O Incio
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | A Cruz do Incio | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.524 (2023) (10,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 146,09 km² | ||||
Altitude | 740 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Héctor Manuel Corujo González | ||||
Eleccións municipais no Incio | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27346 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27024 | ||||
Sitio web | concellodeoncio.com |
O Incio é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 1797 habitantes (2236 no 2006, 2297 no 2005, 2358 no 2004, 2406 no 2003). O xentilicio é inciao ou inciense.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 146,09 km².[2] Limita ao norte con Sarria e Samos, ao sur con Bóveda e A Pobra do Brollón, ao leste con Samos e ao oeste con Paradela e Bóveda.
No concello do Incio está o encoro de Vilasouto, que subministra auga a toda a zona do Val de Lemos.
- Montes: Monte da Serna, Serra do Endrano, Monte de Grámea, Óutara, Pena Redonda, Monte da Pelada, Monte das Carballas, Alto de Balbón, As Forcadas, Alto de Santa Bárbara, Alto da Lama, Monte Matanza, Monte das Cozas, Modorriñas (1.162 m) e Monte das Pías (1.131 m).
- Ríos: Cabe, Mao, Antiga, Cereixido, Carballedo, Teimoi, Castro, Penalva, Riveira, Boqueira e Oporto.
- Regatos: Vado, Fontán, Cebedozo, Regato da Ribeira (nace na fonte de Penedo Grande, preto do Foxo dos Lobos, na ladeira norte do Alto de Santa Barbara), San Miguel,Trasadehesa, Lameiro, Anduriñas, Pozo Verde, Chao de Pías, Pena Maior, Geda, Muiña, Rivado, Freixeiro e Nogueirido.
- Precipitacións: 1.000 mm./anuais (zona occidental) e 1.400 mm./anuais (zona oriental).
- Temperatura media anual: 12 °C (zona occidental) e 9 °C (zona oriental).
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 1797 (2014) |
Menores de 15 anos | 82 (4,56 %) |
Entre 15 e 64 anos | 896 (49,86 %) |
Maiores de 65 anos | 819 (45,57 %) |
Evolución da poboación de O Incio Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
8137 | 7010 | 6253 | 4155 | 2358 | 2.087 | 1.956 | 1.875 | 1.822 | 1.797 | 1.777 | 1.740} | 1.667 | 1.609 | 1.570 | 1.533 | 1.521 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O Incio procede da forma medieval Onitio, rexistrada dende o século IX.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Da época do megalitismo consérvase a necrópole de Santa Mariña, un conxunto de corenta mámoas declarado Ben de Interese Cultural.
Hai petróglifos e castros en Goó, Santa Cristina do Viso, A Cruz do Incio, Trascastro e Vilasouto.
- Toldaos en Santa María de Rendar
- A Medorra do Castro en Mao
- Castros de Lebon e O Castro (Reboiro)
- Castro de Belesar (Vilasouto)
- Pedra de San Mamede e Pena Escrita (Trascastro)
- Pena da Escrita (Rendar)
- Agro do Pepe, Penedo da Ferradura (Vilasouto)
- Castro de Santa Icía (Pacios)
Da idade media destaca a igrexa de San Pedro Fiz, templo parroquial do Hospital, de arquitectura románica.
Patrimonio culturual
[editar | editar a fonte]Prensa
[editar | editar a fonte]Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- San Eufrasio, romaría que se celebra na parroquia de Santa María do Mao o 15 de maio, na honra de santo Eufrasio que foi un bispo de Xaén que se adicou a evanxelizar Hispania e que morreu como mártir. Segundo a tradición os seus restos foron trasladados a Mao por mor da invasión musulmá no ano 716. Hoxe en día son moitos os devotos que acoden o 15 de maio a pedirlle favores ao santo.
- Santa Lucía, na Cervela.
- San Xoán, celébrase o 24 de xuño en Sirgueiros.
Deporte
[editar | editar a fonte]O Incio conta cun equipo de fútbol, chamado O Incio Terra Brava Club de Fútbol, que milita na Segunda Galicia e que xoga os seus partidos como local no campo do Carboeiro. Anteriormente o concello xa contara con equipo de fútbol, o CD O Incio, que existiu entre 1995 e 2003 e que competiu tamén na tempada 2004-05.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do Incio.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica do Incio.
-
Igrexa de San Miguel de Vila de Mouros.
Lugares do Incio
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Incio vexa: Lugares do Incio.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 49. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Superficie". IGE. 27-01-2020. Arquivado dende o orixinal o 03-05-2021. Consultado o 26-04-2021.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía. ISSN 1576-2661.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Incio |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |