[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Gran Vía de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Vista da Gran Vía desde Callao.

A Gran Vía é unha das principais rúas da cidade de Madrid. Comeza na rúa de Alcalá e termina na praza de España.

É un importante fito na cidade desde a súa construción a principios de século XX visto desde o punto de vista comercial, turístico e de lecer. Neste último aspecto é famosa polos seus cines, aínda que nos últimos anos algúns deles pecharon e outros se reconverteron con grande éxito ao teatro musical, polo que o tramo comprendido entre a praza de Callao e a praza de España coñécese como o "Broadway madrileño". O tramo comprendido entre a Red de San Luís e a praza de Callao alberga na actualidade numerosas tendas de cadeas internacionais de moda.