Wolfsburg
Epónimo | Wolfsburg Castle (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baixa Saxonia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.256 (2023) (621,94 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 67.975 (2019) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 204,61 km² | ||||
Bañado por | Mittellandkanal (pt) , Aller e Allersee (en) | ||||
Altitude | 63 m | ||||
Punto máis alto | Almke (en) (140 m) | ||||
Punto máis baixo | Ilkerbruch (54 m) | ||||
Comparte fronteira con | Helmstedt (pt) Rühen Tiddische (pt) Danndorf Groß Twülpstedt (pt) Velpke (pt) Königslutter am Elm Jembke (pt) Osloß Gifhorn (pt) Weyhausen Tappenbeck (pt) Calberlah Brome (en) Lehre (pt) | ||||
Creación | 1938 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Dennis Weilmann (mul) (2021–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38440, 38442, 38444, 38446 e 38448 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 05361, 05362, 05363, 05365, 05366, 05367 e 05308 | ||||
Código NUTS | DE913 | ||||
Número de municipio alemán | 03103000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Herzogenaurach (pt) Luton (pt) (1950–2004) Marignane (1963–) Provincia de Pesaro e Urbino (1975–) Saraxevo (1985–) Halberstadt (1989–) Tolyatti (1991–) Bielsko-Biała (1998–) Changchun (2006–) Puebla de Zaragoza (2010–) Dalian (2010–) Toyohashi (2011–) | ||||
Sitio web | wolfsburg.de | ||||
Wolfsburg é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, ao sur do río Aller e parte do canal máis largo de Alemaña, o Mittellandkanal.
A cidade está situada a 200 km de Berlín (unha hora en InterCityExpress), a 80 km de Hannover e na contorna da veciña Brunswick, cos que conforma a supra-rexión metropolitana de Hannover-Braunschweig-Göttingen-Wolfsburg. Ten unha poboación superior aos 127.000 habitantes distribuidos ao redor de 40 distritos, urbanos e rurais, é a quinta cidade en tamaño da Baixa Saxonia. [1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 1938 co nome de Stadt des KdF-Wagens (Cidade do Coche-KdF), siglas da organización nazi para o deporte e o lecer "Kraft durch Freude" (forza a través da alegría).[2] Ao remate da segunda guerra mundial, Wolfsburg toma o seu nome actual dun castelo próximo e a urbe experimenta unha explosión industrial e económica coa reapertura da sede central da compañía Volkswagen na cidade debido ao impulso de oficiais británicos, dado que a cidade permaneceu baixo a división da Alemaña occidental, en zona de ocupación británica. Foi entón cando se comezou a fabricar en serie o modelo escaravello, emblema da clase media alemá durante os tempos da República Federal de Alemaña (RFA).[3]
A partir dos anos cincuenta, en paralelo ao crecemento industrial e económico erguéronse edificiones notábeis hoxe na cidade como a Kulturhaus Alvar Aalto –centro cultural deseñado polo arquitecto finés e inaugurado en 1962–, o teatro concibido polo arquitecto alemán Hans Scharoun, aberto en 1973. O planetario e o Kunstmuseum, museo de arte contemporánea, obra dun estudo de arquitectura de Hamburgo.
Máis recientemente, a inicios deste século, abriuse o Autostadt, complexo recreativo que celebra o universo Volkswagen e recibe ao ano 2,2 millóns de visitantes[4]. Xa no 2005 o Phaeno, museo científico con aspecto de astronave, proxectado pola arquitecta angloiraquí Zaha Hadid. Co lema Da staunst du (“Asombrarate”), propón ao público 350 estacións interactivas sobre ciencia e técnica.[5]
A cidade conta cun estadio de fútbol, o VW Arena, sede do equipo local VfL Wolfsburg, campión da Bundesliga no ano 2009.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wolfsburg |