[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Luís Amado Carballo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaLuís Amado Carballo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalLuís Gustavo Amado Carballo
Biografía
Nacemento2 de maio de 1901 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 1927 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Relixióncatólica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre de escola [1]
Período de actividade1919-1927
EmpregadorIrmandades da Fala [1]
Xénero artísticoPoesía
Movementohilozoísmo
Influencias
Influencias en
Obra
Obras destacables
Proel; O Galo
Familia
CónxuxeM.ª López Fernández Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX858971 Bitraga: 1350 BUSC: amado-carballo-luis-1901-1927

Luís Gustavo Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901[3] e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo.[4] Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala.[1] Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas máis destacados do seu tempo, pertencentes ambos a xeración de 1922 (ou de 1925).[5] Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose. No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.[6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Certificado de nacemento (pdf).

Fillo de Luís Amado de la Riega, pontevedrés, parente de Xoán Manuel Pintos, Luís de la Riega e Celso García de la Riega,[7] e Consuelo Carballo Pesqueira, redondelá, familia ilustrada e conservadora.[8] Fixo os estudos primarios no Colexio Balmes e o Bacharelato no Instituto Xeral e Técnico.[7] O 27 de febreiro de 1912 participou nun recital declamando o poema "Un vello paroleiro" de Heliodoro Fernández Gastañaduy. En 1918 comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, mais non as rematou.

O 25 de xaneiro de 1919 publicou o relato en lingua castelá "El emigrado" na revista viguesa Vida Gallega. Dous meses despois, o 31 de marzo, publicou no Diario de Pontevedra o soneto "Amanecer", tamén en castelán. En xuño dese ano publicou neses dous periódicos o relato "El Peregrino", baseado no texto do Romance de Don Gaiferos. Dese mesmo mes é o poema "La Estadea". Tamén no Diario de Pontevedra publicou outros poemas de carácter modernista, como "Aurora de Nácar" ou "Tríptico a Tórtola Valencia". "La Romería", publicado o 15 de xullo en Vida Gallega, é un relato costumista que conta a visita dunha rapaza coa súa avoa a unha ermida.[9]

En setembro de 1919 marchou a Madrid coa idea de continuar os estudos. Alí contacta con Evaristo Correa Calderón e Ramón Gómez de la Serna,[7] leva unha vida bohemia e asiste a algúns parladoiros literarios, como relata no artigo "Remember of Pombo", publicado no xornal Galicia en 1923. Intentou dedicarse ao xornalismo sen moito éxito. Publicou o relato "Guerrilleros de antaño" en La Tribuna e enviou críticas de arte ao Diario de Pontevedra. Mandou tamén poemas en castelán á revista Parábola de Burgos e a España de Madrid.

Non se pode concibir a literatura galega sen o legado de Amado Carballo.[10]

O 5 de decembro de 1920 publicou o conto "Supersticeón" no voceiro A Nosa Terra, adicado a Castelao. No relato hai unha querenza por crenzas espiritistas e polo ocultismo. De carácter similar é o artigo "O culto da vaca astral en Galicia", publicado na mesma revista o 31 de maio de 1921, que foi contestado por Vicente Risco. De volta a Pontevedra, asiste a faladoiros no piñeiral La Fillagosa, á beira do río Lérez, propiedade de Xoán Bautista Andrade,[11] quen, segundo algúns estudosos, exerceu unha grande influencia sobre a poesía de Amado Carballo.[2] En setembro do mesmo ano escribiu en castelán o prólogo do libro Mágoas de Xoán Vidal Martínez. Con el e con Modesto Bará Álvarez, fundou en 1922 a revista Alborada,[2] da que saíron catro números.[7] No terceiro deles, publicado en xullo, saíu o seu relato "Maliaxe", segundo Carballo Calero, composición literaria pueril e dun galego moi forzado e diferencialista,[11] e no cuarto apareceron os textos "O iris dinámico" e "Esfinxes".

Placa na casa, na r/ Cobián Roffignac esq. Benito Corbal.

En novembro de 1923 apareceu a súa noveliña Os probes de Deus no quinto volume da revista Lar, con portada deseñada por Camilo Díaz Baliño. Nela nárranse en nove cadros as fins das vidas de nove persoas nun asilo de anciáns. Os probes de Deus é, na opinión dalgúns críticos, demasiado bebedora da escrita de Ramón María del Valle-Inclán.[2] Traduciu do francés tres poemas do autor postsimbolista Paul Fort: "Pregaria ao santo silenzo", "O máis ledo dos lieds e "A moza que morreu enamorada", publicados n' A Nosa Terra o 1 de novembro de 1923. Traduciu tamén a Francisco de Asís ("Canto do irmán Sol"), Rainer Maria Rilke ("A unha amiga") e a Alfonsina Storni ("¿Verdade?").

En 1924, despois de exercer de mestre con carácter interino, ingresou como redactor de La Concordia en Vigo[12] e despois en El Pueblo Gallego. Neles fixo artigos xornalísticos de opinión sobre a actualidade política estatal e internacional, así como dos problemas galegos. Desde a prensa tivo novas discusións con Vicente Risco.

O 10 de decembro de 1924 casou na basílica de Santa María a Maior de Pontevedra coa pontevedresa María López Fernández, seis anos máis vella, filla do pintor e violinista Benigno López Sanmartín. Como ministro celebrante figura Valentín Villanueva Rivas, párroco.[8]

Pazo dos De la Riega, S.ta Margarida.

En 1925 retomou os estudos de Filosofía e Letras. Por enfermar de tuberculose, pasou o verán de 1926 en Soutelo de Montes e o outono en Santa Margarida de Mourente,[11] neses tempos escribiu a maioría dos poemas da súa obra póstuma O Galo (1928).[6]

En 1927 titulouse como Mestre, nese mesmo ano publicou Proel.[13] Morreu na súa viña natal, aos vinte e seis anos de idade, a consecuencia da tuberculose. Foi soterrado no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Malia finar novo, tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a gran protagonista é a paisaxe, especialmente da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.

  • Maliaxe, relato longo, Alborada v. III, 1922.[14]
  • Os probes de Deus, Lar n.º 5, 31/1/1925.[15] Foi traducida ao castelán[16] e existe tamén unha edición bilingüe galego-castelá conxunta con Proel.[17]
Proel e O Galo compoñen o v. 16 da Biblioteca Galega 120.
  • Proel, asinado en 1924 e publicado en 1927.[18] Existe unha edición bilingüe galego-castelán conxunta con Os pobres de Deus.[17]
  • O Galo, preparado por Vidal Martínez, con limiar de O. E., Nós, 1928.[19][20]

Recompilacións e reedicións

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fontoira Surís, Lydia e García Rodríguez, Carmen: "Amado Carballo, Luis" en GEG. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. pp. 51–53. ISBN 84-8288-019-5. 
  3. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5. 
  4. Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 116. 
  5. Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 88. ISBN 84-7680-429-6. 
  6. 6,0 6,1 Figuras homenaxeadas. Real Academia Galega
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. pp. 414–415. ISBN 84-7680-288-9. 
  8. 8,0 8,1 Marco, A. (1982). "Contribución á biografía de Amado Carballo…". Grial (76): 198–214. 
  9. Abilleira Sanmartín, Xosé (2001). Luís Amado Carballo. A Nosa Terra. ISBN 8495350823. 
  10. Babarro, Xoán: Galicia letra a letra, "1982" en Youtube.
  11. 11,0 11,1 11,2 Carballo Calero (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 699-710. ISBN 84-7154-391-5. 
  12. Álvarez Blázquez (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia. Caja de Ahorros Municipal. p. 522. ISBN 84-7231-494-4. 
  13. Proel, portada de Manuel Méndez Domínguez
  14. Alborada: Maliaxe, imaxe da portada
  15. Iglesias, X.: Os probes de Deus. Os libros de Ánxel Casal 9/11/2012.
  16. "Los pobres de Dios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  17. 17,0 17,1 "Los pobres de Dios y Proel". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  18. Proel Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual da RAG.
  19. O Galo Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. na Biblioteca Virtual da RAG.
  20. Iglesias, X.: O Galo. Os libros de Ánxel Casal 16/6/2013.
  21. Poesía galega completa, imaxe da portada
  22. Obra poética galega, Edicións Xerais de Galicia Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  23. "A obra de Luís Amado Carballo…" 6/8/2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]