[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Xabier Deive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXabier Deive

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata
Narón, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 2024 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm1845498 Editar o valor en Wikidata

Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024,[1] foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Xabier Deive en Sede de mal.

Comezou a súa carreira interpretativa na década de 1990 como actor de teatro, dando os seus primeiros pasos na Escola de Teatro de Narón, e participou en espectáculos coas compañías Caroza Teatro, Teatro Maltés, Ollomoltranvía, Galería Cía de Teatro e Uvegá Teatro.[2] A comezos do século XXI tivo numerosos papeis en curtametraxes, así como pequenas aparicións en series da Televisión de Galicia como Pratos combinados, Mareas vivas, Galicia Exprés ou As leis de Celavella.

No 2006 deuse a coñecer ao gran público, ao interpretar a Eusebio Barreiro na serie de televisión A vida por diante. Dende entón foi un dos rostros máis habituais e coñecidos das producións de ficción da canle pública galega, destacando en papeis como o de Diego Dourado na serie de éxito Matalobos, ou o de Pancho en Serramoura.[2] Traballou tamén en varias series fóra de Galicia, como Piratas, Amar es para siempre, Águila Roja, El ministerio del tiempo ou Néboa.[3]

No 2007 debutou no cine co filme O menor dos males (2007), de Antonio Hernández, con Carmen Maura, Roberto Álvarez e Antonio Durán "Morris" entre outros, e nos seguintes anos apareceu noutras películas como La mujer del anarquista, A cicatriz branca, Las altas presiones, Lobos sucios, Palmeras en la nieve, Libertad, Fatum ou As Neves.

En 2019 foi elixido presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, cargo que ocupou ata 2021.[4][1] Faleceu o 18 de xullo de 2024, aos 54 anos de idade.[1]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2006 Mellor actor A vida por diante Nomeado
2007 Mellor actor secundario A vida por diante Nomeado
2009 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado
2011 Mellor actor secundario Matalobos Nomeado
Ano Categoría Título Resultado
2013 Mellor actor protagonista Gaivotas subterráneas Nomeado
  1. 1,0 1,1 1,2 "Falece o actor Xabier Deive, "compañeiro querido e respectado"". Praza.gal. 18 de xullo de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Morre Xabier Deive, unha das figuras centrais da escena galega e un artista irrepetible". La Voz de Galicia. 18 de xullo de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  3. "Falece o actor Xabier Deive aos 54 anos de idade". Nós Diario. 18 de xullo de 2024. Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  4. "Xabier Deive, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices". 12 de abril de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]