[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

As banshees (//ˈbænʃiː//, do irlandés bean si, ‘muller dos túmulos’) forman parte do folclore irlandés desde polo menos o século VIII. Son espíritos femininos que, segundo a lenda, aparécense a unha persoa para anunciar cos seus prantos ou berros a morte dun parente próximo. Son consideradas fadas e mensaxeiras do alén.

Obra de Henry Meynell Rheam, interpretado como unha banshee[1]

Crese que as aos si (‘persoas dos túmulos’, ‘persoas de paz’) son remanentes de deidades, espíritos da natureza ou os devanceiros venerados polos escotos antes da introdución do cristianismo. Algúns teósofos[2] e cristiáns celtas refírense a estas como «elementais» ou algún tipo de anxos.

Tamén son criaturas sobrenaturais que ao gritar causan desastres. A lenda atribúelles o poder de romperlle os tímpanos a calquera persoa que se lles cruce co seu poderoso berro.

Etimoloxía

editar

A palabra banshee é o resultado da anglización do gaélico irlandés bean sídhe ou bean si, que significa «muller dos túmulos feéricos» ou «muller de paz». Son meigas doídas pola perda dalgunha persoa moi próxima a elas. Ambos os nomes proveñen do irlandés antigo ben sídhe: bean 'muller' e sídhe 'dos túmulos'. Algúns consideran que a bean nighe (‘lavandeira’) é o equivalente escocés da banshee irlandesa. Con todo, a bean shìth é a homóloga lingüística e mitológica, e como tal preséntase en numerosas ocasións no folclore e a mitoloxía. A bean nighe é unha clase específica de bean shìth.[3] En gaélico escocés bean shìth tamén se pode escribir bean-shìdh. Síd en irlandés e sìth en gaélico escocés tamén queren dicir ‘paz’, e fálase tamén destas fadas como ‘persoas de paz’: aos si ou daoine-sìth.

Na mitoloxía galega hai unha figura coa mesma etimoloxía, as lavandeiras, e as mulleres dos túmulos son chamadas mouras.[4]

Mitoloxía e folclore

editar

Cada banshee dedicábase exclusivamente a unha das grandes familias irlandesas cuxos apelidos contiñan os prefixos Mac ou O', ás que servían durante séculos e séculos, aínda que só aparecen cando un membro da familia está a piques de morrer.

Tradicionalmente, cando unha persoa morría, unha muller cantaba un queixume no funeral. Estas mulleres eran coñecidas como keeners (pranxideiras e choradeiras en Galiza e Portugal[5]); as mellores keeners serían as máis solicitadas. A lenda conta que en cinco grandes familias gaélicas -os O'Gradys, os O'Neills, os O'Briens, os O'Conchobhairs e os Caomhánachs- o queixume era gritado por unha muller-fada. Ela gritaría o queixume cando un membro da familia morrese, mesmo si a persoa morrera lonxe e a noticia da súa morte non chegase aínda, de forma que o berro da banshee constituía a primeira evidencia que tería a familia da morte.

Posteriormente díxose que as banshees mostraban o seu respecto cara aos defuntos gritando ou lamentándose debaixo da xanela do moribundo e ás veces elevándose polo aire até varios pisos de altura para poder facelo. Se varias banshees aparecen á vez, anuncian a morte dun personaxe importante, mesmo de carácter sacro.

 
The Banshee Appears, gravado de 1862 de R. Prowse

unha banshee pode tamén permanecer a certa distancia como unha figura solitaria que anuncia a morte, paseando polos outeiros que circundan a casa da familia, ou sentada sobre un muro de pedra. Ás veces non é visíbel, pero os seus berros penetrantes non deixan lugar a dúbidas respecto da súa presenza.

Características

editar

As Banshee sempre son mulleres e as súas características máis comúns son:

  • Cabelo moi longo e abundante (roxo, castaño, negro ou branco)
  • Mans con unllas longas.
  • Un vestido que vai desaparecendo na parte inferior polo que non ven as súas pernas, xeralmente de cor branca ou gris.
  • Escoita voces na súa cabeza
  • Ten un berro característico
  • Ás veces predín a morte por soños

Aibhill

editar

A banshee máis famosa da antigüidade chamábase Aibhill e roldaba á familia real dos O'Brien[6]. Segundo conta a lenda, o ancián rei Brian Boru partiu cara á batalla de Clontarf en 1014 sabendo que non sobreviviría, pois Aibhill presentáraselle a noite anterior lavando a roupa dos soldados até que toda a auga se volveu roxa.[7]

editar

Videoxogos

editar
  • No videoxogo de rol masivo Tibia a banshee é unha criatura terrorífica non morta.
  • Na serie de videoxogos Castlevania as banshees aparecen como inimigos.
  • No xogo World Of Warcraft atópase a xefa de guerra é coñecida como "the Banshee Queen".
  • No Ragnarok Online pódense atopar Banshees no Mosteiro Encantado e na Illa sen Nome.
  • En Fable II, como espírito malvado en WrairtMarsh.
  • No xogo Order And Chaos pódense atopar Banshees en diversos mapas do xogo.
  • No xogo videoxogo de rol masivo Celtic Heroes faise referencia ao pranto de banshee.
  • No xogo para móbiles de Geewa, Smashing Four, existe un personaxe feminino chamado Banshee.
  • No xogo para PC, Xbox One e PS4 Warframe Banshee é unha das armaduras que o xogador pode escoller.
  • No xogo para PC, Xbox 360 e PS3 Mass Effect 3 chámaselle banshee ás asaris convertidas.
  • No videoxogo League of Legends existe un obxecto chamado Veo da Banshee.
  • Na saga de videoxogos Halo, unha das naves da coalición do Covenant chámase Banshee.
  • Aparece o nome "banshee" nun dos autos do xogo Grand Theft Auto.
  • No xogo The Witcher, aparecen diferentes tipos de banshee.
  • Sindel, personaxe de Mortal Kombat, posúe características parecidas a unha banshee como o cabelo longo e un ataque chamado "Berro de Banshee".
  • No videoxogo Starcraft II, as banshee son unidades aéreas para a raza Terran.
  • No videoxogo Miitopia, as banshee son inimigos comúns en diversos mapas.
  • No videoxogo de PC Phasmophobia, banshee é un dos tipos de pantasma que podes atopar.

Películas e series

editar
  • En Darby Ou'gill and the little people, filme de Walt Disney de 1959, o vello Darby escorrenta a unha Banshee evitando, grazas ao seu terceiro desexo concedido polo rei Brian (rei dos trasgos "little people"), que a carroza da morte leve o espírito da súa filla Katie, tomando el o seu lugar.
  • Na serie Charmed, faise referencia á banshee cando Phoebe se converte nunha delas.
  • Na serie Supernatural aparece unha banshee como antagonista, no episodio 11 da 11ª tempada, que ataca á noite á persoa que considere máis débil, producíndolle un aturdimento con berros que só a vítima pode ouvir.
  • Na serie animada Ruby Gloom un dos personaxes principais, Misery é unha banshee.
  • Na serie Monster High, hai unha banshee chamada Scarah Screams.
  • En Teen Wolf, Lydia Martin, unha das protagonistas, descobre que é Banshee tras ser mordida por un lobisome Alfa.
  • No capítulo 7 da serie American Gods faise referencia ás banshee na narración de Mr. Ibis.
  • No capítulo 15 da terceira tempada da serie Sleepy Hollow, os protagonistas enfróntanse a unha banshee.
  • No capítulo 45 da serie Gargoyles aparece unha Banshee, cando Goliath, Elisa, Bronx e Angela chegan a Irlanda.
  • Nun capítulo de As arrepiantes aventuras de Sabrina hai unha banshee diante da casa anunciando a morte dunha familiar.
  • Na curtametraxe Mate and the Ghostlight de PIXAR Screamin' Banshee é un dos personaxes.
  • Scream of the Banshee é un telefilme de 2011
  • Banshee é unha serie de 2013 dirixida por David Schickler.

Libros e banda deseñada

editar
  • No libro da escritora Cassandra Clare, Cazadores de sombras, As Crónicas de Magnus Bane, Magnus diríxese cara á pequena Clary Morgenstern chamándolle Banshee, porque os seus berros son moi fortes.
  • En Harry Potter e a cámara secreta, o profesor Gilderoy Lockhart alardea numerosas veces de ter vencido a unha banshee.
  • En Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban, o boggart (ser que toma forma dos medos da persoa en fronte súa) usado na clase de Defensa contra as Artes Escuras, o profesor tomou forma dunha banshee ante o alumno Seamus Finnigan ao porse fronte ao boggart. Cando comezou o berro, Seamus deixouna muda grazas a un encantamento.
  • Na banda deseñada da editorial DC Comics, Siobhan Smythe convértese na vilá Silver Banshee por mor dunha maldición. É inimiga de Superman e Supergirl.
  • No manga-anime Mahō Tsukai non Yome, Silky, un personaxe principal da serie, é unha banshee.
  • Nos cómics de Marvel hai dous mutantes chamados Banshees integrantes dos equipos de X-Men.
  • No xogo de baralla de Yu-Gi-Oh! hai varias cartas baseadas en banshees.

Música

editar
  1. Elia, Raoul (2020-05-30). "I mostri dell’immaginario puntata 6: La Banshee". CSBlog (en italiano). Consultado o 2022-04-07. 
  2. "HP-Blavatsky-Theosophical-Glossary" (PDF). theosophy-ult.org.uk. 
  3. John Gregorson Campbell: The gaelic otherworld, pág. 311. [1902]. Editado por Ronald Black. Edinburgo: Birlinn, 2005. ISBN 1-84158-207-7.
    «A bean shìth is any otherworld woman; the bean nighe is a specific otherworld woman» (‘Una bean shìth es cualquier bruja del otro mundo; la bean nighe es una bruja específica del otro mundo’).
  4. "Xornadas de Literatura Oral: Mouras e mouros" (PDF). www.aelg.gal. 
  5. "Iconografía de la plañidera en el mundo antiguo y medieval de Galicia y norte de Portugal" (PDF). rudesindus.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2022. Consultado o 07 de abril de 2022. 
  6. weebush (2021-01-19). "Banshees". Ireland's Lore and Tales (en inglés). Consultado o 2022-04-07. [Ligazón morta]
  7. Comercial (2019-01-16). "Mitos y leyendas: Banshees, las emisarias de la muerte". Muy Interesante (en castelán). Consultado o 2022-04-06. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lysaght, Patricia (1986). The banshee: The Irish death-messenger. Boulder, Colorado: Roberts Rinehart. ISBN 978-1-57098-138-8.
  • Sorlin, Évelyne (1991). Cris de vie, cris de mort: lles fées du destin dans lles pays celtiques. Helsinqui, Suomalainen Tiedeakatemia.