Ordoño IV
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ordoño Alfonsez de León c. 925 Reino de Galicia |
Morte | 962 (Gregoriano) (36/37 anos) Córdoba, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Monarca do Reino de Galicia | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Outro | |
Título | Rei de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Urraca Fernandes de Castela |
Pais | Afonso IV de León e Oneca Sánchez de Pamplona |
Ordoño IV, fillo de Afonso IV e da raíña Oneca Sánchez de Pamplona, e pai de Bermudo II[1], foi rei de Galiza[2][3] entre os anos 958 e 960.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Após a expulsión de Sancho I o Craso, foi coroado rei en Santiago de Compostela, igrexa a prol da cal despachou varios documentos. Chegou ao trono co apoio da nobreza galega, en especial o do bispo Rosendo de Celanova, e do conde de Castela Fernán González.
Reinou nun período turbulento do Reino de Galiza marcado polo enfrontamento entre irreconciliables faccións nobiliarias galegas, castelás, asturianas ou da Terra de Foris. A imposibilidade de poñer orde nesta caótica situación granxeoulle unha pésima fama reflectida nas crónicas cristiás e musulmás. Determinada historiografía coñéceo como Ordoño IV o Mao.
No 958 casou con Urraca Fernández, filla do conde de Castela e viúva de Ordoño III, coa que tivo dous fillos, Bermudo e García. Este casamento, que procuraba o achegamento á nobreza castelá determinou o descontento de parte da nobreza galega.
Os fracasos na gobernación propiciaron que os mesmos que o apoiaran, entre eles San Rosendo, optasen pola volta de Sancho, no ano 959. Sancho entrou en Zamora co apoio das tropas musulmáns do califa Al-Hakam II. Ordoño refuxiouse en Castela até que Fernán González foi feito prisioneiro polo rei de Navarra García Sánchez.[4] Finalmente acudíu a Córdoba a solicitar a axuda militar do califa cordobés.[5] Segundo o tratado acadado, Ordoño compometíase a non levantarse contra o islam e a entregar do seu fillo García como refén.[4] Porén, apercibido Sancho, apresurouse a enviar tamén unha embaixada a Córdoba ofrecendo a súa vasalaxe. O monarca andalusí aviuse a recoñecer a Sancho como monarca a condición de que este desmantelase certas fortalezas próximas ao seu territorio. Ordoño faleceu pouco despois (no 962 ou 963) en circunstancias non esclarecidas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999):Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (3): 19–43.
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12): 74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
el príncipe infiel de Galicia Ordoño (citando a Ibn Idari)
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales (en castelán). CSIC. p. 158.
de la familia de los reyes gallegos
- ↑ 4,0 4,1 Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999):Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (3): 29.
- ↑ "Vídeo: Así foi a recepción do califa al-Hakam II ó rei Ordoño IV, tras perder o seu trono". Historia de Galicia. 2021-01-20. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. Instituto de estudos galegos Padre Sarmiento. pp. 158–159.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Ordoño IV. Un rei imposto polo partido galego. |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Sancho II |
Ordoño IV | Precede a: Sancho II |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |