[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Francisco Rabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Rabal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Rabal Valera Editar o valor en Wikidata
8 de marzo de 1926 Editar o valor en Wikidata
Águilas, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 2001 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Mérignac, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor en Wikidata
EducaciónOur Lady of Remembrance College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de teatro, actor de cinema, director de cinema, guionista, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1942 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeAsunción Balaguer Editar o valor en Wikidata
FillosTeresa Rabal, Benito Rabal Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0704719 Allocine: 3622 Rottentomatoes: celebrity/paco_rabal Allmovie: p58355
BNE: XX876869 Discogs: 3021885 Find a Grave: 6943050 Editar o valor en Wikidata

Paco Rabal, nado en Águilas o 8 de marzo de 1926 e finado en Bordeos o 29 de agosto de 2001, foi un actor murciano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En Madrid estudou nos xesuítas de Chamartín. Debutou no cine en 1946 con La pródiga e durante anos traballou baixo as ordes dos mellores directores europeos, como Antonioni, Chabrol ou Visconti. Entre os directores españois para os que traballou atópanse Carlos Saura (Goya en Burdeos) ou Luis Buñuel co que fixo tres películas: Nazarín, Viridiana e Belle de jour.

No ano 1968 encarnou o revolucionario Che Guevara nun filme de Paolo Heuchs.

Con Buñuel viviu unha auténtica amizade, o que o levou a dicir: «Leo todos os días as súas memorias[1] coma se fosen unha Biblia, foi un gran creador, polo seu físico parecía un home duro; pero era a persoa máis tenra que coñecín, era fiel á amizade, ós seus amigos, era moi puntual e cun gran sentido do humor, infantil e moi severo cos seus fillos, parecía chapado á antiga; desde o primeiro día que nos coñecemos fomos moi bos amigos e chamámonos tío e sobriño ata a súa morte».

Casado con Asunción Balaguer desde 1950, coa que tivo dous fillos, Benito e Teresa.

Na madurez traballou con Miguel Hermoso en Truhanes e encarnou a Azarías en Los santos inocentes, adaptación de Mario Camus da obra literaria de Miguel Delibes que lle valeu o premio de interpretación do Festival de Cannes en 1984, ex aequo para Alfredo Landa.

Para televisión, encarnou a San Pedro de Alcántara na miniserie Teresa de Jesús e o toureiro retirado Juncal na exitosa serie dirixida por Jaime de Armiñán en 1987.

O 12 de novembro de 1993 recibiu a medalla de ouro da Academia de Cine española.

Francisco Rabal faleceu inesperadamente o 29 de agosto de 2001, cando regresaba a España en avión desde Montréal, por mor dunha insuficiencia respiratoria que lle produciu o enfisema pulmonar que padecía. Unhas semanas máis tarde ía recibir o honorífico Premio Donostia no Festival de Cine de San Sebastián. Foi o seu neto, o tamén actor Liberto Rabal, quen o recolleu no seu nome, rendéndolle tributo nunha emotiva homenaxe que reuniu no escenario do Kursaal ó seu amigo Carlos Saura e ás súas compañeiras de elenco Carmen Sevilla, Julia Martínez, Terele Pávez, Ana Belén, Emma Suárez e María Barranco.

Foi incinerado e enterrado baixo unha oliveira na súa localidade natal.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Referencia

[editar | editar a fonte]
  1. Mon dernier soupir, (1982), DeBolsillo, Barcelona, 2003. ISBN 84-9759-504-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]