[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Carmen Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen Sevilla

(1955) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen García Galisteo Editar o valor en Wikidata
16 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Heliópolis, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 2023 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCarmen Sevilla Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, presentadora de televisión, cantante, bailarina Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata - 2011 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión Española
Canal Sur Televisión
Ràdio Televisió Valenciana
Antena 3
Telecinco Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoPhilips
Belter (pt) Traducir
EMI Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVicente Patuel (1985–2000), morte do cónxuxe
Augusto Algueró (1961–1974), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosAugusto José Algueró García
 () Augusto Algueró Editar o valor en Wikidata
PaiAntonio García Padilla Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé García Galisteo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0786443 Allocine: 25048 Rottentomatoes: celebrity/carmen_sevilla
BNE: XX1124636 Musicbrainz: 446c2271-a046-4b51-a98d-2c10daffea00 Discogs: 2093708 Editar o valor en Wikidata

María del Carmen García Galisteo, coñecida artisticamente como Carmen Sevilla, nada en Sevilla o 16 de outubro de 1930 e finada en Madrid o 27 de xuño de 2023,[1] foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desde moi nova imbuída no mundo artístico, foi filla de Antonio García Padilla, alias "Kola", letrista musical e neta de José García Rufino. Iníciase no cante e baile flamenco sendo aínda unha nena, e con tan só doce anos sóbese por primeira vez a un escenario, na Compañía de Estrellita Castro, co espectáculo Rapsodia española, xunto a Paquita Rico e Ana Esmeralda. De aí pasa ás Compañías do Príncipe Gitano e de Paco Reyes.

En 1947 debuta no cine coa película Serenata española, de Juan de Orduña e tan só tres anos despois consegue o seu primeiro papel protagonista en Jalisco canta a Sevilla, onde comparte créditos con Jorge Negrete.

Época de esplendor: Anos cincuenta

[editar | editar a fonte]

Os anos cincuenta consolídana como unha das actrices máis destacadas no panorama artístico español. Emparellada cinematograficamente, ao principio da década, con Luis Mariano, pronto comeza a brillar con luz propia, protagonizando un tras outro, títulos que a van situando entre as favoritas do público. Alcumada "A noiva de España", convértese finalmente nunha das máis importantes estrelas do cine e da canción en España, xunto a Lola Flores e Sara Montiel.

Durante eses anos de esplendor protagoniza, entre outras, Cuentos de La Alhambra (1950), de Florián Rey, La hermana de San Sulpicio (1952), de Luis Lucia, Violetas Imperiales (1952), de Richard Pottier, La fierecilla domada (1955), de Antonio Román, La venganza (1957), de Juan Antonio Bardem (primeira película española candidata ao Óscar á Mellor Película de fala non inglesa), Pan, amor y Andalucía (1958), de Javier Setó ou El balcón de la luna (1962), xunto ás súas amigas Lola Flores e Paquita Rico. Fai ata incursións no cine anglosaxón e interpreta un pequeno papel en King of Kings de Nicholas Ray, no papel de María Madalena.

Durante todo ese tempo compaxina o cine con espectáculos musicais e, a partir da chegada da televisión a España, en 1956, con continuas aparicións no novo medio.

Anos sesenta e setenta

[editar | editar a fonte]

O 23 de febreiro de 1961 contrae matrimonio na basílica do Pilar co compositor Augusto Algueró, con quen ten ao que será o seu único fillo, Augusto. A partir de 1969 intentou relanzar unha carreira cinematográfica que comezaba a languidecer e adopta un novo rexistro, con papeis máis dramáticos e unha estética pseudo-erótica, habitual na época, que lle leva a protagonizar títulos como Enseñar a un sinvergüenza (1969), de Agustín Navarro, Un adulterio decente (1971), de Rafael Gil, La cera virgen (1971), de José María Forqué, No es bueno que el hombre esté solo (1972), de Pedro Olea, La loba y la paloma (1973), de Gonzalo Suárez ou Nosotros los decentes (1978), de Mariano Ozores. Protagoniza, ademais, Marco Antonio y Cleopatra (1972), xunto a Charlton Heston. En 1978 roda a súa última película.

O 5 de setembro de 1985 en Arcos de la Frontera volve contraer matrimonio co empresario Vicente Patuel e retírase dos escenarios para levar unha vida afastada dos focos nunha leira rural dedicada á cría de ovellas.

Etapa en televisión: 1990-2010

[editar | editar a fonte]

Telecinco

[editar | editar a fonte]

Con todo, en 1991 Valeriu Lazarov, entón director da recentemente creada cadea de televisión, Telecinco, convéncea para porse de novo ante unha cámara, nesta ocasión como presentadora. Iníciase, deste xeito, unha nova etapa na súa carreira, cando durante seis anos presenta o programa diario Telecupón na mencionda cadea de televisión. Os seus continuos descoidos e erros ante a cámara nun espazo que se emite en directo, fana ser pronto obxecto de imitacións por humoristas como Martes y 13. Na súa etapa en Telecinco, Carmen Sevilla presentou Galas, Espectáculos e distintos programas de variedades, como Se acabó la siesta (1992), con Laura Valenzuela e Agustín Bravo, Date un respiro (1993), Mañana serán estrellas (1993), con Manolo Escobar, ¿Se puede? (1993-1994) e En directo contigo (1995), xunto a Belén Rueda.

En 1999 inténtase relanzar a súa carreira como actriz e protagoniza en Antena 3 a telecomedia Ada Madrina, xunto a Jesús Puente e a modelo Mar Flores. Con todo, a serie non calla entre a audiencia, e é retirada pouco logo da súa estrea. Presentou tamén nesta cadea o programa La noche de Carmen, con notable éxito.

A finais de 2004, cando Televisión Española decide rescindir o contrato que mantén con José Manuel Parada, presentador do programa sobre cine español, Cine de barrio, Carmen Sevilla é reclamada para substituílo, e desde entón asómase todas as semanas á pantalla á fronte deste espazo de evocación e nostalxia no que se emiten vellas películas do cine español.

Entre 2005 e 2006 participou na segunda edición do exitoso programa ¡Mira quién baila!, tamén en Televisión Española.

O 14 de decembro de 2010, gravou o que sería o seu último programa. A actriz foi substituída por Concha Velasco.[2]

Enfermidade, retirada da vida pública e morte

[editar | editar a fonte]

En 2010, Carmen Sevilla abandonou repentinamente o programa Cine de barrio, sendo substituída por Concha Velasco. Tras isto, abandonou por completo a vida pública. Unha retirada tan abrupta dos medios fixo presaxiar que algo non ía ben, ata que en abril de 2012, saltou aos medios a noticia de que a artista, do mesmo xeito que a súa nai, padecía a enfermidade de Alzhéimer (que lle foi diagnosticada en 2009).[3][4][5] A súa última aparición pública foi o día do seu 81 aniversario á porta da súa casa, facendo unhas declaracións aos medios, nos cales detectouse certa incoherencia nas súas palabras, como primeiro síntoma notorio da enfermidade que lle estaba quitando aos poucos a memoria.[3]

O 27 de xuño de 2023, faleceu en Madrid aos noventa e dous anos de idade, por mor de complicacións de saúde derivadas pola súa enfermidade.[6][7][5]

  • Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos (1955), por La fierecilla domada.
  • Premio do Sindicato Nacional do Espectáculo (1956), por La fierecilla domada.
  • Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos (1970), por El techo de cristal.
  • TP de Ouro (1993), á súa traxectoria profesional.
  • Membro honorífico do club Megatrix (1998).
  • Medalla de Andalucía (1999).
  • Medalla de ouro ao Mérito no Traballo (2002).
  • Medalla de ouro ao Mérito nas Belas Artes (2004).
  • Premio Júbilo (2007).
  • Micrófono de ouro (2009).
  • Estrela no Paseo de la Fama de Madrid (2011).[8]
  • Toda una vida de cine (Comunidade de Madrid) (2011).
  • Medalla de ASECAN (2012)
  1. Palomo, Miguel Ángel (27 de xuño de 2023). "Muere la actriz, cantante y presentadora Carmen Sevilla a los 92 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 2023. 
  2. Concha e Carmen, cara a cara Diario ABC. 14 de xaneiro de 2011. Visto o 30 de xaneiro de 2011.
  3. 3,0 3,1 "Carmen Sevilla podría tener alzheimer". web.archive.org. 2012-09-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  4. "La lucha de Carmen Sevilla: «No reconoce a nadie, tampoco a su hijo»". VerTele!. 16 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2023. Consultado o 28 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 "Muere Carmen Sevilla, la actriz y mito de las mil vidas". El Mundo. 27 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2023. Consultado o 28 de xuño de 2023. 
  6. "Fallece la actriz Carmen Sevilla a los 92 años". Europa Press. 27 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2023. Consultado o 28 de xuño de 2023. 
  7. "Muere Carmen Sevilla, adiós a una estrella de cercanías". ABC. 27 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2023. Consultado o 28 de xuño de 2023. 
  8. Picazo, Irene (23 de xaneiro de 2023). "Los actores que acaban de estrenar una estrella en el Paseo de la Fama de Madrid". LaSexta. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]