[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Marcial Valladares

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaMarcial Valladares

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Marcial Valladares Núñez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1821 Editar o valor en Wikidata
Vilancosta, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 1903 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Vilancosta, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, autor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, novela
MovementoRexurdimento Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Dionisio Valladares Gómez Editar o valor en Wikidata
IrmánsAvelina Valladares Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 10924 BNE: XX871163 BUSC: valladares-nunez-marcial-1821-1903

Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta (Berres, A Estrada) o 14 de xuño de 1821 e finado no mesmo lugar o 20 de maio de 1903, foi un xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego. No ano 1970 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
La Ilustración Gallega y Asturiana n.º 21.
Homenaxe na Estrada co gallo do Día das Letras Galegas de 1970.

Fillo de José Dionisio Valladares Gómez e María de la Concepción Núñez, formado en gramática latina e en filosofía, cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1844. Adicouse ao xornalismo e á política, exerceu durante un breve período de tempo como xefe superior de Administración Civil pero en 1866 retirouse ó seu lugar natal para se consagrar ás letras.[3][4]

Era irmán da escritora Avelina Valladares.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

O 'Señor de Vilancosta' foi un dos escritores máis prolíficos do rexurdimento.

Colaborou en numerosas publicacións, como narrador, lexicógrafo, poeta ou gramático, entre as que destacan La Exposición Compostelana, El Eco de Galicia (A Habana), Galicia Humorística (Santiago), Galicia (A Coruña), La Revista Popular, A Monteira, O Tío Marcos da Portela ou La Ilustración Gallega y Asturiana.[1]

Como lexicógrafo, é autor do Diccionario gallego-castellano (1884) con 11.000 vocábulos que recolleu entre 1850 e 1884, ao que incorporou como referencia 240 cántigas e 460 textos en prosa, na súa maioría literatura popular. En 1879 escribiu o artigo "Del apóstrofo en la escritura gallega", aparecido en La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1892 rematou Elementos de gramática gallega, obra iniciada en 1855 e que non foi editada até 1970, da man da Editorial Galaxia.

Contribuíu á elaboración do Diccionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de Pascual Madoz, no referente a datos da provincia de Pontevedra, e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez.[5] Foi xurado dos primeiros Xogos Florais de Pontevedra, socio de mérito de El Folclore Gallego e membro da Real Academia Española.[1]

Recolleu mostras do folclore, como receitas ou contos populares, que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, pero inédito ata 1970) e Novo apéndice ó Cantigueiro popular.

Como poeta escribiu arredor de 40 composicións costumistas e sentimentais que viron a luz a través das diferentes publicacións da época. O seu poema máis divulgado, "A castañeira de Santiago", foi editado por Antonio de la Iglesia en El Idioma Gallego, mentres que no Álbum de la Caridad apareceron "A miña aldea" e "A Fonte do Pico Sagro". De 1845 é Suidades, obra escrita en hendecasílabos de tipo sentimental. Apareceron despois, A fonte do Pico Sacro de acento didáctico, en quintillas, A castañeira en Santiago, monólogo de certa calidade. Da súa autoría é tamén unha serie de cantares de tipo popular, que titulou Vilancosta. A súa obra poética foi recolleita no Cantigueiro Popular (Fundación Cultural da Estrada, 2003). Tamén escribiu epigramas, como: Bebendo onde eu me atopaba, Pedíndolle a un labrador, Consultou con don Alejos, Coa vinagreira na man, Indo as uvas eu a ver e Pepiño rompe un cristal.[6] Fernández Salgado establece dúas épocas na súa poesía, unha de 1844 ata 1860 e outra a partir de 1860 ata 1898 no que publica Fin de romaría.[7]

Valladares deixounos, ademais, dúas obras representativas do seu labor como gramático e lexicógrafo. É o caso de Elementos de gramática gallega (1892, aínda que inédito ata 1970) e do Diccionario gallego-castellano (1884),[8] o seu traballo de maior transcendencia e o dicionario máis importante do século XIX, ora polo número de vocábulos recollidos (arredor de 11.000), ora polo seu rigor e precisión.[9]

Está considerado o primeiro autor dunha novela en lingua galega, Maxina ou a filla espúrea (1870), publicada en La Ilustración Gallega y Asturiana a partir do 28 de xullo de 1880.[10] Nela mestúranse xéneros e estilos, incorporando elementos de carácter romántico e costumista que desenvolven o tema inicial da novela.[1]

Valladares escribiu en castelán as novelas curtas Asela e Los tres expósitos (Galicia, Revista Regional, 1883).

Inéditas

[editar | editar a fonte]
  • Memorias de familia (1845-?).
  • Crónica de la muy noble y muy leal ciudad de Zamora (1855).
  • Flora ó hasta donde llega una mujer (1857).
  • La cruz perdida (1883).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Letras Galegas 1970". Real Academia Galega. Consultado o 2022-01-25. 
  2. "As Memorias de familia de Marcial Valladares" (PDF). dspace.aestrada.gal. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  3. "Marcial Valladares Núñez – Almanaque das Irmandades". Consultado o 2022-01-25. 
  4. Fernández Salgado, Xosé Antonio. "Marcial Valladares Núñez". Tabeirós Montes. Consultado o 2022-01-25. 
  5. "Marcial Valladares". bvg.udc. 
  6. "Marcial Valladares Núñez. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-01-25. 
  7. Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da Literatura Galega II.De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Xerais. pp. 117–119. ISBN 978-84-9914-764-2. 
  8. "Biografía de Marcial Valladares Núñez". aestrada.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de xaneiro de 2022. 
  9. "Marcial Valladares Núñez. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2022-01-25. 
  10. La Ilustración Gallega y Asturiana Arquivado 06 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]