[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Madrid Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madrid Arena
España Madrid Arena
Datos
Coordenadas40°24′47″N 3°44′18″O / 40.413047, -3.738256
LocalizaciónMadrid, España
Outros nomesTelefónica Arena
Construción
InauguraciónFebreiro de 2002
Estadio
Superficie30.000
Capacidade10.500 espectadores
PropietarioAyuntamiento de Madrid
OperadoraMadrid Destino
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Madrid Arena, por motivos de patrocinio Telefónica Madrid Arena, é un pavillón multiúsos situado na cidade de Madrid (España), no recinto feiral da Casa de Campo, a poucos minutos do centro da cidade. Construído a partir do antigo Rockódromo, o pavillón foi deseñado para albergar eventos deportivos, comerciais, culturais e de lecer. O pavillón está patrocinado por Telefónica.

Construción e usos

[editar | editar a fonte]

Construíuse como parte das instalacións previstas para a candidatura olímpica Madrid 2012, prevéndose que albergase as competicións de baloncesto. A súa primeira fase estivo a punto en 2002, ampliándose o ano seguinte. Ten un aforamento máximo de 10.248 espectadores para partidos de baloncesto e 12.000 para combates de boxeo e 30.000 m² de superficie. A súa cúpula ten 11.000 m²; e atópase sustentada por unha estrutura tridimensional soportada en 181 chantóns. Conta cunha lumieira que pode abrirse, deixando pasar a luz natural. A fachada está constituída por unha dobre curva de vidro, de transparencia variable e gran lixeireza.

Interior do Madrid Arena (preliminares dun partido Estudiantes-Pamesa, 19 de novembro de 2005).

Distribúese en tres plantas (acceso, intermedia e baixa). A súa pista central conta con tres bancadas retráctiles, que permiten variar a súa superficie en función do tipo de acontecemento. O pavillón conta cun Pavillón Satélite, cunha superficie de 2.100 . É propiedade do Ayuntamiento de Madrid e atópase xestionado pola Empresa Municipal Campo das Nacións. Dende 2002 até 2008, foi a sede do torneo de tenis Masters Series Madrid. O Club Baloncesto Estudiantes xogou os seus partidos no Madrid Arena dende a tempada 2005-2006 ata a 2009-2010. Asinou un contrato por cinco tempadas con opción a outro cinco. Foi unha das sedes do Eurobasket 2007 acollendo partidos da fase final do torneo.

Transportes

[editar | editar a fonte]

Metro de Madrid:

  • Liña 6 Liña 6 (estación Alto de Extremadura)
  • Liña 10 Liña 10 (estación de Lago)

Eventos celebrados no Madrid Arena

[editar | editar a fonte]

Eventos deportivos

[editar | editar a fonte]

Eventos musicais

[editar | editar a fonte]

Accidente de Halloween de 2012

[editar | editar a fonte]

O 1 de novembro de 2012 ás 4:00 da madrugada (hora local) produciuse un tapón durante unha festa de música electrónica na que se celebraba un concerto de Halloween, co resultado de catro mozas falecidas (dúas no recinto, a terceira ao chegar ao hospital e a cuarta, menor de idade, aos 3 días) e unha máis ferida en estado crítico.[1] Nun principio, sinalouse o lanzamento dunha bengala dentro do pavillón como posible causa, que causaría o pánico. Finalmente esta hipótese foi descartada xa que a bengala acendeuse 20 minutos logo da avalancha mortal.[2]

A pesar do incidente, a festa continuou ata as 06:30 (hora local), xa que a policía decidiu non intervir para evitar escenas de pánico ou protestas que deviñesen nunha traxedia maior.[3]

Investigación do caso

[editar | editar a fonte]

Diversas fontes entre os que se atopan asistentes, mozos que traballan como relacións públicas de Madrid e o propio Dj que actuaba esa noite parecen indicar que o problema foi o posible exceso de aforamento (aseguran que había 20.000 persoas nun recinto de 10.000) e que moitos dos que entraron fixérono sen identificación e sen ter a idade mínima legal (de 18 anos) para entrar. Este é un dos aspectos principais que investiga a policía.[4] Ademais alegan que non había ningún tipo de rexistro á hora de entrar, polo que a xente puido entrar con bengalas, botellas de alcol e ata navallas. É moi posible, segundo a investigación policial, que unha masa de xente sen entrada se coase no recinto descontroladamente, pouco antes do comezo da actuación principal, motivando o exceso de persoas no corredor de acceso.

Algúns medios de comunicación apresuráronse en afirmar que a empresa promotora do concerto (Diviertt S.L.) non podía alugar o recinto porque tiña débedas coa Seguridade Social[5], aínda que o alugueiro é un negocio expresamente excluído dos requisitos da Lei de Contratos do Sector Público, polo que este é outro dos asuntos que deberán arranxar os tribunais.

Por outra banda, algúns medios afirmaron que o Madrid Arena nunca tivo licenza de apertura ao non reunir os requisitos de seguridade.[6] A este respecto tanto o Concello como o Colexio de Arquitectos indicaron que a Lei do Chan da Comunidade de Madrid, no seu artigo 151, permite aos Concellos non ter que pedirse licenza a si mesmos, sen que iso supoña que os edificios non cumpren a normativa.[7] [8]

Por outra banda, o empresario de eventos e dono de Diviertt Miguel Ángel Flores tamén abriu en varias ocasións a discoteca Adraba (anteriormente coñecida como «Alcalá 20») sen licenza[9]. Finalmente, obtivo licenza para a sala no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, que obrigaron ao Concello, que lle esixía importantes melloras de seguridade, a concederlle licenza e permitir a apertura.[10]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]