Manot 1
Manot-1 é un cranio humano moderno atopado fóra de África, que data de hai aproximadamente 60.000 a 50.000 anos.
En 2008, durante os traballos de construción preto da aldea de Manot, na Alta Galilea, no norte de Israel, ao nordeste da cidade de Acre (Akko),[1] descubriuse a cova de Manot, e nela unha caveira única, que se considera inestimable para os arqueólogos. A descrición científica foi publicada en 2015.[2]
Proba a proposta científica de que os humanos modernos abandonaron o continente africano hai aproximadamente 60.000 a 70.000 anos. O cranio de Manot-1 está datado no 51.8±4.5 ou 54.7±5.5 anos.[3]
Este fragmento de cranio pertenceu a un parente próximo das persoas que se asentaron en Europa.
Grazas a el, os científicos puideron descubrir como eran os primeiros europeos. Os seus cerebros eran máis pequenos (hoxe o volume medio do cerebro é de 1400 mililitros, e en Manot-1 era de 1100 mililitros). A proxección redondeada na parte posterior da cabeza lembra tanto aos antigos europeos como aos fósiles africanos máis recentes. As análises detalladas do tamaño e da forma do endomolde Manot 1 indica unha anatomía moderna de Homo sapiens, a pesar da presenza dalgúns trazos primitivos. A calvaria de Manot 1 é máis semellante á H. sapiens do Paleolítico Superior posterior que ás poboacións levantinas anteriores de Skhul e Qafzeh. A data do Paleolítico Medio tardío de Manot 1 ofrece unha oportunidade para analizar os desenvolvementos recentes na morfoloxía e organización do cerebro humano.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ жизнь, Редакция журнала Наука и. "Первые сапиенсы не торопились в Европу". www.nkj.ru (en ruso). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ Hershkovitz, Israel; Marder, Ofer; Ayalon, Avner; Bar-Matthews, Miryam; Yasur, Gal; Boaretto, Elisabetta; Caracuta, Valentina; Alex, Bridget; Frumkin, Amos (2015-04). "Levantine cranium from Manot Cave (Israel) foreshadows the first European modern humans". Nature (en inglés) 520 (7546): 216–219. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/nature14134.
- ↑ "На пути из Африки в Европу? Новая находка в Израиле проливает свет на колонизацию сапиенсами Европейского континента". Антропогенез.РУ (en ruso). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ Grimaud-Hervé, Dominique; Albessard-Ball, Lou; Pokhojaev, Ariel; Balzeau, Antoine; Sarig, Rachel; Latimer, Bruce; McDermott, Yvonne; May, Hila; Hershkovitz, Israel (2021-11). "The endocast of the late Middle Paleolithic Manot 1 specimen, Western Galilee, Israel". Journal of Human Evolution 160: 102734. ISSN 1095-8606. PMID 32247528. doi:10.1016/j.jhevol.2019.102734.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gerhard W. Weber et al. Antes da masiva dispersión humana moderna en Eurasia: un cranio parcial de 55.000 anos da cova de Manot, Israel, 2019 (en inglés)