Mendinho
Na illa de San Simón, cantada polo poeta Mendinho, encóntrase unha estatua dedicada aos tres poetas da ría de Vigo: Martín Codax, Mendinho e Johan de Cangas. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII probablemente no sur de Galicia |
Morte | século XIV |
Actividade | |
Ocupación | trobador, poeta, compositor |
Xénero artístico | cantiga de amigo |
Premios | |
| |
Mendiño, Meendinho ou Mendinho, nomes cos que aparece recollido nos cancioneiros galego-portugueses, foi un trobador galego medieval, que viviu entre o século XIII e o XIV. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1998 (xunto con Johan de Cangas e Martín Codax).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa orixe non está clara, o trobador podería proceder probablemente do sur de Galicia, de localidades coma Redondela ou Vigo. Se atendemos ás referencias xeográficas do seu único poema conservado, procedería da ría de Vigo, pois menciona a Illa de San Simón, en Redondela, aínda que os autores non manteñen unha única postura. A súa cantiga de amigo está considerada entre as máis importantes da lírica trobadoresca galego-portuguesa. A súa composición aparece incluída no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B 852) de Lisboa —ou Cancioneiro Colocci-Brancuti— e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V 438).
Obra
[editar | editar a fonte]Só se conserva unha única cantiga del, a cal comeza polo verso "Sediam'eu na ermida de San Simón". Nela, unha moza espera axexante o seu mozo ou amigo, ata acabar morrendo de amor. A cantiga está reproducida a continuación:[1]
Cancioneiro da Biblioteca Nacional: B 852 e Cancioneiro da Vaticana: V 438. |
- Sedia-m'eu na ermida de San Simion
- e cercaron-mi as ondas, que grandes son:
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendend'o meu amigo!
- Estando na ermida ant'o altar,
- cercaron-mi as ondas grandes do mar:
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendend'o meu amigo!
- E cercaron-mi as ondas, que grandes son,
- non ei (i) barqueiro, nen remador:
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendend'o meu amigo!
- E cercaron-mi as ondas do alto mar,
- non ei (i) barqueiro, nen sei remar:
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendend'o meu amigo!
- Non ei i barqueiro, nen remador,
- morrerei fremosa no mar maior:
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendend'o meu amigo!
- Non ei (i) barqueiro, nen sei remar,
- morrerei fremosa no alto mar.
- eu atendend'o meu amigo,
- eu atendend'o meu amigo!
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sediam'eu na ermida de San Simion, Bibliotheca Augustana. José Joaquim Nunes, Cantigas d'amigo, n. 252, Lisboa 1928.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Mendinho". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alonso Montero, X., ed. (1998). Homenaxe ós tres poetas medievais da ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño, Johán de Cangas. RAG. ISBN 84-87987-12-5.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 402.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 278. ISBN 84-7492-465-0.
- F. Freixanes, Víctor; et al. Johán de Cangas, Martín Codax, Meendinho, 1200-1350: lírica medieval. Xerais. ISBN 84-8302-251-6.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 16, 27 e 33. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 04/12/2018.
- García Merino, M.ª José et al. (2006). "Johan de Cangas". Escolma do Día das Letras Galegas (1963-2006). Xunta. p. 85. ISBN 84-453-4230-4.
- González Pérez, Clodio (1997). Meendiño, Martín Codax, Xoán de Cangas. Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-42-8.
- Lanciani, Giulia; Tavani, Giuseppe (1993). Dicionario da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Lisboa: Caminho.
- Lopes, G. V.; Ferreira, M. P. et al. (2011-), Cantigas medievais galego-portuguesas. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA.
- Monteagudo; Pozo; Alonso (1998). Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas. Galaxia. ISBN 84-8288-199-X.
- Nunes, José Joaquim (1926-1928). Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses 2.
- Pena, X. R. (1998). Xograres do mar de Vigo: Johán de Cangas, Martín Codax, Meendinho. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-8302-229-0.
- —————— (2013). Historia da literatura galega I: Das orixes a 1853. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-551-8.
- Queixas, M. (1997). Os trobadores do Reino de Galiza: Martín Códax, Mendiño, Xoán de Cangas. A Nosa Terra. ISBN 84-89976-08-2.
- Tavani, Giuseppe (1986). A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo: Editorial Galaxia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 385–386. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Mendinho |
- Trobadores da ría de Vigo Arquivado 11 de agosto de 2020 en Wayback Machine. Real Academia Galega.
- Meendinho Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual Galega.
- Meendinho Arquivado 18 de xuño de 2021 en Wayback Machine. en Vieiros.
- O portal da lingua galega Xunta de Galicia.
- Lorenzo, Ramón (2012). "Galicia, letra a letra". YouTube.