[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Sarcopterixios

(Redirección desde «Sarcopterygii»)
Sarcopterixios
Sarcopterygii
Peixes de aletas carnosas

Rango fósil: silúrico - actualidade

Latimeria chalumnae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Sarcopterygii
Romer, 1955 [1]
Subclases [2]

A dos sarcopterixios (Sarcopterygii), é unha clase,[3] ou superclase, segundo os autores,[1] de vertebrados gnatostomados que comprende unhas poucas especies actuais de peixes óseos coñecidos na bibliografía internacional como peixes de aletas carnosas ou peixes de aletas lobuladas.

Características

editar

Os peixes sarcopterixios posúen esqueleto óseo, teñen mandíbulas e dentes con esmalte. A pel está recuberta por escamas que, nas especies extintas, posuían unha capa de cosmina na superficie. Nas especies actuais a aleta caudal é dificerca: a columna vertebral chega ata o extremo da cola e a membrana desenvólvese simetricamente cara a arriba e cara a abaixo. As aletas son pares e posúen unha única peza esquelética basal, con raios dermais curtos.

As branquias están sostidas por arcos branquiais. O corazón ten un seo venoso, un cono arterioso e dous atrios, e presenta división parcial do ventrículo. A circulación presenta dous circuítos, pulmonar e sistémico, diferenciados. Os pulmóns utilízanse para respirar no caso dos dipnoos, pero non no caso do celacanto, no que cumpre a función dun órgano de flotación. O sistema nervioso posúe cerebro, cerebelo e lobos ópticos diferenciados.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A clase dos sarcopterixios foi descrita en 1955 (como superclase) polo paleontolólogo e zoólogo estadounidense Alfred Sherwood Romer, no seu traballo "Herpetichthyes, Amphibioidei, Choanichthyes or Sarcopterygii?". Nature 176: 126.[1]

Etimoloxía

editar

O termo Sarcopterygii está formado polo elemento do latín científico sarco-, tirado do grego antigo σάρξ σαρκός sárx, sarkós, "carne", e a palabra grega πτέρυξ πτέρ υγος ptéryx, ptérygos "aleta", coa adición da desinencia -ii, indicando plural. Literalmente: "os de aletas de carne", aludindo á súa principal catacterística.

Clasificación

editar

O carácter distintivo de posuíren aletas pares carnosas e lobuladas, que lembra as extremidades de tipo quiridio dos primeiros anfibios, e proba que os vertebrados terrestres descenden dos antigos peixes sarcopterixios. Esta relación de descendencia obriga, na sistemática cladística, a incluír os tetrápodos dentro dos Sarcopterygii, formando con eles un taxon monofilético (véxase filoxenia máis abaixo).

Na clasificación taxonómica clásica, a clase dos Sarcopterygii comprende tres subclases:

 
Modelo de Latimeria chalumnae no Museo de Historia Natural da Universidade de Oxford.
  • Subclase Tetrapodomorpha, sarcopterixios extintos do Devoniano con diversos caracteres dos tetrápodos. As formas primitivas tiñan unha aparencia intermedia entre os peixes e os anfibios.

Clasificación segundo o SIIT

editar

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), a clase comprende as seguintes ordes:[4]

Clase Sarcopterygii

Especies actuais

editar

Na actualidade só sobreviven as seguintes especies de sarcopterixios:[5]

 
No Devoniano superior a especiación dos vertebrados descendentes de peixes de aletas lobuladas peláxicos (como Eusthenopteron) mostra a seguinte secuencia de adaptacións:
Panderichthys, coloniza baixos lamnacentos. Tiktaalik, con aletas semellantes a patas que podían arrastralo ata terra.
Primeiros tetrápodos, en zonas pantanosas colmatadas por vexetación: Acanthostega, con patas de oito dedos. Ichthyostega con patas. Entre os descendentes cóntanse tamén formas peláxicas como os celacantos.

Filoxenia

editar

As relacións filoxenéticas dos sarcopterigios son as seguintes:[6][7]

Sarcopterygii

Onychodontiformes

Coelacanthimorpha

Choanata
Dipnomorpha

Porolepiformes

Dipnoi

Tetrapodomorpha

Rhizodontida

Osteolepiformes

Tetrapoda (vertebrados terrestres)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, EUA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar