[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Castroverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastroverde
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°01′50″N 7°19′30″O / 43.030555555556, -7.325
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalCastroverde Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.548 (2023) Editar o valor en Wikidata (14,63 hab./km²)
Xeografía
Superficie174,2 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude700 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataXosé María Arias Fernández Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Castroverde Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27120 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27011 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodecastroverde.com Editar o valor en Wikidata

Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é castroverdés.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003).

Censo total 2015 2.802 habitantes
Menores de 15 anos 197 (7,03 %)
Entre 15 e 64 anos 1,617 (57,71 %)
Maiores de 65 anos 988 (35,26 %)
Evolución da poboación de Castroverde   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6189 7173 8122 4617 3286 3012 2933 2887 2840 2823 2802 2726 2676 2675 2617 2595 2609
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Localización

[editar | editar a fonte]

O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.

Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.

O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.

Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.

A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.

Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.

Festas e feiras

[editar | editar a fonte]
  • Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
  • Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
  • Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
  • Feira, domingos alternos.
  • Festa dos Avós, en abril.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares de Castroverde

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde

Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]