Nanga Parbat
(ur) نانگا پربت | ||||
Tipo | montaña Cumio | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | Gilgit-Baltistão, Paquistán (pt) | |||
| ||||
Cordilleira | Himalaia e Q12029082 | |||
Características | ||||
Altitude | 8.126 m | |||
Prominencia topográfica | 4.608 m | |||
Illamento topográfico | 189 km | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
3 de xullo de 1953 | primeira ascensión, ⇒ Hermann Buhl | |||
22 de xuño de 2013 | 2013 Nanga Parbat massacre (en) | |||
1934 | 1934 Nanga Parbat Climbing Disaster (en) | |||
O Nanga Parbat é un cumio da cordilleira do Himalaia, de 8.126 m, sendo a novena montaña máis alta do mundo e a segunda de Paquistán. Situado ao norte do país, é o pico superior aos oito mil metros localizado máis ao occidente.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome do monte significa montaña espida en urdú e hindi. A denominación débese a que se trata dunha montaña illada, separada do resto de grandes montañas, feito que a fai destacar na paisaxe circundante. Este mesmo isolamento faina ao tempo especialmente perigosa para os escaladores.
En caxemir o seu nome é Diamir, que quere dicir rei das montañas.
Cimas secundarias
[editar | editar a fonte]O Nanga Parbat, como outras montañas elevadas, ten varios cumes menores, a parte do principal, entre os que cómpre desetacar os seguintes:
Nanga Parbat | 8.126 m |
Nanga Parbat, lomba | 8.070 m |
Nanga Parbat, cima sur | 8.042 m |
Nanga Parbat, cima nordeste | 7.910 m |
Nanga Parbat, cima norte | 7.815 m |
Nanga Parbat, 2ª cima norte | 7.785 m |
Nanga Parbat, Silberzacken | 7.597 m |
Nanga Parbat, cima leste | 7.530 m |
Ascensións
[editar | editar a fonte]En 1953 unha expedición alemá, dirixida por Karl-Maria Herrligkoffer, logrou pisar o cume do Nanga Parbat o 3 de xullol de 1953. O único integrante desta expedición que chegou ao cume foi o escalador austríaco Hermann Buhl, co mérito engadido de facelo sen máscara de osíxeno.
A primeira ascensión invernal tardaría sesenta e tres anos máis, o 23 de febreiro de 2016 e pola seguinte orde Ali Sadpara, Alex Txikon e Simone Moro chegaron ó máis alto do pico paquistaní[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ S.L.U., Barrabes Esquí Montaña. "1ª cima invernal Nanga Parbat: fotos de cumbre - Barrabes.com". Barrabes.com. Consultado o 2016-08-31.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nanga Parbat |