[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Banteng

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banteng
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Xénero: Bos
Especie: B. javanicus
Nome binomial
Bos javanicus
d'Alton, 1823
Rango de distribución verde: presente vermello: posible rango de presenza
Rango de distribución
verde: presente
vermello: posible rango de presenza

Rango de distribución
verde: presente
vermello: posible rango de presenza
Subespecies
Sinonimia
  • Bos birmanicus Lydekker, 1898
  • Bos lowi Lydekker, 1912

O banteng[2] (Bos javanicus) é unha especie de bovino salvaxe orixinaria dos montes do sueste asiático.[3] Polo seu aspecto lembra bastante ao gaur, pero diferénciase deste en que é máis baixo e pequeno, cunha chepa máis pronunciada.

A pelame é castaña escura nos machos, podendo chegar a case negro nalgúns exemplares, mentres que as femias (de menor tamaño e cornos máis pequenos) teñen unha pelame parda clara ou arroibada. Como os gauros, viven en mandas e aliméntanse de herbas, follas de árbores e arbustos, así como dos rebentos dos bambús.

Na actualidade atópanse tanto en estado salvaxe como doméstico, sendo coñecido neste caso como touro de Balí (aínda que non é exclusivo desta illa). Os seus depredadores principais son os cuóns, tigres e leopardos.

A distribución do banteng esténdese por Indochina, Malaca, Sumatra, Xava e Borneo. Estímase que o número de bantengs domésticos é dun millón e medio, mentres que só deben quedar entre 5,000 e 11,000 en estado salvaxe.

O banteng como animal doméstico

[editar | editar a fonte]

Crese que o banteng foi domesticado en 3500 a. C. en Indonesia, e críase tanto para vesar a terra, como para carne e coiro.

A variedade domesticada do banteng (Bos javanicus domesticus) foi introducida como gando cárnico en lugares máis aló do sueste asiático, como Australia, Filipinas e Nova Guinea. Crese que a poboación do banteng na Península de Coburg, en Australia, conta con máis de 8,000 individuos, a pesar de que estes animais son gando asilvestrado e considerados como unha praga.

Un banteng no Santuario Huai Kha Khaeng, Tailandia.

Clonación

[editar | editar a fonte]

En 2003, xa en perigo de extinción, o vicepresidente do Medical Scientific Development de Worcester, Robert Lanza, anunciou que clonaran con éxito un banteng.[4][5]

  1. Timmins, R.J., Duckworth, J.W., Hedges, S., Steinmetz, R. e Pattanavibool, A. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "Definición de "banteng"". DIGALEGO. 
  3. Scherf, Beate (1995). World Watch List for Domestic Animal Diversity. FAO. 
  4. Zitner, Aaron (8 de abril de 2003). "Scientists Clone Banteng in Effort to Save Dying Species". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  5. Michio, Kaku (2015). "El futuro de la medicina". La física del futuro (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial. p. 224. ISBN 978-84-9989-883-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]