Foz
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Foz | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.163 (2023) (101,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 100,29 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Javier Jorge Castiñeira | ||||
Eleccións municipais en Foz | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27780 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27019 | ||||
Sitio web | concellodefoz.es |
Foz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2014 tiña 9899 habitantes (9754 no 2006, 9664 no 2005, 9619 no 2004, 9591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) focego[1][2] ou focense.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.
Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos egobarros.[4]
Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]Foz procede do latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem 'gorxa, paso estreito, fauces', un lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]- O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.
Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]- A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación.
- O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla.
- O Pazo de Covas, pazo do século XVI no lugar de Trasmonte da parroquia de Nois.
- O Pazo do Lagar, pazo do século XVII no lugar da Ribela, na parroquia de Cangas.
- O Pazo de Vilachá, pazo do século XVII da familia Almuíña, no lugar de Vilachá, na parroquia de Cangas.
- O castelo da Frouxeira, castelo do século IX, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro.
Festas de interese
[editar | editar a fonte]Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 9899 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1219 (12,31 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6361 (64,26 %) |
Maiores de 65 anos | 2319 (23,43 %) |
Evolución da poboación de Foz Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6514 | 7824 | 8216 | 8795 | 9619 | 9970 | 9968 | 9978 | 9966 | 9.899 | 9891 | 9908 | 9931 | 10002 | 9980 | 10016 | 10078 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía
[editar | editar a fonte]Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.
A continuación se mostra unha táboa onde se reflicte o paro rexistrado segundo sexo, idade e sector da actividade económica.
Sector | # |
---|---|
Agricultura | 35 |
Industria | 62 |
Construción | 115 |
Servizos | 474 |
Sen emprego anterior | 47 |
Total | 733 (349 homes e 384 mulleres) |
Foz na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Pra facer ben a costeira,
- mariñeiriños rinlegos,
- pra botar contas, no porto,
- mariñeiriños focegos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
-
Rúa peonil e praza no centro de Foz.
-
Rúa comercial no centro da vila.
-
Castro de Fazouro.
-
Ábsida románica exterior San Martiño.
-
Interior de San Martiño.
Lugares de Foz
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Foz.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para focego.
- ↑ Costas González, X.-H. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para focense.
- ↑ Lanza, Francisco (1973). Ribadeo antiguo: noticias y documentos. Ediciós do Castro. p. 23.
- ↑ "Estadisticas municipios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de abril de 2014. Consultado o 20 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Foz |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Toponimia de Foz (en galego)
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |