Sancho I de León
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 935 |
Morte | 19 de decembro de 966 (30/31 anos) |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Lista de monarcas de León | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | político, rei |
Familia | |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Teresa Ansúrez |
Fillos | Ramiro III |
Pais | Ramiro II e Urraca Sánchez de Pamplona |
Irmáns | Tareixa Ramírez Ordoño III de León Elvira Ramírez |
Sancho I, o Craso, tamén coñecido como Sancho II,[1][2][a] finado no ano 966, foi rei de Galicia en dous períodos 956-958 e 960-966. [3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Ordoño III e fillo de Ramiro II, foi coroado na Catedral de Santiago de Compostela por Sisnando II de Iria.[5] Contou co apoio de parte da nobreza galega, pero foi basculando as súas alianzas cara ao conde castelán Fernán González e o Reino de Navarra. Isto provocou unha grande contestación, o que derivou no seu destronamento e a coroación de Ordoño IV en Santiago de Compostela. Nesta sublevación da aristocracia, aínda que tivo como foco principal Castela, foi de importancia a participación de nobres galegos.
Refuxiouse na corte de Navarra. Abd al-Rahman III acolleuno en Córdoba, onde o curou da súa extrema gordura grazas aos servizos do famoso médico e poeta xudeu Hadsai.
Entón, Sancho acudiu xunto da súa avoa, a raíña Toda de Navarra, a quen pediu axuda para recuperar o seu reino. Fixo un trato cos árabes Abd al-Rahman e Hasday ibn Saprut, que lle axudaron a tomar Zamora en 959. Máis tarde, co apoio da nobreza leonesa e navarra, expulsou do trono a Ordoño IV.
O rei tardou pouco en esquecerse do seu acordo cos musulmáns, que pasaron entón a apoiar a Ordoño IV, aínda que o seu enfrontamento non pasou esta vez dunhas cantas incursións de castigo. Nos últimos anos do seu reinado sucedéronse as rebelións nobiliarias e afianzouse a independencia dos condes casteláns e galegos.
Tentou aglutinar ao conxunto da nobreza galega co apoio de Rosendo de Celanova, a quen puxo á fronte da igrexa de Santiago, en substitución do bispo Sisnando, que foi encarcerado por orde de Sancho. Porén con el aparecen sobre todo os nobres leoneses de Monzón (os Ansúrez), Saldaña e Cea. Casou cunha dama da casa dos Ansúrez, Teresa. Intentou gañarse a confianza dos magnates galegos. Para iso desprazouse ás terras portucalenses con nulo éxito, xa que alí foi envelenado polo conde galaico-portugués Gonzalo Muñoz.
Deixou como herdeiro ao seu fillo de cinco anos Ramiro III, que non sería recoñecido en Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sendo Sancho Ordóñez o I.
- Referencias
- ↑ López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. p. 98. ISBN 84-96203-44-1.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do reino de Galiza (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 10. ISBN 978-84-92792-76-4.
- ↑ Sáez Sánchez, Emilio (1949). Notas y documentos sobre Sancho Ordoñez, rey de Galicia. p. 57.
serenissimus rex domno Santius, uniuerse urbe Gallecie princeps
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2016). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12): 74. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2020.
Sancho hijo de Ramiro (..) rey de Galicia (citando a Ibn Jaldún)
- ↑ Torna, Cilia (29 de marzo de 2024). "Sisnando, un arcebispo compostelán do século X ao servizo de Castela". Nós Diario. Consultado o 20 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Ordoño III e Sancho II. Uns reis enfrontados por Galiza. |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Ordoño III |
Sancho I de León | Precede a: Ramiro III |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |