'Allo 'Allo!
'Allo 'Allo! | |
---|---|
Formato | Comedia de situación |
Creado por | Jeremy Lloyd e David Croft |
Dirixido por | David Croft Robin Carr Martin Dennis Susan Belbin Richard Boden Mike Stephens Sue Longstaff John B. Hobbs |
Intérpretes | Carmen Silvera Gorden Kaye Guy Siner Kim Hartman Richard Marner Sam Kelly Vicki Michelle Kirsten Cooke Francesca Gonshaw Kenneth Connor Sue Hodge Richard Gibson John Louis Mansi Rose Hill Arthur Bostrom Jack Haig Hilary Minster David Janson |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 85 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | David Croft Mike Stephens John B. Hobbs |
Duración | 26 episodios de 25 minutos, 55 episodios de 30 minutos 1 episodio de 35 minutos, 3 episodios de 45minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC |
Primeiro episodio | 30 de decembro de 1982 |
Derradeiro episodio | 14 de decembro de 1992 |
Na rede | |
http://www.bbc.co.uk/comedy/guide/articles/a/alloallo_7770250.shtml | |
[ editar datos en Wikidata ] |
'Allo 'Allo! é unha comedia de situación británica que emitiu a BBC1 entre 1982 e 1992, creada por David Croft e Jeremy Lloyd como unha parodia da serie Secret Army emitida entre 1977 e 1979, dous dos seus actores Hillary Minster e John D. Collins, actuaron tamén nesta comedia.
Argumento
[editar | editar a fonte]Allo Allo conta a historia de René Artois, dono dun café na vila de Nouvion, durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial. Os alemáns rouban todos os obxectos artísticos da vila, entre eles un reloxio de cuco e a pintura A madonna caída de Van Klomp. O comandante alemán decide gardar as pinturas para el e obriga a que René agache as obras no seu café. A Gestapo tamén quere atopar o paradeiro das pinturas e envía a Herr Flick, para as procurar.
Ao mesmo tempo o café de René está a esconder pilotos británicos. René vese forzado a traballar para a Resistencia para evitar ser asasinado por servir os alemáns no seu café. Os intentos da Resistencia de enviar os pilotos de volta ao Reino Unido, que fallan sempre, constitúen o centro de atención da serie.