Verín
Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é o terceiro concello da provincia en poboación, despois de Ourense e O Carballiño.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital de | |||||
Capital | Verín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.612 (2023) (144,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 94,1 km² | ||||
Altitude | 373 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Gerardo Seoane Fidalgo | ||||
Eleccións municipais en Verín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32600 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32085 | ||||
Sitio web | verin.gal | ||||
Onomástica
editarO topónimo Verín ten orixe no antropónimo latino Verinus a través da forma en xenitivo (Villa) Verini.[1] O xentilicio é verinés/-esa ou verinense.[2]
Xeografía
editarO concello, de 93,9 km², abrangue 15 parroquias. Limita ao norte co concello de Castrelo do Val, ao leste co concello de Vilardevós, ao sur con Chaves (Portugal), ao oeste co concello de Oímbra e ao noroeste co concello de Monterrei.
Este concello está situado no cuadrante suroriental da provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Dista 72 km de Ourense, 170 km de Vigo e 25 km de Chaves. A vila, localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia.
Situado na depresión de Verín, o relevo deste municipio mostra dous sectores diferentes: un formado polo val do río Támega e o outro polos relevos montañosos que o circundan ao oeste, onde a altitude chega aos 940 metros no Alto de Valdeagua. Tamén atravesa o municipio unha falla denominada Creba dá Corga, pola que flúen moitos mananciais de augas minerais.
A rede hidrográfica organízase en torno ao río Támega, cos seus afluentes Abedes, Búbal, Rego Novo e Rego dous Gondulfes. Este río pertence á conca do Douro.
As superficies forestais están formadas por árbores de ribeira, piñeiros e por matogueiras. As terras de cultivo son de gran fertilidade e sitúanse na zona do val, onde abundan as viñas, que proporcionan o famoso viño de Monterrei. As condicións climáticas, que favorecen a calidade do viño, caracterízanse pola súa suavidade térmica no inverno, a calor estival e as escasas precipitacións.
Demografía
editarCenso total | 13 817 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.777 (12.86 %) |
Entre 15 e 64 anos | 8.559 (61.95 %) |
Maiores de 65 anos | 3.481 (25.19 %) |
Instituto Nacional de Estadística
Evolución da poboación de Verín Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4 968 | 6 814 | 8 841 | 10 051 | 13 585 | 14 391 | 14 633 | 14 707 | 14 760 | 14 652 | 14 107 | 14 131 | 13 889 | 13 817 | 13 723 | 13 647 | 13 644 | 13 625 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarNas terras do concello quedaron restos de poboamento neolítico e castrexo, ademais de restos romanos, polo paso das vías XVII e XVIII do Itinerario de Antonino.[4]
En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, perdeu a parroquia de Lamadarcos, que foi anexada a Portugal.[5][6]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
editarPatrimonio
editar- Igrexa parroquial de Santa María a Maior [8]
- Pazo dos Acevedo[9]
- Igrexa da Mercede [10]
- Capela de San Lázaro [11]
- Casa do Escudo ou do Asistente [7]
- Santuario dos Remedios [12]
- Balneario de Sousas
- Balneario de Cabreiroá
Festas e celebracións
editarAs celebracións de máis sona son as do Entroido, das que destaca a súa vestimenta tradicional e as súas máscaras típicas, os cigarróns.
O 15 de agosto celébranse as festas patronais na honra de Santa María. Outras festas a destacar son as de San Lázaro, que inclúen unha feira gastronómica, e que teñen lugar no mes de marzo ou abril. Por outra parte, os días 3, 11 e 23 de cada mes celébrase a feira na Praza da Alameda de Verín. Cabe destacar finalmente os maios e as Xornadas do Folclore, o 15 de agosto.
Na literatura popular
editar- Do outro lado do río/ ouvín cantare e vin:/ eran os meus amores/ que ían para Verín [14].
Recoñecementos
editar- 2012: Xuíz Honorario do Couto Mixto.
Economía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Política e goberno
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Verín.
-
Verín dende o Castelo de Monterrei
-
Praza García Barbón.
Parroquias
editar
Lugares de Verín
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Verín vexa: Lugares de Verín.
Notas
editar- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 87. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 60. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Verín". Diccionario enciclopédico galego universal 59. pp. 41–42.
- ↑ "Verín". Enciclopedia Galega Universal 16. pp. 326–329.
- ↑ Madoz, Pascual (1847). Lama de Arcos (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X (Madrid). p. 48.
- ↑ García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016.
- ↑ 7,0 7,1 Casa do Escudo ou do Asistente en Turgalicia.
- ↑ Igrexa de Santa María a Maior Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ Casa dos Acevedo Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ Igrexa da Mercede Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ Capela de San Lázaro Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ Santuario dos Remedios Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ Fonte do Sapo Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández (1973), Cantigueiro popular da Limia Baixa, 72. No orixinal: vín.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Verín". Diccionario enciclopédico galego universal 59. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 41–42. ISBN 84-7680-429-6.
- "Verín". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2156. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Verín". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo Edicións. 1999-2002. pp. 326–329. ISBN 84-7680-288-9.
- "Verín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verín |
Ligazóns externas
editar- Verin.es Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Cidade da Auga.
- Verín en OpenStreetMap.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |