
      • Ser 1ª, con Surtees 3º ou peor e Graham Hill 4º ou peor
    • Jim Clark estivo a piques de logralo. Se o seu motor non se estragara na última volta, el faría o suficiente para gañar o campionato..
  • Noutra banda tres construtores estaban loitando polo campionato.
    • Ferrari (43 pts.) necesitaba:
      • Ser 1º
      • 2º, co mellor BRM terceiro ou peor
      • O mellor Lotus-Climax segundo ou peor e o mellor BRM 3º ou peor
    • BRM (42 pts) necesitaba:
      • Ser 1º
    • Lotus-Climax (37 pts) necesitaba:
      • Ser 1ª, co mellor Ferrari terceiro ou peor
    • Unha vez máis, se o motor de Jim Clark non se queimara, entón Lotus-Climax gañaría o Campionato de Construtores

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Notas:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1964
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1964
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1965
Carreira anterior:
Gran Premio de México de 1963
Gran Premio de México Carreira seguinte:
Gran Premio de México de 1965