[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Matalobos (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Matalobos
FormatoSuspense, acción e drama
Dirixido porToño López e Jorge Saavedra Mancebo
IntérpretesLuís Iglesia (Carmelo)
Carolina Vázquez (Bárbara)
María Mera (Vanesa)
Mónica Camaño (Olaia)
País de orixeGalicia
Temporadas5
Episodios87
Produción
DuraciónAproximadamente 50 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Primeiro episodio13 de abril de 2009
Derradeiro episodio15 de xaneiro de 2013
Na rede
IMDB: tt1414420 Filmaffinity: 541116 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Matalobos é unha serie de suspense, acción e drama galega, emitida na TVG entre o 13 de abril de 2009 e o 15 de xaneiro de 2013, producida por Voz Audiovisual, que xira ao redor de varias familias relacionadas co narcotráfico, cuxa acción se desenvolve na vila ficticia de Sardiñeira. Os exteriores foron gravados na cidade da Coruña e arredores, como a parroquia de Sigrás (Cambre) ou o centro penitenciario de Teixeiro.

Características

[editar | editar a fonte]

Os capítulos están dirixidos por Toño López e Jorge Saavedra Mancebo, con guións de Carlos Portela, Víctor Sierra, Jose Rubio, Alberto Guntín, Diego Ameixeiras, Denís López, Daniel D. García, Benigno López Moure, Roberto G. Méndez, Alba Varela e Cheché Carmona e con Luís Iglesia e Antonio Mourelos entre os protagonistas.

Nun inicio emitiuse nas noites dos luns (en substitución de Padre Casares), e dos martes.

A primeira tempada, de 22 episodios, emitiuse entre xaneiro e xuño de 2009, logrando situarse no terceiro posto da Clasificación dos programas galegos máis vistos, por detrás de Padre Casares e Libro de familia, posto que repetiu coa 2ª tempada (2009-10), de 26 capítulos, e que se emitiu entre xaneiro e xuño de 2010, aparecendo os martes pola noite.

Principal

[editar | editar a fonte]

Abandonaron

[editar | editar a fonte]

Episódico

[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]

A media total dos 87 capítulos é de 185.000 espectadores e un 17,4% de share. Desagregado por tempada:

  • 1ª tempada: 213.000 espectadores (21,04% de share)
  • 2ª tempada: 183.000 espectadores (17,39% de share)
  • 3ª tempada: 183.000 espectadores (16,58% de share)
  • 4ª tempada: 172.000 espectadores (15,19% de share)
  • 5ª tempada: 156.000 espectadores (14,14% de share)

Premios e candidaturas (14 & 32)

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Persoa/s Resultado
2012 Mellor ficción de televisión en Europa Gañadora[1]
Ano Categoría Persoa/s Resultado
2009 Mellor programa emitido por emisoras ou cadeas non nacionais Candidato
Ano Categoría Persoa/s Resultado
2009 Mellor serie de televisión Gañadora
Mellor interpretación masculina protagonista Luís Iglesia Nomeado
Mellor interpretación feminina protagonista Luísa Merelas Nomeada
Mellor interpretación masculina secundaria Xabier Deive Nomeado
Mellor interpretación feminina secundaria Camila Bossa Gañadora
Mellor guión Carlos Portela
Víctor Sierra
Alberto Guntín
José Rubio
Nomeados
Mellor realización Toño López
Jorge Saavedra Mancebo
Gañadores
Mellor dirección artística Antonio Pereira Nomeado
Mellor deseño de vestiario Saturna Nomeada
Mellor maquillaxe e peiteado Natalia Arcay
Beatriz Vázquez
Nomeadas
2010 Mellor serie de televisión Gañadora
Mellor interpretación masculina protagonista Luís Iglesia Nomeado
Mellor interpretación feminina protagonista Luísa Merelas Nomeada
Carolina Vázquez Nomeada
Mellor guión Carlos Portela
Víctor Sierra
Alberto Guntín
José Rubio
Nomeados
Mellor realización Jorge Saavedra Mancebo
Iván Seoane
Gañadores
Mellor dirección de produción Ana Míguez Nomeada
2011 Mellor serie de televisión Gañadora
Mellor interpretación masculina protagonista Luís Iglesia Nomeado
Mellor interpretación feminina protagonista Luísa Merelas Nomeada
Mellor interpretación masculina secundaria Ricardo de Barreiro Nomeado
Xabier Deive Nomeado
Antonio Mourelos Gañador
Mellor interpretación feminina secundaria Camila Bossa Gañadora
Mellor guión Alberto Guntín
Daniel D. García
Benigno López
Nomeados
Mellor montaxe Marisol Torreiro
Pablo Paz
Pablo Muñoz
Nomeados
Mellor realización Marta Piñeiro
Judas Diz
Gañadores
Mellor dirección de produción Paula Fernández Nomeada
Mellor dirección de fotografía X. Manuel Neira
PX.M. Caamaño
Nomeada
Mellor deseño de vestiario Saturna Nomeada
Mellor maquillaxe e peiteado Cristina Couto
Óscar Aramburu
Nomeados
Mellor son Alfonso Couceiro
Santi Jul
Iván Laxe
Nomeados
2012 Mellor serie de televisión Nomeado
Mellor interpretación masculina protagonista Luís Iglesia Nomeado
Mellor interpretación feminina protagonista Isabel Naveira Nomeada
Mellor guión Alberto Guntín
Daniel D. García
Benigno López
Cheché Carmona
Roberto G. Méndez
Alba Varela
Gañadores
Mellor dirección de arte Antonio Pereira
Ángel Amaro
Nomeados
Mellor dirección de fotografía X. Manuel Neira Nomeada
Mellor deseño de vestiario Saturna Nomeada
Mellor son Alfonso Couceiro
Santi Jul
Iván Laxe
Nomeados
  • Mención Especial da Garda Civil polo "rigor e a labor divulgativa realizada sobre o instituto armado"[2].
  • Premios á Mellor imaxe en 2010 e 2012 para María Mera, que entregan os profesionais do gremio dentro do salón de peiteado e estética Imaxe.[3][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]