[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Homo luzonensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homo luzonensis
Rango fósil: Plistoceno serodio 0,067 Ma-0,05 Ma

CCH1, un terceiro metatarsiano fósil de 67,000 anos atribuído a Homo luzonensis.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Tribo: Hominini
Xénero: Homo
Especie: H. luzonensis
Nome binomial
Homo luzonensis
Détroit et al., 2019

Homo luzonensis refírese ós restos fosilizados dun homínido que foron descubertos na cova do Callao, en Luzón, Filipinas no ano 2007 por Armand Salvador Mijares. Especificamente, o achado inicial consistiu nun único metatarso de 61 milímetros que, cando foi datado empregando datación radiométrica, descubriuse que tiña 67 000 anos de antigüidade,[1] é dicir do Plistoceno serodio.[2][3]

En 2019, nun artigo publicado na revista Nature describiu o "descubrimento de doce elementos homínidos adicionais que representan cando menos tres individuos que foron atopados na mesma capa estratigráfica da cova do Callao que o metatarso anteriormente atopado" e identificou os fósiles como pertencentes a unha nova especie, Homo luzonensis, sobre a base das diferenzas con outras especies do xénero Homo, incluíndo H. floresiensis e H. sapiens.[2][3]

  1. Redacción (10 de abril de 2019). GCiencia, ed. "Atopan en Filipinas unha nova especie humana, o “Homo luzonensis”". Consultado o 11 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Détroit, F.; Mijares, A. S.; Corny, J.; Daver, G.; Zanolli, C.; Dizon, E.; Robles, E.; Grün, R.; Piper, P. J. (2019). "A new species of Homo from the Late Pleistocene of the Philippines". Nature 568 (7751): 181–186. doi:10.1038/s41586-019-1067-9. 
  3. 3,0 3,1 Zimmer, Carl (10 de abril de 2019). The New York Times, ed. "A New Human Species Once Lived in This Philippine Cave - Archaeologists in Luzon Island have turned up the bones of a distantly related species, Homo luzonensis, further expanding the human family tree.". Consultado o 10 de abril de 2019.