Broad Peak
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Prefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Gasherbrum (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 8.051 m | |||
Prominencia topográfica | 1.701 m | |||
Illamento topográfico | 9,12 km | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
9 de xuño de 1957 | primeira ascensión, ⇒ Fritz Wintersteller (en) , Marcus Schmuck, Kurt Diemberger, Hermann Buhl | |||
O Broad Peak (en urdú: بروڈ پیک, e chinés: 布洛阿特峰),[1] é unha montaña de 8.047 m de altitude, o décimo segundo pico máis alto da Terra. Forma parte do macizo do Gasherbrum situado na cadea do Karakorum, un brazo da cordilleira do Himalaia. Está sito na fronteira entre a República Popular da China e Paquistán.
Outros nomes
[editar | editar a fonte]O nome usual en Occidente é unha versión inglesa da denominación autóctona Falchen Kangri, que fai referencia á anchura da súa cima. O Broad Peak foi tamén denominado como K3 (é dicir, terceiro pico do Karakorum) por T.G. Montgomery, en 1856, cando se efectuou un recoñecemento do Karakorum por vez primeira.
Ascensións
[editar | editar a fonte]O 9 de xuño de 1957 realizouse a primeira escalada exitosa ao Broad Peak, por parte dunha expedición austríaca dirixida por Marcus Schmuck. Alcanzaron o cume Hermann Buhl, Kurt Diemberger, Fritz Wintersteller e máis o mesmo Marcus Schmuck.
En 1981 logrouse a primeira ascensión de españois a cargo dunha expedición catalá, chegando á cima Enric Pujol, que faleceu durante o descenso, e máis Manuel Hernández, utilizando a vía normal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Broad Peak: 12th Highest Mountain in the World". About.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.