Hans Scharoun
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1893 Bremen, Alemaña |
Morte | 25 de novembro de 1972 (79 anos) Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha |
Lugar de sepultura | Waldfriedhof Zehlendorf (pt) |
Educación | Universidade Técnica de Berlín |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, deseñador, profesor universitario, urbanista |
Empregador | Universidade Técnica de Berlín Eugeniusz Geppert Academy of Fine Arts (en) |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Bernhard Hans Henry Scharoun , nado en Bremen o 20 de setembro de 1893 e finado en Berlín o 25 de novembro de 1972, foi un arquitecto alemán coñecido por deseñar a sala de concertos da Filharmónica de Berlín e a casa Schminke en Löbau. Foi un dos maiores expoñentes da arquitectura orgánica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde pequeno e tamén na súa etapa escolar en Bremerhaven, xa mostrara interese pola arquitectura. Realizou os seus primeiros deseños á idade de 16 anos, e xa aos 18 presentouse a un concurso para a modernización dunha igrexa.
En 1912 iniciou os estudos de arquitectura na Universidade Técnica de Berlín (naquel entón Königliche Technische Hochschule). Con todo, non chegou a terminar os seus estudos, xa que se alistou voluntario para servir durante a primeira guerra mundial. Traballou xunto co seu mentor Paul Kruchen nun programa de reconstrución da Prusia Oriental.
Ao rematar a guerra estableceuse como arquitecto na cidade de Breslau. Alí desenvolveu os seus primeiros proxectos e organizou varias exposicións, entre elas a primeira exposición do grupo expresionista Die Brücke.
Scharoun constitúe un caso absolutamente singular. Entre 1933 e 1945 envórcase, case obsesivamente, na realización dunha serie de casas unifamiliares, deseñando un total de vinte e seis proxectos. A vivenda unifamiliar constituía unha tipoloxía que apenas interesara a Hans Scharoun antes de 1933 nin lle interesou despois.
A dificultade de acceder a outros encargos ofreceuse como explicación máis habitual, mesmo polo propio Scharou, obviando de feito a existencia de numerosos encargos máis "escuros", como as numerosas residencias militares que construíu en Berlín e Bremerhaven no citado período. Fronte a estes últimos, a vivenda representa un campo de relativa liberdade, que posibilita o establecemento dunha liña de investigación persoal.
Foi nos seus principios expresionista e logo inclinouse cara ao lado racionalista.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1954 - Doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Berlín.
- 1954 - Premio Fritz Schumacher.
- 1955 - Premio das Artes de Berlín.
- 1958 - Medalla de bronce da Academia Libre das Artes de Hamburgo.
- 1959 - Großé Bundesverdienstkreuz (Grande Orde do Mérito Federal).
- 1962 - Senador honorífico da Universidade Técnica de Berlín.
- 1964 - Gran Premio do Bund Deutscher Architekten (Asociación dos arquitectos de Alemaña).
- 1965 - Doutor honoris causa pola Universidade de Roma.
- 1965 - Premio Auguste Perret.
- 1969 - Cidadán honorífico de Berlín.
- 1970 - Premio Erasmus.
De 1955 a 1968 foi presidente da Academia das Artes de Berlín occidental e posteriormente foi presidente honorario. Hans Scharoun foi membro fundador da sociedade berlinesa "Paul Hindemith".
Galería
[editar | editar a fonte]-
Edificio residencial, Weissenhof Estate, Stuttgart
-
Sala de música de cámara (dereita) e filharmónica de Berlín
-
Obra tardía de Scharoun: teatro de Wolfsburg, aberto en 1973
-
Romeo & Julia, apartamentos, Stuttgart-Rot (1954–59)
-
Salute, high-rise apartments, Stuttgart-Fasanenhof (1961–63)
-
Rauher Kapf, distrito residencial, Böblingen (1965)
-
Orplid, apartamentos, Böblingen (1971)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Scharoun |
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bürkle, J. Christoph: „Hans Scharoun”, Studio Paperback, Birkhäuser, Basilea, 1993, ISBN 3-7643-5581-6
- Genovese, Paolo Vincenzo, „Hans Scharoun, Scuola a Lünen”, Testo & Immagine, Turín, 2001.
- Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun — a monograph”, 1978, ISBN 0-900406-57-7
- Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun”, Londres 1993/1997, ISBN 0-7148-2877-7 (Hardback) ISBN 0-7148-3628-1 (Paperback)
- Jones, Peter Blundell; „Hans Scharoun: Buildings in Berlin”, 2002, ISBN 0-9714091-2-9
- Kirschenmann, Jörg C. und Syring, Eberhard: „Hans Scharoun”, Taschen Basic Architecture, Taschen, Colonia, 2004, ISBN 3-8228-2778-9 (en alemán)
- Bürkle, J. Christoph: „Hans Scharoun und die Moderne — Ideen, Projekte, Theaterbau”, Frankfurt am Main 1986
- Janofske, Eckehard: „Architektur-Räume, Idee und Gestalt bei Hans Scharoun”, Braunschweig 1984
- Jones, Peter Blundell: „Hans Scharoun — Eine Monographie”, Stuttgart 1980
- Kirschenmann, Jörg C. und Syring, Eberhard: „Hans Scharoun — Die Forderung des Unvollendeten”, Deutsche Verlags-Anstalt, Stuttgart 1993, ISBN 3-421-03048-0
- Pfankuch, Peter (Hrsg.): „Hans Scharoun — Bauten, Entwürfe, Texte”, Schriftenreihe der Akademie der Künste Band 10, Berlín, 1974, Neuauflage 1993, ISBN 3-88331-971-6
- Ruby, Andreas und Ilka: Hans Scharoun. Haus Möller. Colonia, 2004.
- Syring, Eberhard und Kirschenmann, Jörg C.: „Hans Scharoun — Außenseiter der Moderne”, Taschen, Colonia, 2004, ISBN 3-8228-2449-6
- Wendschuh, Achim (Hrsg.): „Hans Scharoun — Zeichnungen, Aquarelle, Texte”, Schriftenreihe der Akademie der Künste Band 22, Berlín, 1993, ISBN 3-88331-972-4
- Wisniewski, Edgar: „Die Berliner Philharmonie und ihr Kammermusiksaal. Der Konzertsaal als Zentralraum”, Berlín, 1993