[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Vivir sin permiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vivir sin permiso
Creado porAitor Gabilondo
IntérpretesJosé Coronado
Álex González
Pilar Castro
Claudia Traisac
Giulia Charm
Pol Monen
Ricardo Gómez
Leonor Watling
Patrick Criado
Luis Zahera
Àlex Monner
Ledicia Sola
Unax Ugalde
María Guinea
Xabier Deive
Daniel Currás
Camila Bossa
Mercedes Castro
Carmela Martins
Paula Pier
Manuel Cortés
Edgar Vittorino
País de orixeEspaña
Episodios26 (13 por tempada)
Produción
Duración75 min
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco
Primeiro episodio24 de setembro de 2018
Na rede
https://www.telecinco.es/vivirsinpermiso/
IMDB: tt6970700 Allocine: 21947 Rottentomatoes: tv/unauthorized_living
Facebook: VSPserie Twitter: VSPserie Instagram: vspserie Netlix: 80241001 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vivir sin permiso é unha serie de televisión española producida por Mediaset España en colaboración con Alea Media para Telecinco. Está rodada en Galicia e ambientada nun relato do escritor Manuel Rivas -Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018)[1]-, sobre o pasado e presente do narcotráfico na costa galega.[2]

Nemesio 'Nemo' Bandeira (José Coronado) é un home que se enriqueceu no pasado con actividades ilegais pero que conseguiu branquear a súa traxectoria ata erixirse nun dos empresarios máis influentes de Galicia, a través dunha importante compañía conserveira. Cando a Nemo lle diagnostican alzheimer, tratará de ocultar a súa enfermidade para non mostrarse vulnerable mentres pon en marcha o proceso para elixir o seu sucesor, o que provoca unha hecatombe na familia. Os seus dous fillos lexítimos que nunca tiveron interese algún polos negocios, Nina (Giulia Charm) e Carlos (Àlex Monner), de súpeto tentan demostrar que cada cal é o candidato máis adecuado. O seu afillado, o brillante e implacable avogado Mario Mendoza (Álex González), é obxectivamente o máis preparado, aínda que carece de algo vital: levar o mesmo sangue que o seu padriño. Ao saber que Nemo non o contempla como herdeiro do imperio, poñerá en marcha o seu propio plan sen abandonar o seu encantador sorriso, o que o converterá no máis perigoso e desapiadado dos seus inimigos.

Localizacións

[editar | editar a fonte]

A serie será rodada integramente en Galicia e a súa costa, creando así a ficticia comarca galega de Oeste. As impoñentes paisaxes, as xentes, os costumes, a gastronomía, o mar, o clima, as cores e a singular atmosfera de Galicia son parte fundamental da historia e imprimiren carácter á atmosfera e á estética da produción. O Pazo Toxeiriña en Moraña, enclaves históricos do Salnés, A Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa, o porto de Vigo, Santiago de Compostela e o porto de Ribeira foron as localizacións onde se desenvolveu a rodaxe.[3]

Repartimento

[editar | editar a fonte]

Papeis principais:

Secundarios:

Tempadas e episodios

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 13 24 de setembro de 2018 17 de decembro de 2018 2 700 000 19,0%
2 13 2019 2019
Total 26 24 de setembro de 2018

O primeiro episodio da serie estreouse simultaneamente en 5 canles do grupo Mediaset España: Telecinco, FDF, Energy, Divinity e Be Mad logrando un share de 22,3% (3 047 000) simultáneo. As audiencias do primeiro episodio foron; Telecinco: 2 590 000 (19,0%) ; Energy: 148 000 (1,1%), FDF: 147 000 (1,1%), Divinity: 128 000 (0,9%) e BeMad: 34 000 (0,2%).

N.º

(serie)

N.º

(temp.)

Título Director(es) Data de emisión Audiencia
1 1 «¡Llamadme Nemo!» Marc Vigil 24 de setembro de 2018 2 590 000 (19,0%)[4]
2 2 «El valor de la palabra» Marc Vigil 1 de outubro de 2018 2 638 000 (18,1%)[5]
3 3 «Tiburones y otros peces» Óskar Santos 8 de outubro de 2018 2 847 000 (19,6%)[6]
4 4 «La bofetada» Alfonso Arandia Loroño 15 de outubro de 2018 2 744 000 (18,3%)[7]
5 5 «Lejos de aquí» Miguel Ángel Vivas 22 de outubro de 2018 2 707 000 (19,3%)[8]
6 6 «Aires de cambio» Óskar Santos 29 de outubro de 2018 2 606 000 (19,6%)[9]
7 7 «Si estás perdiendo tu alma» Alfonso Arandia Loroño 5 de novembro de 2018 2 684 000 (18,5%)[10]
8 8 «Sacrificios» Miguel Ángel Vivas 12 de novembro de 2018 2 533 000 (17,4%)[11]
9 9 «Una familia unida» Óskar Santos 19 de novembro de 2018 2 741 000 (19,1%)[12]
10 10 «Incapaces» Alfonso Arandia Loroño 26 de novembro de 2018 2 601 000 (18,1%)[13]
11 11 «Un día para no olvidar» Marc Vigil 3 de decembro de 2018 2 756 000 (19,6%)[14]
12 12 «La sangre es la sangre» Alfonso Arandia Loroño 10 de decembro de 2018 2 787 000 (19,8%)[15]
13 13 «Tus amigos no te olvidan» Óskar Santos 17 de decembro de 2018 2 868 000 (20,2%)[16]

Reportaxes asociadas

[editar | editar a fonte]

Na súa emisión en Telecinco, os primeiros episodios da serie foron acompañados dunha serie de reportaxes relacionadas co narcotráfico nas rías galegas.

  • Los narcos que vivieron del mar
  • España mira a La Meca
  1. "Ficha de libro en Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-01-08. 
  2. FormulaTV (12 de maio de 2017). "'Vivir sin permiso', la nueva serie de José Coronado y Álex González sobre narcotráfico, en Telecinco". 
  3. FormulaTV (22 de novembro de 2017). "'Vivir sin permiso' inicia su rodaje con un destacado elenco de rostros y localizaciones gallegas". 
  4. 'Palmeras en la nieve' (19,4%) eclipsa el estreno de 'Vivir sin permiso' en Telecinco (19%)
  5. 'Vivir sin permiso' (18,1%), lo más visto del día, supera a "Palmeras en la nieve", que baja a un 12,7%
  6. 'Tu cara me suena' (20,1%) llega fuerte a los lunes y 'Vivir sin permiso' crece a un notable 19,6%
  7. 'Estoy vivo' (13,4%) mejora con su salto a los lunes frente al estupendo 18,3% de 'Vivir sin permiso'
  8. 'Estoy vivo' cede y anota un aceptable 11,2% frente a 'Vivir sin permiso' y su notable 19,3%
  9. 'Vivir sin permiso' repite máximo con un 19,6% frente a 'Estoy vivo', que sube y cosecha un 12,5%
  10. 'Vivir sin permiso' (18,5%) lidera la noche y saca casi ocho puntos de diferencia a 'Estoy vivo' (10,9%)
  11. 'Vivir sin permiso' lidera, pero baja a un 17,4% y 'Cuatro Weddings' se estrena con un buen 6,6%
  12. 'Vivir sin permiso' crece a un estupendo 19,1% frente a 'Estoy vivo', que baja a un 11,1%
  13. 'Vivir sin permiso' (18,1%) baja, pero mantiene su liderazgo frente a la subida de 'Estoy vivo' (11,9%)
  14. 'Vivir sin permiso' sube (19,6%) frente a 'Estoy vivo' (10,8%) y el fantástico estreno de 'Estrecho' (10,5%)
  15. 'Vivir sin permiso' sube y lidera con estupendo 19,8% frente al buen 11,9% de 'Estoy Vivo'
  16. 'Vivir sin permiso' (20,2%) marca máximo con su final y 'Estoy vivo' se despide subiendo a un buen 12,2%

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]