Morgana en Esmelle
Morgana en Esmelle | |
---|---|
Título orixinal | Morgana en Esmelle |
Autor/a | Begoña Caamaño |
Cuberta | Edward Burne-Jones |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Literaria nº 308 |
Tema(s) | ciclo artúrico e feminismo |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2012 |
Formato | Rústica con lapelas |
Páxinas | 220 |
ISBN | 978-84-9865-412-7 |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Trama
[editar | editar a fonte]No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenevra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.
Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Camelot para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenevra non é tal, posto que Xenevra está namorada de Lancelot e Artur da súa irmá.
Narración
[editar | editar a fonte]A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.
A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso descrito por Álvaro Cunqueiro na terra de Miranda na obra Merlín e familia. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web de Editorial Galaxia.