Federico Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1976 (48 anos) Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Premios | |
| |
Federico Pérez Rey, nado en Alemaña o 11 de setembro de 1976, é un filólogo, humorista, guionista e actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Alemaña de pais galegos e criouse en Mazaricos, de onde é orixinaria a súa familia.[1] Comezou a facer teatro na súa xuventude e estudou Filoloxía galega en Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira traballou como asesor lingüístico na serie Mareas vivas, na que tamén apareceu como actor nalgún capítulo.[2] Pasou logo a traballar en Terra de Miranda como asesor lingüístico e tamén como guionista, tarefa esta última que tamén realizou en Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima Audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos.[3] A súa faceta como actor cobrou máis importancia a partir de 2003 aparecendo como secundario en series de televisión e filmes como Un paso adelante, Pepe Carvalho, Libro de familia, As leis de Celavella, O show dos Tonechos, Los hombres de Paco, Pepe o inglés ou a gañadora do Óscar Mar adentro, da que foi tamén asesor lingüístico.[4][5]
Entre 2007 e 2009 foi un dos actores do programa de sketchs Air Galicia, polo que foi nomeado por primeira vez aos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor actor protagonista, e desde 2008 e ata 2014 interpretou a Josito Raña na serie de éxito Padre Casares. Durante ese tempo tivo tamén outros papeis en numerosas series e filmes, en Galicia e fóra dela, como 18 comidas (traballo polo que foi nomeado ao Mestre Mateo a mellor actor secundario), Retornos, Piratas, Matalobos, Outro máis, Encallados ou Os fenómenos. Fóra da pantalla representou a obra de teatro O florido pénsil, de Andrés Sopeña Monsalve, xunto aos actores Alfonso Agra, Josito Porto, Morris e Pico,[6] e percorreu Galicia co seu monólogo titulado Ración de Breogán.[7]. Dende 2011 a 2019 deu vida a Moncho en Era visto!, papel polo que foi nomeado seis anos consecutivos ao Mestre Mateo ao Mellor actor protagonista.
En 2015 iniciou un novo traballo teatral, representando a obra Presidente, de José Luis Prieto, xunto a César Goldi e Iolanda Muíños entre outros.[8] En 2016 actuou por toda Galicia co cómico Xosé Antonio Touriñán, nun espectáculo no que interpretaban aos detectives Curtis e Teixeiro.[9][10] Tamén ese ano apareceu de xeito episódico nas series Cuéntame cómo pasó e La que se avecina. En 2017 interpretou o tenente Guillermo Sanesteban durante os trece episodios da serie de Antena 3 Tiempos de guerra.[11] En 2018 participou no filme Trote, de Xacio Baño, traballo polo que foi galardoado como mellor actor secundario na 17ª edición dos Premios Mestre Mateo.[12][13] Ademais tivo un pequeno papel no filme A sombra da lei e comezou unha xira co tamén humorista Pepo Suevos representando o espectáculo A culpa é do sistema.[14] Ao ano seguinte apareceu como secundario en Eroski Paraíso e no derradeiro episodio da terceira tempada da serie La casa de papel. En 2020 traballou na serie de TVE Néboa.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán da historiadora Nancy Pérez, que foi parella sentimental do mito da Nova Trova Cubana Pablo Milanés durante os últimos anos da vida deste.[15]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como actor
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- Mareas vivas (2000).
- Un paso adelante (2003). Como Serafín.
- Pepe Carvalho (2004).
- Libro de familia (2005).
- O show dos Tonechos (2005).
- Los hombres de Paco (2005).
- Pepe o inglés (2006).
- Air Galicia (2007-2009).
- Padre Casares (2008-2014). Como Josito Raña.
- U.C.O. (Unidad Central Operativa) (2007-2009). Como avogado.
- Piratas (2011).
- Matalobos (2011).
- Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011). Como Ramón.
- Era visto! (2011-2015). Como Moncho.
- Hospital Real (2015).
- Cuéntame cómo pasó (2016).
- La que se avecina (2016).
- Tiempos de guerra (2017). Como Guillermo.
- La casa de papel (2019).
- Néboa (2020). Como Moncho.
- A lei de Santos (2020-).
- A desorde que deixas (2020). Como Demetrio.
- Caronte (2020). Como Dante.
- Vis a vis: El Oasis (2021). Como doutor.
- HIT (2021). Como Fernando.
- Apagón (2021). Como César.
Cine
[editar | editar a fonte]- Mar adentro (2004). Como condutor.
- 18 comidas (2010). Como Tuto.
- Retornos (2010). Como Miguel
- Outro máis (2011). Como Beni.
- Os fenómenos (2014). Como Canicova.
- Los Amigos - La Pinícula (2018). Como Domingo.
- A sombra da lei (2018). Como comerciante
- Trote (2018). Como Fran.
- Eroski Paraíso (2019). Como tío de Mazaricos.
- El verano que vivimos (2020). Como axente inmobiliario.
- Cuñados (2021). Como Modesto.
- As bestas (2022). Como garda civil Mariano.[16]
- O corpo aberto (2022). Como Turelo.
- +Cuñados (2024), longametraxe de Luis Avilés.
Como guionista
[editar | editar a fonte]- Terra de Miranda (2001).
- Pequeno Hotel (2001).
- O rei da comedia (2002).
- As leis de Celavella (2004-2006).
- Máxima Audiencia (2004).
- O show dos Tonechos (2005).
- Zapping Comando (2006).
- Padre Casares (2011).
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor actor protagonista | Air Galicia | Nomeado |
2010 | Mellor actor secundario | 18 comidas | Nomeado |
2011 | Mellor actor protagonista | Era visto! | Nomeado |
2012 | Nomeado | ||
2013 | Nomeado | ||
2015 | Nomeado | ||
2016 | Nomeado | ||
2017 | Nomeado | ||
2018 | Mellor actor secundario | Trote | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Federico Pérez, actor con un algo de Lemmon y dos algos de ‘Era visto’". El Correo Gallego (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez: «A cultura e as manifestacións artísticas fan máis libre ao ser humano»". 24 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Currículo de Federico Pérez" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ Ficha do autor na Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- ↑ "Ficha de Federico Pérez". IMDb (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "O ton cómico de 'O Florido Pénsil' axuda a contar o que pasou na posguerra". El Correo Gallego. 30 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2022.
- ↑ Graña, Ángel (7 de xuño de 2013). ""Los gallegos damos siete vueltas antes de ir a un sitio"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "'Presidente', de José L. Prieto, o novo proxecto teatral co que Federico Pérez xira por Galicia". 12 de outubro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez y Xosé Antonio Touriñán: "A nosotros nos da estabilidad la desestabilidad del país en el que vivimos"". Faro de Vigo (en castelán). 24 de novembro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez e Xosé A. Touriñán convértense de novo nos detectives Curtis e Teixeiro". 15 de outubro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Entrevistamos a Federico Pérez, el teniente médico Guillermo Sanesteban en 'Tiempos de guerra'" (en castelán). 25 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Mellor interpretación masculina de reparto: FEDERICO PÉREZ". CRTVG. 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "“La sombra de la ley” triunfa en los Mestre Mateo al acaparar diez galardones". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ "Federico Pérez e Pepo Suevos, de xira con 'A culpa é do sistema'". 3 de abril de 2018. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Alvite, Xosé Ramón (23 de novembro de 2022). "«Aquí Pablo Milanés era máis coñecido como o xenro de Federico que por ser una lenda da música»" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "As bestas (2022)" (en castelán). Consultado o 2022-11-25.