[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Jaime Pacheco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xaime Pacheco»)
Modelo:BiografíaJaime Pacheco
Biografía
Nacemento(pt) Jaime de Sousa Guedes Pacheco Editar o valor en Wikidata
1878 Editar o valor en Wikidata
Freixo de Espada à Cinta, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1954 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1421486

Jaime de Sousa Guedes Pacheco, nado en Freixo de Espada à Cinta (Tras os Montes) en 1878 e finado en Vigo o 29 de abril de 1954,[1] foi un fotógrafo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé Pacheco en Ourense e formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil en 1899, con quen realizou exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. En 1907 asociouse en Vigo co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta en 1915, a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser propiedade exclusiva de Xaime. Foi colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, principalmente, de El Pueblo Gallego. Tamén colaborou en Portfolio de Galicia. Especializouse en retratos de estudo de xente anónima e de persoeiros. O seu traballo caracterizouse polo emprego da fotografía como memoria social, especialmente da cidade de Vigo.

Colaborou na ilustración de obras como Catálogo de Vigo (1922)[2] e Vigo en 1927 (1928)[3], editadas por José Cao Moure. Logo do seu falecemento, os seus fillos Alberto e Xaime continuaron co mesmo labor no estudo fotográfico.

O seu traballo, realizado cun equipo de colaboradores, quedou recompilado no Arquivo Pacheco.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Avalle Lago e foi pai de Jaime e Alberto.

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 30-4-1954, p. 2.
  2. Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo en Galiciana.
  3. Ficha de Vigo en 1927 en Galiciana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]