[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

La que se avecina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La que se avecina
FormatoComedia
Creado porAlberto Caballero
Laura Caballero
Daniel Deorador
Tema de aperturaBig Bang Boka
País de orixeEspaña España
Episodios144
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Mediaset España
Alberto Caballero
Esther Jiménez
Produtor(es)Alba Adriática (2007-2010)
Infinia (2010-)
Duración85-95 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco
Formato de imaxe16:9 SDTV
Primeiro episodio22 de abril 2007
Derradeiro episodioactualidade
Na rede
http://www.telecinco.es/laqueseavecina
IMDB: tt0922037 Filmaffinity: 758886 Allocine: 5502
Facebook: laqueseavecina.serie Twitter: la_queseavecina Instagram: la_queseavecina Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

La que se avecina é unha serie de televisión española baseada no humor e producida por Mediaset España e Infinia[1] e emitida por Telecinco desde o 22 de abril de 2006 con bos rexistros de audiencia. A serie, que é unha adaptación da exitosa Aquí no hay quien viva, estreouse cun 28,8% de share e foi líder de audiencia en case todas as súas emisións durante a primeira tempada[2].

La que se avecina conta a historia da comunidade de veciños «Mirador de Montepinar», un bloque de apartamentos. A serie, que ten 144 capítulos nas súas dez tempadas, ademais dun especial de Nadal[3], foi emitida en varios días da semana desde o seu lanzamento. Un dos peores momentos da serie foi na súa segunda tempada, cando tivo que ser retirada temporalmente despois de dez episodios e de ser trasladados ao late night da cadea[4]. Actualmente, o equipo e a cadea están satisfeitos cos resultados da comedia, xa que chegou a superar en varias ocasións a moitas ofertas da competencia[5].

En marzo do 2014 acabou a sétima tempada, pero a serie xa está renovada por outra, que terá 16 episodios e será estreada en Telecinco.

Telecinco anunciou o 2 de xuño de 2006, que chegara a un acordo para adquirir o 15% da produción de José Luis Moreno Miramón Mendi , por 11 millóns de euros[6]. A declaración significa que, cando en xullo do mesmo ano, o empresario finalizase o contrato con Antena 3, a produtora xa non podería facer máis episodios de Aquí no hay quien viva para a cadea[7]. Entón, Telecinco creou a súa adaptación, chamada inicialmente Atocha 20 como título provisional[8]. A serie, que continúa actualmente en emisión, conta con gran parte do elenco de actores da súa antecesora, aínda que en personaxes diferentes, e co mesmo equipo técnico.

O 13 de decembro de 2006, Telecinco presentou nunha conferencia de prensa o equipo da serie[9], confirmando, ademais, que sería estreada, en principio, durante o primeiro trimestre de 2007. Meses despois, a serie foi presentada o 19 de abril de 2007 e días máis tarde comezou a ser emitida[10], cubrindo a franxa do domingo e sendo líder de audiencia en case todas as emisións da súa primeira tempada[2]. A partir de maio de 2010 e ata agora, emítese diariamente na canle dixital FactoríaDeFicción (competindo coa súa antecesora Aquí no hay quien viva emitida en Neox), rompendo marcas de audiencia, e superando incluso as grandes cadeas. Tamén se emite en Paramount Comedy[11] e nas plataformas ONO e Imagenio[12][13].

Elenco para a oitava tempada

[editar | editar a fonte]

Aquí móstranse os personaxes da oitava tempada da serie, que se emitirá en Telecinco:

  • Coque Calatrava: É o conserxe do inmóbel. É adicto aos porros e non cobra o seu salario. Mantivo unha relación sentimental coa muller de Antonio Recio. Agora sae con Nines, a curmá de Raquel.
  • Enrique Pastor: É un concelleiro do concello, e ademais, preside a súa comunidade. É un home con facilidade de palabra e boa persoa. Os seus mellores amigos na comunidade son Coque e Antonio, amizade que non abandonou dende a primeira vez que os coñeceu.
  • Araceli Madariaga: Foi a muller de Enrique, e ambos os dous conviven no baixo B, cre moito no mundo espiritual e pensa que os humanos estamos formados por enerxías. Na sétima tempada ten unha relación con Berta, pero abandónaa cunha nota dicíndolle que ía volver para o Tíbet ou Gandia. Volve á comunidade na oitava tempada.
  • Amador Rivas: É o home de Maite Figueroa. Un home decidido e que sempre quere cumprir as súas metas, como ter unha moto, un convertíbel, ou mesmo ter relacións sexuais.
  • Maite Figueroa: É a muller de Amador, co que casou dúas veces. Ten 3 fillos con el e 1 fillo con Sergio Arias. Ten unhas amigas que non a aceptan. No final da sétima tempada vai para o cárcere 6 meses, porque tiña prohibido saír da cidade por lei.
  • Raquel Villanueva: É unha rapaza á que sempre lle sae todo mal, e non ten sorte atopando noivo. Considérase unha rapaza amábel e con corazón, aínda que sempre ten que aturar a súa curmá Nines, á que ameaza con botar fóra da casa se non lle paga a súa metade do alugueiro.
  • Nines Chacón: Egocéntrica e manipuladora, Nines só quere aos homes por cartos e pegou un "braguetazo" con Leo polos seus cartos. Vive no piso da súa curmá. Agora sae con Coque, o conserxe, e traballa no bar para Fermín.
  • Leo Romaní: É un home solteiro e traballa nunha empresa de venda de aspiradores. Ninguén o atura, nin os seus pais, por iso, para mantelo lonxe deles, pagábanlle ás súas mozas cartos para que o aturasen un certo tempo, co obxectivo de teren máis tranquilidade. A pesar disto, é un bo rapaz, e ademais, o mellor amigo de Amador.
  • Antonio Recio: É vendedor de marisco conxelado, cunha posición económica óptima, casado e pai de dous fillos: un con Nines e outro coa súa muller, un adolescente homosexual de 17 anos chamado Álvaro. É unha sátira do estereotipo de home de dereitas, homófobo, racista e moi amargado. Cre que a súa vida é mellor que a dos demais veciños, pero en realidade, é un auténtico desastre.
  • Berta Escobar: É a muller de Antonio, co que leva 25 anos casada, até que un día decidiu pór fin ao matrimonio por infidelidade e por catástrofe. A pesar disto, ela terá ao seu marido moi presente, debido a que leva moito tempo con el. É unha muller relixiosa, clasista e moi paranoica.
  • Javi Maroto: É un rapaz de 34 anos, e marido de Lola Reynolds. A súa personalidade é moi molesta, o que fai que sempre rife coa súa muller ou coa súa sogra, o que lle acarrea desgrazas. É empregado nunha empresa de informática e tamén, como el menciona, campión de taekwondo.
  • Lola Reynolds: É a muller de Javi, unha rapaza caótica e que non leva ben a contorna familiar, por vivir no seu mundo de luz e cor. Máis adiante, deixa o seu aburrido traballo para seguir os pasos da súa nai, algo que non gustará a Javi.
  • Vicente Maroto: É o pai de Javi, e marido de Goya, até que morreu nun accidente na cociña. É un home lacazán e que non ten nada que facer na vida, máis que pasala até o derradeiro día. Na sétima tempada atopa unha moza chamada Penélope, pero a relación acaba ao decatarse que era unha asasina de anciáns.
  • Judith Becker: É unha moza alta, cunha posición económica óptima, e cun luxoso ático. Desexa atopar o seu príncipe azul, pero acabou casada con Enrique. É psicóloga, aínda que o clan das "supertacañonas" pensaba que traballaba de prostituta, despois da súa chegada. Na sétima tempada vai aos Estados Unidos para divorciarse de Enrique, pero logo volve á comunidade.
  • Violeta Recio: É a irmá máis nova de Antonio Recio. Acabou encerrada nun psiquiátrico, debido a que padece unha doenza mental. Aparece por primeira vez na segunda tempada. Na sétima tempada o seu irmán métea nun convento, pero logo sácaa de alí. Volverá aparecer na oitava tempada.
  • Dylan Pastor Becker: É o fillo de Judith e Enrique. Naceu en Chicago. Aínda que o seu pai é Enrique, Judith dilles os veciños que se chama Dylan Becker. O nome púxollo dun personaxe de Sensación de Vivir, Dylan McKay.
  • Petra Martínez, como Josefa "Fina" Palomares Pizarro: É unha amiga de Mari Tere, e coñecéronse en Benidorm. Pouco se sabe dela. Aparecera na oitava tempada con Mari Tere.
  • María Teresa "Mari Tere" Valverde: Foi amiga de Izaskun, e viviron toda a súa vida nun asilo, até que decidiron fuxir de alí. Ocuparon o piso piloto da comunidade, que conseguiron pola cantidade dun euro. É unha señora ignorante, ás veces trastocada. O seu hábito máis cotián é, sobre todo, facer biscoitos. Na oitava tempada volve á comunidade cunha amiga súa, Petra Martínez.
  • Edurne Sagastume: É a filla de Izaskun, descoñecida até a sétima tempada. Ingresouna antes da serie nun asilo, do que fuxiu aos poucos días. Aparece na sétima tempada para cobrar a herdanza da súa nai. Edurne cóntalles a Maite e a Amador que Izaskun morreu en Estepona mentres cantaba un bingo, pero o seu corazón non resistiu, e morreu dun infarto. Volverá na oitava tempada da serie.
  • La Chusa: É unha ionki, ademais toxicómana. É amiga da infancia de Coque, que foi o seu mozo. Aparece por primeira vez na cuarta tempada, onde lle crava un garfo a Berta. Volve aparecer na sexta tempada, onde se atopa con Enrique, que lle quere roubar o abrigo. Na sétima tempada precisan da súa axuda para roubar no almacén nuclear un bidón radioactivo. Volve aparecer na oitava tempada. A pesar de ser un personaxe secundario, é un dos personaxes secundarios máis vistos e coñecidos.
  • Fermín Trujillo: É o marido de Estela Reynolds, un dos segredos que ela gardou baixo a manga. Aparece por primeira vez na sexta tempada. Tras anos sen verse fisicamente con Estela, xorden sentimentos na parella e intentan darse unha nova oportunidade. Na sétima tempada casa con Estela.
  • Rebeca Ortiz: É unha avogada matrimonialista amiga de Judith que se divorciou fuxindo do seu marido Santi. Causará unha gran revolución entre os veciños e a estabilidade dalgunha das parellas verase afectada. O seu carisma, encanto e carácter extravertido permítenlle por un momento gañar a confianza dos veciños. Odia completamente a Antonio, ao que lle tentará sacar até o derradeiro euro. Enrique e Leo intentan conquistala, pero dilles que non se quere meter noutra relación condenada ao fracaso.
  • Santiago "Santi" Casariego Bordiu: Foi o marido de Rebeca, quen acosada por el, se divorcia e vai vivir con Judith a Mirador de Montepinar. Este intentará volver con ela coa axuda de Antonio, e recuperar a súa confianza despois de poñerlle os cornos.

Episodios e audiencia da serie

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 13 22 de abril de 2007 22 de xullo de 2007 3 158 000 21,3%
2 15 3 de abril de 2008 3 de agosto de 2008 2 834 000 18,8%
3 14 10 de xuño de 2009 16 de setembro de 2009 2 172 000 16,1%
4 12 26 de maio de 2010 4 de agosto de 2010 2 239 000 15,2%
5 13 1 de maio de 2011 24 de xullo de 2011 2 790 000 16,1%
6 13 1 de outubro de 2012 28 de xaneiro de 2013 4 148 000 22,4%
7

8

13

14

2 de decembro de 2013

outubro/novembro/decembro 2014/2015

- - -
Total 93 2006 - 2 890 000 18,3%
  1. "Telecinco no se fía de José Luis Moreno". ECD.com (en castelán). 3 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 "'La que se avecina' debuta con un 28,8% y más de 4 millones". FormulaTV (en castelán). 23 de abril de 2007. Consultado o 26 de novembro de 2011. 
  3. Telecinco, ed. (17 de decembro de 2009). "Mirador de Montepinar celebra la Nochevieja" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2011. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  4. "Telecinco retoma este domingo la emisión de 'La que se avecina'" (en castelán). 25 de xuño de 2008. 
  5. ""La que se avecina" gana a "Mateo" en su regreso y planta cara a La 1". Vertele.com (en castelán). 2 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  6. Charo Marcos (3 de xuño de 2006). "Telecinco compra el 15% de Miramón Mendi y deja a Antena 3 sin su serie estrella". El Mundo (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  7. "Telecinco comienza a rodar en noviembre su secuela de la exitosa serie de Antena 3" (en castelán). 26 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2008. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  8. "Los vecinos de "Aquí no hay quien viva" se mudan a la calle "Atocha"" (en castelán). 26 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012. 
  9. Daniel Martínez (13 de decembro de 2006). "Telecinco presenta en sociedad La que se avecina". Series Adictos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  10. "Telecinco presenta su serie estrella: ¡La que se avecina!" (en castelán). 19 de abril de 2007. 
  11. "'La que se avecina' y 'Aquí no hay quien viva' también triunfan en Paramount Comedy". 12 de febrero de 2012. 
  12. "ONO adelanta la emisión de "La que se avecina" en Telecinco" (en castelán). 17 de maio de 2007. Consultado o 1 de marzo de 2012. 
  13. "Imagenio ofrece los preestrenos de 'La que se avecina'". Zona Genio (en castelán). 9 de xuño de 2009. Consultado o 1 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]