[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Australopithecus anamensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australopithecus anamensis
Rango fósil: Plioceno

Óso de A. anamensis na Universidade de Zúric
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Xénero: Australopithecus
Especie: A. anamensis
Nome binomial
Australopithecus anamensis
M.G. Leakey et al., 1995

O Australopithecus anamensis é unha especie do xénero Australopithecus.

Os primeiros restos, un úmero, descubriunos un equipo da Universidade Harvard durante unha campaña realizada nun estrato do Plioceno da rexión de Kanapoi no leste do lago Turkana en 1965. O exemplar asignouse na época a un Australopithecus de catro millóns de anos de antigüidade.

Pouca máis información houbo ata que en 1987 o arqueólogo canadense Allan Morton descubriu fragmentos dun exemplar nun outeiro parcialmente erosionado en Allia Bay preto do Lago Turkana, aínda así houbo que agardar seis anos para que Meave Leakey e Alan Walker excavaran Allia Bay e atoparan moitos fragmentos adicionais do homínido, incluída unha mandíbula inferior completa que lembraba a dun chimpancé (Pan troglodytes) pero cunha dentamia máis semellante á dun humano, con esmaltes grosos nos molares, o que indica unha alimentación con grans e froitos secos ademais de vexetais. En 1995 Meave Leaky e os seus compañeiros por mor das diferenzas entre o Australopithecus afarensis e os restos atopados, deron en asignar estes a unha nova especie A. amanensis, derivando o seu nome do vocábulo turkana anam (lago), cunha datación de 4 200 000 anos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]