[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Lingua asturiana

lingua romance do grupo ibérico occidental

O asturiano[2] (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias[3]. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.

Asturiano
asturianu
Falado en: Asturias
Total de falantes: 550.000 (100.000 de lingua materna)
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Asturleonés
        Asturiano
Status oficial
Lingua oficial de: Non é oficial. Recoñecido en Asturias.
Regulado por: Academia de la Llingua Asturiana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ast
SIL: ast
Mapa
Status

O asturleonés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable[4][5], pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". Os procesos de normativización e estandarización da lingua lévaos a cabo a Academia de la Llingua Asturiana.

Academia de la Llingua Asturiana, Oviedo.

Clasificación

editar

Forma parte do subgrupo ibero-románico nomeado asturleonés, formado polo asturiano, o leonés e o mirandés. Segundo a clasificación, é unha lingua indoeuropea, itálica, romance e iberorromance.

Falantes

editar

Segundo o estudo Los Asturianos y la Lengua Asturiana. Estudio Sociolingüístico para el Principado de Asturias (Oviedo, 1994), do profesor da Universidade do País Vasco Francisco Llera Ramo, en Asturias habería 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Nese estudo cóntanse uns 50.000 falantes de asturiano central, 30.000 de occidental e 20.000 de oriental.

Extensión

editar
 
Áreas lingüísticas de Asturias atendendo a criterios exclusivamente científicos.

O dominio do asturiano esténdese por todo o territorio, se ben na franxa máis occidental de Asturias se fala galego de Asturias, aínda que o goberno asturiano e a Academia de la Llingua Asturiana prefire denominalo galego-asturiano.

Vogais

editar

O sistema vocálico do asturiano distingue cinco fonemas, con tres graos de abertura (mínima, media e máxima) e tres posicións de articulación (central, anterior e posterior).

anteriores (palatais) centrais posteriores (velares)
vogais pechadas (apertura mínima) i - u
vogais medias (apertura media) e - o
vogais abertas (apertura máxima) - a -

Consoantes

editar
labiais dentais alveolares palatais velares
oclusivas xordas p t - t͡ʃ k
oclusivas sonoras b d - ʝ g
fricativas f θ s ʃ -
nasais m - n ɲ -
laterais - - l ʎ -
vibrantes - - ɾ / r - -
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Informe da Real Academia Galega sobre o galego de Asturias e a súa oficialidade na reforma do estatuto de autonomía do Principado", páx. 1, academia.gal
  3. O artigo 1 da Lei de Promoción e Uso do Asturiano dispon: "O asturiano, como lingua tradicional de Asturias, gozará de protección. O Principado de Asturias promoverá o seu uso, difusión e ensino"
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bable.
  5. "Bable" é un termo acuñado no século XVIII nos ambientes cultos, para denominar á lingua vernácula de Asturias e que na actualidade adquiriu un significado despectivo ao ser usado por sectores sociais contrarios á normalización do idioma.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.