Sigrás, Cambre
Sigrás | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Sigrás. | |
Concello | Cambre[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′21″N 8°21′38″O / 43.28925996, -8.36056002 |
Poboación | 1.482 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Sigrás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 1.482 habitantes (726 homes e 756 mulleres). A parroquia ten 17 lugares.
Historia
[editar | editar a fonte]En Sigrás había unha tradición téxtil arraigada, existiron fábricas de fiados e practicamente en todas as casas había un tear. No século XIX houbo tamén fábricas de pintados de algodón e liño.
Sigrás é o lugar de nacemento de María Pita.
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]Sigrás podería ser un antropónimo latino que aparecería entre o século VII e X.[2]
Sigrás na cultura popular
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de Sigrás aparece na serie Matalobos como a igrexa parroquial de Sardiñeira.
- Aprendín de carpinteiro/ na aldea de Sigrás;/ a facer cangas ós cochos/ e caravillas ós cas.
- Na miña vida tal vin/ na aldea de Sigrás/ unha cadela con pitos/ unha galiña con cas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Interior da igrexa de Santiago de Sigrás.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sigrás
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sigrás no concello de Cambre (A Coruña) | |
---|---|
A Agra do Mero | Aián | A Cabana | Os Campóns | Enxertos | O Gaiteiro | A Pena | Pite | A Ponte de Alvedro | Pontido | Rego | Sigrás de Abaixo | Sobrecarreira | O Souto | A Telva | O Vilar | A Xira |
Parroquias de Cambre
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.