[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/

Parador de turismo

grupo hoteleiro en España da Dirección Xeral de Patrimonio do Estado

Os Paradores Nacionais de Turismo son un conxunto de hoteis situados en España e operados por Paradores de Turismo de España, S.A., unha empresa estatal que xurdiu en 1928 baixo o patrocinio do rei Afonso XIII. O Parador de Gredos, na provincia de Ávila foi o primeiro parador da rede. Os seguintes en abrir as súas portas foron os de Oropesa (Toledo) e Úbeda (Xaén) en 1930, Ciudad Rodrigo (Salamanca) en 1931 e Mérida (Badaxoz) en 1933. A rede foi especialmente promovida durante a época na que o político galego Manuel Fraga estivo á fronte do Ministerio de Información e Turismo.

Paradores de Turismo

Hostal dos Reis Católicos
TipoSociedade anónima
Fundación1928
LocalizaciónRúa Requena, 3 28013 Madrid España España
FundadorMarqués de la Vega Inclán
IndustriaHoteis
Número de empregados3.400 (2011)
Na rede
http://www.parador.es
Facebook: paradores BNE: XX99613 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Coa súa creación buscábase aproveitar os numerosos monumentos históricos e artísticos, así como as paraxes de gran beleza que posúe España, para situar uns establecementos que permitisen coñecer a variada riqueza cultura, artística, histórica e paisaxística do país

A rede de Paradores abarca gran parte da xeografía española, desde os Pireneos ata as Illas Canarias. Boa parte deles están situados en edificios de interese histórico-artístico, tales como castelos ou mosteiros, que foron debidamente rehabilitados para usos hostaleiros. Outros, na súa maioría os de recente apertura, son de nova planta.

Tales establecementos adoitan estar situados en zonas apartadas e afastadas dos habituais circuítos turísticos. Deste xeito, ningunha das principais cidades de España (como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla ou Bilbao) conta cun, aínda que todas teñen algún parador próximo. Nas Illas Baleares tampouco hai Paradores de Turismo. Porén, as Illas Canarias contan con cinco (en La Gomera, El Hierro, Tenerife, La Palma e Gran Canaria) e tamén hai en Ceuta e Melilla, as dúas cidades autónomas do norte de África.

No ano 2012, a rede de paradores estaba formada por 93 establecementos. O Plan de Expansión de Paradores fai fincapé na innovación e modernización.[1]

En Portugal, pódense atopar establecementos equivalentes aos Paradores de Turismo españois que reciben a denominación de Pousadas.

Vive la Historia

editar
 
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
 
Portada do Parador de Santiago.

O proxecto Vive la Historia[2] trata de contar ás persoas usuarias os segredos duns edificios que transmiten a súa historia e as súas lendas a través das figuras que o habitaron, dos usos que tiñan no pasado os seus espazos e do significado da decoración dos seus patios e fachadas, achegando información sobre os seus diferentes estilos arquitectónicos.

Esta inciativa foi precedida polo proxecto Parador Museo. Os que se hospedaban nun Parador Museo recibían, xunto coa chave do seu cuarto, unha guía de visita para poder facer un percorrido polo interior do monumento, durante o que ían encontrando un conxunto de soportes informativos, ilustrados con planos, mapas, gráficos e fotografías, que explican os aspectos máis significativos do edificio.[3] Para a elaboración destes contidos, a rede de paradores conta cun equipo propio que investiga o pasado dos monumentos, mergullándose en arquivos históricos, bibliotecas e museos, até reuniren unha información ampla e fidedigna do pasado do parador.[4]

Parador de Cardona

editar
 
Castelo de Cardona.
Artigo principal: Parador de Cardona.

Instalado no Castelo de Cardona (Barcelona), que ten as súas orixes no século III a.C., no que os iberos xa construíran no lugar unha fortificación e que, na alta Idade Media, foi fronteira da Marca Hispánica con Al-Andalus.

Neste enclave establecéronse as tropas francas de Carlomagno a finais do século VIII. Cen anos máis tarde, o conde Wifredo I o Viloso impulsou a construción do castelo e lle outorgou a primeira carta de poboación.[5]

Desde o século XI até o XV foi a residencia dos señores de Cardona, que iniciaron a edificación das dependencias palacianas da espectacular canónica de Sant Vicenç, obra fundamental do románico catalán. A riqueza proporcionada polo sal impulsou o seu poder, até o punto de seren considerados como reis sen coroa.

A aparición da artillaría obrigou, no século XVII, a mellorar as defensas, levantándose baluartes e instalando canóns. O resultado foi unha fortaleza case inexpugnábel, que só capitulou o 18 de setembro de 1714 e que foi o último reduto da resistencia catalá ás tropas de Filipe V, pero que nunca rendeuse durante os interminables asedios das guerras dos Segadores, da Independencia ou das Carlistas.

As súas instalacións militares, que practicamente acabaron derruídas, foron reconvertidas nun parador, que abriu as súas portas en 1976.[5]

Parador de Granada

editar
 
Parador Museo de Granada.
Artigo principal: Parador de Granada.

Situado nun convento de finais do século XV (Convento de San Francisco) construído por decisión dos Reis Católicos, dentro do recinto da Alhambra, sobre un palacio nazarí do que aínda se conservan restos, como a Sala Nazarí.

Numerosas obras de arte e pezas de mobiliario antigo decoran o claustro e as estancias interiores.[6]

Parador de León

editar
 
Parador de León.
Artigo principal: Parador de León.

O Parador Museo de León, un dos monumentos máis importantes do Renacemento español, ocupa o antigo Mosteiro de San Marcos, Mosteiro-Hospital construído a partir do século XVI[7] que sucedeu a outro dos tempos do rei Afonso VI.[8] Parte do edificio alberga o Museo da cidade.

A orixe deste edificio data do século XII, cando a infanta Sancha de Castela realizou unha doazón destinada á construción dun modesto edificio ás aforas da cidade no que puideran "hospedarse os pobres de Cristo", converténdose así nun templo-hospital para refuxio dos peregrinos que realizaban o Camiño de Santiago.

No século XVI derrubouse este hospital, realizándose un novo grazas a unha doazón de Fernando o Católico, baixo a dirección de Xoán de Orozco (igrexa), Martín de Villarreal (fachada) e Xoán de Badaxoz o Mozo (claustro e sancristía). A construción foi, porén, moi lenta, sendo finalizadas as obras no século XVIII.

O parador dispón, ademais dos cuartos e o restaurante, de amplos salóns e unha biblioteca. Así mesmo garda numerosas obras artísticas e decorativas. Pinturas da escola flamenga, tallas de madeira, mobles recuperados de igrexas e casas señoriais derrubadas, tapices e tamén obras de artistas contemporáneos, como Lucio Muñoz, Vela Zanetti, Redondela, Álvaro Delgado, Ochoa, Macarrón e Vaquero Turcios. Severo Ochoa, nunha das súas visitas ao parador, comentou: "Que sorte que teñan tres obras do meu amigo Goñi", ao que á dirección do parador contestou: "Don Severo, non só temos tres, senón trinta". En canto ao edificio, a principios do século XIX o capitán de navío da Royal Navy Samuel E. C. Widdrington dixo: "Nada pode superar a beleza dos arabescos e demais ornamentos da fachada de San Marcos.[9]

Parador de Oropesa

editar
 
Castelo novo de Oropesa.
Artigo principal: Parador de Oropesa.

O castelo Novo de Oropesa, na vila do mesmo nome, na provincia de Toledo, data do ano 1402 en que pasou, co condado creado en 1475, aos duques de Frías. Estes vendérono ao Concello, que o usou como coso taurino. Posteriormente foi adquirido polo estado.

A vila de Oropesa e o seu castelo (vello) foran cedidas en 1355 a Don García Álvarez de Toledo, por renunciar a ser Gran Mestre da Orde de Santiago en favor dun fiel seguidor de Henrique II. O castelo foi escenario das loitas mantidas pola sucesión ao trono de Xoana a Beltranexa e, posteriormente, dos disturbios comuneiros. Desde esta fortaleza saíu o conde de Oropesa, aliado de Xoán de Padilla, para combater ás tropas imperiais de Carlos V.[10]

No conxunto destacan a Torre da homenaxe (que non forma parte do parador) e as columnas e soportais do patio.

Parador de Úbeda

editar
 
Fachada principal do Parador de Úbeda, xunto á Capela do Salvador.
Artigo principal: Parador de Úbeda.

O Parador de Úbeda, un dos paradores máis antigos de España, posto que foi inaugurado en 1930, emprázase no Palacio do Deán Ortega, declarado Ben de Interese Cultural, antiga casa nobiliaria de estilo renacentista de traza clásica atribuída ao arquitecto Andrés de Vandelvira. De feito, trátase do antigo palacio que ocupaba o deán da contigua Sacra Capela do Salvador.[11]

O palacio foi construído no século XVI e reformado ao longo do XVII. Consta duna sobria fachada de pedra cunha fermosa entrada adintelada. No seu interior destaca o patio de dupla galería, coa parte superior acristalada e unha serie de delicadas columnas de estilo renacentista-nazarí.

Recentemente realizáronse obras de ampliación, restaurando un edificio adxunto para novos cuartos, mantendo o equilibrio co contorno da Praza Vázquez de Molina, pero aumentando o espazo para recepcións e restauración.

Paradores en Galicia

editar

En Galicia hai un total de 12 paradores.[12][13]

Imaxe Nome Localización Categoría Construción Cuartos
  Hostal dos Reis Católicos (Parador Museo) Santiago de Compostela           Pazo/Recinto histórico
Hospital Real en 1499
137
  Parador de Ferrol Ferrol       Rexional
Pazo mariñeiro
38
  Parador de Vilalba Vilalba         Torreón Medieval
Século XV
48
  Parador de Ribadeo Ribadeo         Rexional mariñeira 47
  Parador de Monforte de Lemos Monforte de Lemos         Convento/Mosteiro
Século XVII
50
  Parador de Verín Verín       Rexional 23
  Parador de Santo Estevo Nogueira de Ramuín         Mosteiro/Convento
Século X
77
  Parador de Tui Tui         Pazo 32
  Parador de Baiona Baiona         Rexional 133
  Parador de Pontevedra Pontevedra         Pazo
Século XVI
47
  Parador de Cambados Cambados         Pazo
Século XVII
58

 

Parador Costa da Morte Muxía         Nova construción 63
  1. Plan estratéxico Paradores 2009-2012[Ligazón morta]
  2. "Vive la historia". www.parador.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-05. 
  3. Que é un Parador Museo Arquivado 17 de agosto de 2013 en Wayback Machine. Consultada o 5/2/2012.
  4. Paradores Museo Arquivado 18 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Consultada o 4/2/2012.
  5. 5,0 5,1 "Vive la Historia. Parador de Cardona". www.parador.es (en castelán). 2016-12-21. Consultado o 2018-07-05. 
  6. "Vive la Historia. Parador de Granada". www.parador.es (en castelán). 2016-12-21. Consultado o 2018-07-05. 
  7. fabiola.pinedo (2016-12-22). "Vive la Historia. Parador de León". www.parador.es (en castelán). Consultado o 2018-07-05. 
  8. Parador de León Arquivado 08 de agosto de 2013 en Wayback Machine. Consultada o 5/2/2012.
  9. Samuel Edward Cook Widdrington, Sketches in Spain, 1829.
  10. de Oropesa Castelo de Oropesa Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. CastillosNet (en castelán) Consultada o 5/2/2012.
  11. fabiola.pinedo (2016-12-23). "Vive la Historia. Parador de Úbeda". www.parador.es (en castelán). Consultado o 2018-07-05. 
  12. "Parador Muxía". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2017. 
  13. "Los 12 paradores de Galicia se ponen a disposición sanitaria". Quincemil (en castelán). Consultado o 2021-05-28. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar