[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Lavandeira (mitoloxía)

seres mitolóxicos

As lavandeiras son uns seres fantásticos da mitoloxía galega, que tamén se poden observar en Asturias (chamadas "les llavanderes" en asturiano[1]), Cantabria, a Bretaña francesa e Irlanda.

Lavandeiras, imaxinadas por unha intelixencia artificial.
As lavandeiras da noite, cadro do pintor bretón Yan' Dargent.

Adoptan a forma de mulleres vellas, engurradas, secas, de pelo longo e brando e vestidos negros. Son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos, onde lavan sabas manchadas de sangue que nunca desaparece. De acotío aparecen cando a vida de alguén dos arredores se atopa entre a vida e a morte, presaxiando o próximo pasamento deste.

Dise delas que son mulleres que morreron no parto,[2] ou que abortaron ou que deixaron morrer os seus fillos sen bautizalos. Tamén se di que eran mulleres que foron lavar ó río en domingo, e foron arrastradas polos espíritos das augas.

Piden axuda ós vivos para escorrer as súas sabas, mais estas deben retorcerse ó contrario que a lavandeira. Se o fan no mesmo sentido que elas, este encontro podería traer mala sorte, mesmo a morte.[3]

En 1904, Casto Sampedro Folgar recolleu en Cerdedo (Pontevedra) un romance popular que narra este encontro. Unha moza que viña de volta dunha muiñada atopouse cunha lavandeira que lle pide axuda para retorcer as sabas que estaba a lavar. A moza, asustada, invoca á Virxe e a San Lourenzo e a lavandeira esfúmase, deixando no chan unha poza de sangue.[4]

  1. Noceda, Rafael Cascudo (2003). Xunta de mitos (en castelán). Academia Llingua Asturiana. ISBN 9788481683226. 
  2. Críase que a morte no parto era unha morte prematura e, se non se lavaba ben toda a roupa dela e a da cama, o espírito da morta regresaría, para lavala, durante tódolos anos que lle faltaran ata o momento da súa morte natural.
  3. "Mitología Gallega". Ekiria (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 2018-06-03. 
  4. Vítor Vaqueiro, px. 251.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar